Mostrando entradas con la etiqueta monterrei. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta monterrei. Mostrar todas las entradas

lunes, 3 de mayo de 2021

Estensas lonxanías

 "Un día -non fai moitos meses- Manoliño saíu de caza co José do Ramiro. (...)

Era unha tarde crara, nidia, de febreiro. Nunca até alí tiña reparado nas estensas lonxanías, nin atinguido a grandura do municipio, nin visto dunha soia ollada as terras particulares de Vilardebós, nin descuberto aos seus pes a fermosura do pobo. Afundíu a vista no horizonte e foi xirando os seus ollos en panorámicas concéntricas. E víu, pola banda Oeste, a serra do Larouco, o alto das Estivadas, o castelo de Monterrei e o val de Chaves. Polo Noroeste e polo Norte, a serra de San Mamede, de grandes neves; a do Invernadeiro, de moitas corzas; os montes de Agudiña, de abondosa caza; as Portelas de Padornelo e Canda, dos boletíns metereolóxicos; as terras da Mezquita, onde nacéu Augusto Assia. Máis acá, as Ventas da Barreira e Riós, lugares onde se criaron Romero Cerdeiriña e García Portela, parentes de Manoliño. Polo Este, amontóanse lombeiros portugueses, dos Distritos de Braganza e Vila Real. E polo Sur, érguese o Marco da Cota, onde remata Hespaña, coma xa se sinalóu."

Silvio Santiago. Villardevós, Ed. Galaxia. Biblioteca Básica da Cultura Galega,  nº 40; 1982. Páx. 188-189.

sábado, 9 de enero de 2021

Dous señoríos

 "Pero esta vila é unha aldeia. Ferro Couselo, que sabe cousas novas de custiós vellas, conta que este lugar foi terra de privilexios. No século XVI gobernaban o termo dous señoríos: o Conde de Monterrei e o Prior do Monasterio de Santa María de Xunqueira de Ambía; pero os seus vasallos podían elexir a vontade a cal dos dous querían servir. (...) Coidamos que aqueles homes, despóis de todo, eran privilexiados pola razón mesma de que podían elexir amo: pior sería ter que servir a un e non poder escoller outro, como acontez tantas veces."

Silvio Santiago. Villardevós, Ed. Galaxia. Biblioteca Básica da Cultura Galega,  nº 40; 1982. Páxs. 23-24.

martes, 26 de mayo de 2020

Sereno, arruinado pola asma (XII)

 ...Bernardo González del Valle, alias Cachamuíña, Juan de Juni que sigue angustiado, José de Castro, Gil Soutelo, Lamas Carbajal, Pedro Fernández Boan, Manuel de Ochogavía, Luís Pérez de Acevedo, Camilo Placer Bouzo, Juan III, García de Manrique, tamén suposto Arfe, Pedro I o Cruel, Jerónimo Feijoo Montenegro e Puga, o Arquiduque de Austria delegado en funcións, O Misal de Monterrei, o Rei dos Incensarios, o Capitán Bombillas, o Cepo L´Amici, a Marina que conta o mundo por "ocupacións" e cando era puta nova facía as millores felacións do continente, o Toñito Patata de buena familia, Juan Bautista Celma, Rodrigo de Badajoz, Francisco Méndez, Calpurnia Abana Aeboso, Don Suero de Oca noble Caballero, Gonzalo Pérez de Requeixo, Don Juan Fernández de Boan e Landecho alá pola metade do seiscentos, Don Ochoa de Espinosa, a criada do cura María Andrea, O Pichín, Felipe I fundindo os seus zapatiños de charol na rúa do Progreso, Don Marcelo Macías e tódalas pantasmas do museo, os franceses que chegaron pola estrada das Mercedes no ano 1933 dicindo Magnifique!, Tutor o Lambecús, un escuro Diego de Villamarín batíndose a florete pola prima dona no Corral das Comedias, Don Antonio Rodríguez de Puga, os rexidores Álvarez de Argiz e Arrojo Balcarce, O Mestre que non durmiu a noite na que a súa primoxénita perdía sen sentila a frol do pitiminí...
 
Guede, Manuel. Contra Serenou. Ed. Sotelo Blanco, 1985, páx. 33.

viernes, 12 de abril de 2019

1153

"A leña que deixo vista,
non sei si a buscarei;
millor me quero entr´as viñas
que deixei en Monterrei."

Literatura Popular de Galicia: colección de coplas, villancicos, diálogos, romances, cuentos y refranes gallegos. Orense, 1881. (Deputación Provincial de Ourense, 1987). Recollidos por D. Juan Antonio Saco y Arce. páx. 158

jueves, 11 de abril de 2019

1152

"Monterrei queda n-o alto,
e Verín queda n-o baixo,
y-a Virxen d´a Caridá
queda n-o campiño raso."

Literatura Popular de Galicia: colección de coplas, villancicos, diálogos, romances, cuentos y refranes gallegos. Orense, 1881. (Deputación Provincial de Ourense, 1987). Recollidos por D. Juan Antonio Saco y Arce. páx. 158

miércoles, 10 de abril de 2019

1151

"O pasar a cruz de Ferro,
A Gudiña ben-a sei;
agora xa me van dando
airiños de Monterrei."

Literatura Popular de Galicia: colección de coplas, villancicos, diálogos, romances, cuentos y refranes gallegos. Orense, 1881. (Deputación Provincial de Ourense, 1987). Recollidos por D. Juan Antonio Saco y Arce. páx. 158

martes, 9 de abril de 2019

1150

"O pasar a cruz de Ferro,
dei unha volta e mirei,
agora vólvom´atrás
pr´o valle de Monterrei."

Literatura Popular de Galicia: colección de coplas, villancicos, diálogos, romances, cuentos y refranes gallegos. Orense, 1881. (Deputación Provincial de Ourense, 1987). Recollidos por D. Juan Antonio Saco y Arce. páx. 158

lunes, 11 de marzo de 2019

836

"D´outro lado d´o río
ouvin cantar e chorei;
eran os meus amores
que iban para Monterrei."

Literatura Popular de Galicia: colección de coplas, villancicos, diálogos, romances, cuentos y refranes gallegos. Orense, 1881. (Deputación Provincial de Ourense, 1987). Recollidos por D. Juan Antonio Saco y Arce. páx. 123

domingo, 21 de junio de 2015

Un fato de malas casas

"Xa fai moito tempo que foi; a vila de Ourense, inda non era máis que un fato de malas casas, suxeto sempre  ás arbitrariedades dos condes de Lemus e Monterrei, e máis dunha vez sirviu de loita intestina entre estos dous sustentadores do despotismo e a tiranía. Entre os varios castelos daqueles señores que cheos de fárragos e pergamíos exercían sobre do pobo toda caste de abusos, contábase o conde de "Castel-Ramiro".

  Os donos dil tiñan un solo fillo chamado D. Alonso, en quen fiaban toda a súa espranza de que había de seguir honrando o seu nobre linaxe, como lle correspondía a un fillo dun conde, tan conde, como o de Castel-Ramiro."

Heraclio Pérez Placer,("O puzo da Sila") Contos, leendas e tradiciós, 1891, Imprenta de El Eco de Ourense (Obra narrativa en galego, 1998, Centro Ramón Piñeiro, páx.203)