Mostrando entradas con la etiqueta bispado. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta bispado. Mostrar todas las entradas

viernes, 13 de febrero de 2015

O pobo acantazou o pazo

"Con todo, o pobo acantazou, unha noite tras outra, o pazo do bispado, o Centro de Obreros Católicos, a Audiencia Provincial... e salvouse o local dos requetés, porque, ao fin "fillos do pueblo, axudaron a acantazar misturados con nós;
 o escándalo chegou á Prensa da Capital, e a minoría socialista, que tiña un diputado por xunto, tratou o asunto no Congreso, que non pasou de dez minutos de "ruegos y preguntas", porque estaban no poder os conservadores; si estiveran os liberais, ao millor chegaría a vinte.
  O señor bispo desapareceu o primeiro día dos cantazos. Sóupose logo que se retirara, por un tempiño, ao convento de Allariz. Tres anos despois era cardeal arcebispo de Híspalis."
Eduardo Blanco Amor, Xente ao lonxe , páx. 255-256, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA)

jueves, 8 de enero de 2015

Debemos chamar o Capitán Aspanitas?

"-Estou segura de que si- insistiu Raia-. Cando paramos nos canos da fonte das Burgas, xa me pareceu velo. Vin que se agachaba, xa sabes que daquela andaba tamén co espello. Pero cando subimos a costa do Desengano, xa estiven certa de que nos seguía. É moi raro, Sabela... Pensas que debemos chamar o Capitán Aspanitas?

 -Imos pasar o edificio de Correos e o Bispado, e se o noso perseguidor continúa tras de nós, dicímosllelo aos outros."

Ramón Caride, O Capitán Aspanitas e o misterio das Burgas, ed. Xerais, xaneiro 2013, páx.22