Mostrando entradas con la etiqueta montederramo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta montederramo. Mostrar todas las entradas

miércoles, 13 de noviembre de 2019

Ás carranchapernas

“Mentres Manuela se desprazaba a Paredes de Caldelas, Petronila, a súa filla, quedou ó meu cargo e os dous xuntos iniciámo-la ruta que, de non ter mediado outras circunstancias, nos tería levado a Portugal (...).

 Ó chegar cerca do Souto da Redondela, un bosque que hai preto de Montederramo, Petra, como así tamén me gustaba a min chamala, arredouse para se agachar tras dunhas xestas medradas nos lindes do souto de castiñeiros. Ó pouco oín como mexaba. O chorro do seu mexo estaba a bater, sen dúbida, contra a frouma enxoita ou contra unha lata vella, contra algo sólido, non o sei ben, non o recordo; en todo caso, podería estar caendo mesmo sobre a auga dun pequeno regueiro que por alí baixa. Imaxinala ás carranchapernas sobre o aire excitoume tanto que non souben,  nin quixen, reprimirme. Por iso me acheguei con extremado sixilo e sorprendina coa miña espida presenza antes de que dera rematado. (...)

 Petra tiña catorce anos e era fermosa e branca coma a súa nai. (...)

 Mateina alí mesmo, afogándoa coas miñas mans, logo espina e posuína. Máis tarde gardei as súas roupas para as vender posteriormente, como xa fixera tantas veces, e, logo, cunha subela de zapateiro, denudei o seu corpo, espíndoo da velaíña cobertura que o envolvía, aquela pel tersa e branca, esfoleino, se se prefire, e extraín a estremecida e aínda palpitante graxa que tanto valoran algúns portugueses para completa-los seus ritos, e algunhas portuguesas para se enxaboar durante as súas máis intensas ablucións e darlles ás súas peles unhas delicadas tersuras que ningún outro tipo de xabón lles proporciona.”

Conde, Alfredo.  Romasanta. Memorias incertas do home lobo. Ed. Sotelo Blanco. 2004. páx. 53-54

lunes, 4 de noviembre de 2019

As vítimas (I)


En menos de cinco ou seis anos nos que Manuel Blanco Romasanta viviu en Rebordechao, do 1945 ao 1951, foi o autor de polo menos nove homicidios. Dous homes e sete mulleres. Cinco persoas adultas e catro menores.

Todas as vítimas tiveron gañas de probar mellor fortuna en terras descoñecidas. Todos e todas desapareceron un día e nunca máis se volveu saber deles. Asasinados en distintos puntos dos camiños que levaban de Rebordechao a Montederramo, pola Serra de San Mamede: As Gorvias, A Redondela, Corgo do Boi. Sempre era a mesma historia: Romasanta as convencía para que marcharan a Santander a servir en casas de amos ricos que el coñecía. Previa venta das súas posesións el ofrecíase a acompañalos cara o seu novo e prometedor destino.