viernes, 28 de febrero de 2014

"Los miedos": arredor da súa publicación


Destino, 1963
"Los miedos" é a terceira novela que escribe Eduardo Blanco Amor. Foi publicada en xaneiro do ano 1963 pola editorial Destino, de Barcelona. Neste ano Blanco Amor xa tiña publicadas tres obras narrativas: "La catedral y el niño" (1948), "A esmorga" (1959), ambas en Arxentina, e "Os Biosbardos" (1962), pola editorial galega Galaxia, conxunto de relatos que, pese a aparecer publicados con anterioridade, foran escritos despois da súa segunda novela en castelán, "Los miedos".

"E, un pouco sorprendentemente -aínda que non tanto se temos en conta a escasa repercusión que tivera A Esmorga nos medios galeguistas - El miedo (máis tarde Los miedos) preséntaa en castelán. Segundo propias declaracións a novela -que ten rematada xa en xullo do 60- foi escrita, na primeira redacción, en galego pero, nun arrebato, destruíu o manuscrito. ¿Por qué? Porque ninguén fala de A Esmorga; os pseudogaleguistas de alá silenciana: os críticos, nin vou alá nin fago falta; o públcio, como se non existira. A pesar de todo, Fabril Editores proponlle a versión en castelán."

                                  Gonzalo Allegue, Diante dun xuíz ausente, ed. Nigra, Vigo,1993, páx. 275

Destino, 1989
Blanco Amor tamén está descontento coa reperscusión das súas novelas anteriores en Arxentina polo que animado por Valentín Paz Andrade deciden buscar a maneira de tratar de darlle difusión en España. O propio Paz Andrade recibirá o manuscrito e o presentará ao concurso baixo o seudónimo de Trasmar (según indica Emilio Peral Vega no seu artigo "La mirada de la infancia en Los miedos  de Blanco Amor", Dicenda, Cuadernos de Filología Hispánica, 1999, 17, páxs.177-194). O autor depositou grandes esperanzas neste premio esperando acadar un recoñecemento que desexaba. Pero non foi así: no fallo de xaneiro de 1961 a obra de Blanco Amor ten que conformarse cun tercerio posto, decepción aínda maior vendo a pouca calidade da obra gañadora.

  Certas escenas non concordaban coa moral da dictadura: o neno protagonista observa un episodio de masturbación e un coito, contados con todo luxo de detalles.

 Finalmente, no ano 62 a editorial Destino proponlle a Blanco Amor editar a novela, pese a que só publicaban as obras finalistas, pero antes verase na obriga, con moito pesar, en suprimir certos episodios debido a unha denuncia feita polo escritor galego Castroviejo ante a Dirección Xeral de Información.

Existen dúas edición desta obra, en Destino:
-1ª edición: 1963
-2ª edición:1989

-3ª edición: 2016. A editorial "Mar Maior", dependente de Galaxia, especializada en traducións de obras galegas ao castelán, publica unha nova edición, 27 anos despois, na colección Literaria: Biblioteca Eduardo Blanco Amor.
Mar Maior, 2016



No hay comentarios:

Publicar un comentario