Mostrando entradas con la etiqueta negrauria. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta negrauria. Mostrar todas las entradas

sábado, 5 de diciembre de 2020

A muller da miña vida

 "-É probable que agora mesmo estea botando un subhastado no cuartel da Garda Militar. ¿A min que carallo me contas? Teño pasta, estou no Centro Comercial, as tendas todas están de rebaixas e nos bares fanche dous por un á segunda cervexa. Chámame noutro momento. Quero emborracharme e buscar a muller da miña vida entre os poboadores."

Diego Ameixeiras, O cidadán do mes.  Ed. Xerais, 2006. Páx. 209.

viernes, 4 de diciembre de 2020

A inauguración

"A concentración reunira unha chea de xente só comparable á que xuntaba o Foro pola Democracia ou a xornada ligueira no Campo do Couto. Entre os manifestantes eran maioría as nais que sostiñan carteis coas fotografías dos fillos encarcerados por pertencer ao GIA. O mesmo ritual: camiñaban en fila, dando voltas en círculos concéntricos ao redor da praza. Ao rematar a concentración, algúns encarapuchados prendéronlle lume a uns colectores e cortaron o tráfico que entraba no Progreso.

 Puiden coller por Sáenz Díaz sen que me caese unha pedra enriba e planteime diante do flamante Centro Comercial Milenio. A inauguración, con bendición do aparato catedralicio incluída, convocara unha chea de consumidores vehementes que bufaban con cada rebaixa perdida."

Diego Ameixeiras, O cidadán do mes.  Ed. Xerais, 2006. Páx. 208-209.

jueves, 3 de diciembre de 2020

A inercia

 "Unha hora máis tarde achegueime outra volta ata a Praza Maior. Os operarios do Concello recollían os restos da batalla de Rafael Sousa. O recordo da masiva reunión do día anterior outorgáballe á praza baleira unha aura de santo lugar con calidades de punto cero. Crucei a rúa das Tendas calibrando as consecuencias da colisión: o GIA volvería golpear en poucos días por moito que o Foro pola Democracia se sentise coma un cativo con zapatos novos. Detívenme a fumar un cigarro sentado nas escaleiras da Praza de San Martiño. Logo alcancei a Rúa da Paz sen saber moi ben cara a onde dirixir os meus pasos e a inercia levoume polo Progreso ata a Praza de Concepción Arenal."

Diego Ameixeiras, O cidadán do mes.  Ed. Xerais, 2006. Páx. 208.

miércoles, 2 de diciembre de 2020

Os aplausos

  "Na Praza Maior xa non collía ninguén. Había moitas ganas de festa, pero a celebración tiña un carácter solemne que desautorizaba as mostras de xúbilo. (...)

Fíxenme un sitio entre as terrazas e dispúxenme a contemplar o espectáculo ao que Miss Chispatown non me convidara. (...)

Os aplausos atronaron na praza. As autoridades que ocupaban as cadeiras das primeiras filas puxéronse en pé e o alcalde, acompañado de toda a corporación, subiu ao escenario para entregarlle unha placa conmemorativa ao flamante presidente. Miss Chispatown batía as mans dende unha posición discreta. (...)

 Uns minutos máis tarde comprobei que na Praza do Ferro a Garda Militar cargaba contra medio centenar de militantes de Vangarda Popular."

Diego Ameixeiras, O cidadán do mes.  Ed. Xerais, 2006. Páx. 204-206.

domingo, 29 de noviembre de 2020

As botellas que os soñadores

 "-(...) Hoxe noméano presidente aproveitando a concentración contra o GIA que hai na Praza Maior.

 -E ti vas estar alí -dixen sen mirala.

Non respondeu. Colleu o bolso, ergueuse e comezou a andar entre a xente do mesmo xeito que se perden entre as ondas as botellas que os soñadores desaprehensivos lanzan ao mar."

Diego Ameixeiras, O cidadán do mes.  Ed. Xerais, 2006. Páx. 203.

sábado, 28 de noviembre de 2020

Zona verde

"-Non. Só quero que recoñezas que nesas gravacións hai algo máis interesante que a banda sonora dun casquete. Os terreos onde o teu amiguiño levantou o Centro Comercial foron recualificados da noite para a mañá e estaban considerados como zona verde. (...) Os grupos da oposición entenderon as protestas dos veciños e reclamaron que se dese marcha atrás polo ben da cidade. (...) Empeza a construírse o Centro Comercial e todos calan coma putas. (...)

Miss Chispatown tentou conter as bágoas."

Diego Ameixeiras, O cidadán do mes.  Ed. Xerais, 2006. Páx. 201-202.

viernes, 27 de noviembre de 2020

Máis doce que a suor e as bágoas

 "O Auriense acollía de tarde algún bebedor triste e desconsolado, ex militante dalgún grupúsculo desaparecido, pero seguro de agradar a descoñecidas con chispa actualizada.(...)

 Por Miss Chispatown había que asaltar os ceos e logo tirar da cadea. Seguía sendo esa loura atigrada que me cravaba os ollos na bocana do estómago. Comprendín que con ela ao meu carón o sangue saberíame máis doce que a suor e as bágoas, mais tamén que nesta vida hai sabores que matan. (...)

 Pedín outra cervexa. O sobre contiña bastante máis diñeiro do que acordaramos. Sentinme moito mellor.

 -Agora non podo aceptalo, Calpurnia."

Diego Ameixeiras, O cidadán do mes.  Ed. Xerais, 2006. Páx. 198-199.

jueves, 26 de noviembre de 2020

As sombras das balconadas

 "Vestinme con calma e saín á rúa. Merquei tabaco para unha semana e botei un pito sentado nun banco da Praza do Couto. Tiña ganas de dar voltas sen rumbo fixo. Alcancei a Avenida de Portugal e agatuñei polo Camiño do Lobishome ata a Rampa de Sas. A rateira aburríase deitada no colo fervido do Monte Alegre. (...) Descendín ata a Fonte do Bispo e dirixinme ao centro da cidade por Portocarreiro. Soportábase a temperatura se un tiña a precaución de camiñar a modo, aproveitando as sombras das balconadas. No casco vello a pedra convocaba sensacións térmicas moito máis agradables. Algúns compradores satisfeitos e moi morenos saían dos comercios de Santo Domingo coas mans cheas de bolsas. Corría un airiño que ata prestaba, mais era probable que en menos dun mes a cidade estivera outra vez chea de frío."

Diego Ameixeiras, O cidadán do mes.  Ed. Xerais, 2006. Páx. 197.

miércoles, 25 de noviembre de 2020

Asolando a cidade

"- "(...) O corpo apareceu con varias feridas de arma branca e o seu estado de descomposición non é moi avanzado. A Garda Militar puxo en marcha os seus axentes da Brigada de Homicidios para atopar ao culpable do crime e, nunha primeira valoración a cargo das autoridades que levan a investigación do caso, descartouse a posibilidade de que a morte poida ter algunha relación cos asasinatos que nos últimos meses están asolando a cidade."

  Gozaba dunha boa ducha cando soou o teléfono. (...)

 Miss Agosto fixo un silencio. Aclarei a voz e regresei ao baño para secarme."

Diego Ameixeiras, O cidadán do mes.  Ed. Xerais, 2006. Páx. 195-196.

martes, 24 de noviembre de 2020

Co bandullo cheo

 "Co bandullo cheo estomballeime no sofá e descansei un chisco.

Acordei dúas horas máis tarde. Puxen a radio. Un avance informativo pedía paso con rotundidade.

"-A Garda Militar atopou esta tarde un cadáver flotando sobre o río Barbaña, no barrio do Polvorín, sen que ata o momento se coñeza o móbil do asasinato -dicía o locutor-."

Diego Ameixeiras, O cidadán do mes.  Ed. Xerais, 2006. Páx. 195.

lunes, 23 de noviembre de 2020

Un can orfo baixo a choiva

 "Deulle unha patada a unha lata de refresco e un neno celebrou a estridencia batendo as palmas. Seguino a escasa distancia e sen que se decatase. Tiña a conciencia tan limpa coma un vertedoiro.

 Cruzou o Progreso e tomou a Avenida de Pontevedra. Antes de que gañase os soportais que circundan a Praza Maior deixeille un recado.

-Hai unha cousa que non está clara -dixen-. Non creo que se montara todo este pifostio por escoitar a Sonia Bouzas botando un casquete. Polo menos faime un pouco de auga na boca. (...)

O sol prendía mecha no ceo, mais a figura de Porter perdéndose pola Barreira adiante lembroume a dun can orfo baixo a choiva."

Diego Ameixeiras, O cidadán do mes.  Ed. Xerais, 2006. Páx. 192-193.

domingo, 22 de noviembre de 2020

Unha bisagra enferruxada

 "Descendemos ata a Praza Maior e alcanzamos a Alameda. Merquei tabaco e un exemplar de Información Directa. Aínda non era hora de xantar, pero o meu estómago renxía coma unha bisagra enferruxada. Os xubilados pachorrentos copaban os bancos á sombra.

 -Cidadán do mes -cuspiu."

Diego Ameixeiras, O cidadán do mes.  Ed. Xerais, 2006. Páx. 190-191.

sábado, 21 de noviembre de 2020

O cóbado na barra

 "Porter cravou o cóbado na barra.

 -Coñecina no Gato Negro. Díxome que necesitaba un home para facer un traballo importante e pensei que che interesaría. Dende que amañaras o de Adrián Seivane estabas sen pegar un pau. (...)

 -Só estiven persoalmente con Sonia Bouzas en dúas ocasións. A primeira, no Gato Negro."

Diego Ameixeiras, O cidadán do mes.  Ed. Xerais, 2006. Páx. 188-189.

viernes, 20 de noviembre de 2020

Un xuntaletras

 "-Non perdas o tempo con caralladas. Só a un toleirán como a ti lle dá por pensar que un xuntaletras de base pode derrubarlle o tenderete a un home coma Sousa, ou acusalo de promover media ducia de asasinatos. O Bombilla traballou hai anos no gabinete de prensa do Concello, o Foro pola Democracia financia un suplemento cada mes e os anuncios das empresas de Sousa chegarían para pagar o soldo de media redacción. ¿En que mundo vives? Pensei que eras máis raposeiro."

Diego Ameixeiras, O cidadán do mes.  Ed. Xerais, 2006. Páx. 188.

jueves, 19 de noviembre de 2020

Comediantes noitébregos

 "A finais de agosto, brillaba o sol da mañá sen que as luzadas puidesen manter a transparencia dos primeiros días do verán. Alcancei a Praza do Correxedor enfiando antes a rúa Pizarro, triste e demasiado diúrna sen o rexoubar dos comediantes noitébregos, amigos do ritmo merengado, cegados polo garrafón e o escintilar de altares cheos de pesetas dispostas a tropezar dúas veces co mesmo isco. Cheguei ao Auriense e atopeime co que me agardaba. Porter cunha botella."

Diego Ameixeiras, O cidadán do mes.  Ed. Xerais, 2006. Páx. 187.

miércoles, 18 de noviembre de 2020

Un home sen afeitar

 "-Querería falar con Porter. ¿Sabe ondo podo atopalo? -preguntei sen moita convicción.

 -Está emborrachándose no Auriense -espetoume con desprezo-. ¿É vostede Horacio Dopico? -miroume coma se non vira un home sen afeitar en anos.

 -Son."

Diego Ameixeiras, O cidadán do mes.  Ed. Xerais, 2006. Páx. 186.

jueves, 29 de octubre de 2020

Miss

 "Miss Chispatown fora amordazada convenientemente... 177

 Miss Canícula tentou desatarse unha vez máis... 179

 Miss Chispatown fixo ben en cuspirlle. 179

 Miss Chispatown miroume como se non dese creto ao que estaba a escoitar. 180

 Desenfundou  o duro da sobaqueira, colocou o canón no interior da boca de Miss Augasquentes 183

 Lin pánico e un horrror coñecido na faciana de Miss Canícula 183

 Estaba sobrepoñéndome da confesión de Miss Agosto cando... 184

 A min apetecíame quedar alí e tomar un whisky con Miss  Chispatown... 184

 Miss Agosto estivera a divertirse un pouco con todos nós 181

 Diego Ameixeiras, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006.   


miércoles, 28 de octubre de 2020

As caldeiras do inferno

 "Petei varias veces na porta, mais era evidente que Miss Canícula non estaba. Tampouco collía o teléfono e a veciñanza non daba sinais de vida. Era o momento de xogalo todo a unha carta: debíalle unha segunda visita a Sousa.

Tiven sorte. Non me custou moito traballo levantarlle o carro a un pobre incauto que parara en dobre fila para mercar o xornal. A cidade ardía como só arden as caldeiras do inferno."

Diego Ameixeiras, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 176.  

martes, 27 de octubre de 2020

A chingueta

 "-¡Non penso repetircho máis, castrón! Ti puxeches a Sonia Bouzas en contacto comigo, ¿verdade? Dixécheslle que sería boa idea vernos en Oira aquela tarde. Unha cita e unha boa comisión para ti. Manda carallo. ¿Onde a coñeciches? Pensei que te mantiñas coas lumias do Barbarela, pero xa vexo que non te ves farto de darlle á chingueta."

Diego Ameixeiras, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 174.  

lunes, 26 de octubre de 2020

Présa

 "-Non agardaba atoparte por aquí, Porter.

 -Nin eu. Bendita casualidade. Esta cidade éche ben pequena, ho. ¿Que fas polo barrio?

 -Iso quixera saber eu. ¿Podo saber que andas cheirando por aquí?

 -Non te me alteres, Horacio. Se traballas moito non é culpa miña. Vémonos no Auriense. Levo présa."

Diego Ameixeiras, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 173.