Mostrando entradas con la etiqueta eco del calvario. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta eco del calvario. Mostrar todas las entradas

domingo, 8 de marzo de 2015

De ano en ano, na cidade

"Entón os oradores asañábanse cos concellais, coas tarifas da luz, cos fielatos de consumos, co precio do pan, e co director de El Eco del Calvario (que non pubricaba reseña do Primeiro de Maio, como si a meirande xuntanza de xente que se vía, de ano en ano, na cidade, ocurrise nas Quimbambas...);

 (...) E o Manolo Mouriño, da fundición do Malingre, coa súa voz de seixos remexidos e seu xenio acedo: "No comenzo diste mes de María, polo visto nai de Deus e dos ricos e madrasta dos pobres de pidir e dos probes de traballar, que somos nós..."."

Eduardo Blanco Amor, Xente ao lonxe , páx. 300-301, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA)

miércoles, 10 de diciembre de 2014

"El arconte"

"e cada vez que saía no xornal "el arconte", tododiós sabía que era o señor bispo, e cando puña "el preboste", xa se sabía que era o gobernador, e cando puña "obsecuentes" eran os caciques das vilas, e cando puña "refugallo" eran os concellais de A.

-¡E non hai nin un sin defectos, probes criaturas, chico! (Isto de "chico", quedáralle de cando fora estudante en Madrid).

-¡Verdadeiramente probes!- ecoaba o xastre Cuanda que nunca lle levaba a contra;

(pequeneiro, gordecho; El Eco del Calvario chamáballe don Quijote e Sancho e tamén Bernaldino e Cacaseno...)"

Eduardo Blanco Amor, Xente ao lonxe , páx. 200, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA)

martes, 9 de diciembre de 2014

Os pleplas

"(Sabíase do Nicolasín Balvanera, "D´Artagnan", que escribía "De Sociedad" no El Eco del Calvario, que cobraba a soldada de dúas amas de cría da Inclusa. E cando pasaban por alí os pleplas de A., que eran da pel do diaño, fose ou non fose coa noiva ou cos cabaleiros da Comisión Provincial de Monumentos, púñanse a nifrar como miniños e a deciren "teta", "teta")"

Eduardo Blanco Amor, Xente ao lonxe , páx. 198, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA)

miércoles, 3 de diciembre de 2014

Morra o conto

" que o Vértigo dixo que fora o cóengo Riobóo, que parara ao rapaz na rúa e que lle dira trinta reás pra que rachase as láminas, cantas máis millor, que o pai é o sancristán da Trinidade; i  El Eco del Calvario dixo que todo eran trolas dos masóns, que ninguén rachara nada; e foi don Xaume coas láminas rachadas e unha declaración escrita de escribano; e nin lla deixaron ler, nin menos a puxeron no xornal; e houbo que amocarse, e morra o conto, porque isto fora no tempo dos conservadores, e había que agardar que os liberais volvesen, anque ás veces tamén..."
Eduardo Blanco Amor, Xente ao lonxe , páx. 188, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA)

viernes, 28 de noviembre de 2014

Unha cheia de xornais

"Na mesa había unha cheia de xornais doutras partes; tamén El Progreso i El Eco del Calvario de A., e unha revista, moi repetida, que tiña posto na dianteira: La España Moderna.

  Ollábase outra porta entreaberta; i eu, xa que estabamos nesas, quería seguir adiante, pra ver máis, pro o Paquito acojonouse;

  e todo o que fixemos foi coller cada un unha revista que, como había tantas repetidas ao millor nin se daban conta. E no mesmo intre de irmos saír, apareceu don Xaume, non sei por onde."

Eduardo Blanco Amor, Xente ao lonxe , páx. 174, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA)

viernes, 29 de agosto de 2014

Con chambras vermellas

"A miña irmá Evanxelina cando a botaran das Carmelitas de balde, facía pouco máis de un ano, fórase pra a escola da Remedios do Bordas que as adeprendía millor i en menos tempo tamén apuntouse na Juventud Socialista, apontouse de por si sin lle decir nada a ninguén, e meu pai dixo que si.
 E un día as rapazas da Juventud, que eran unha  ducia, foron cos rapaces, elas con chambras vermellas e iles con panos vermellos ao pescozo, ao enterro do Lino o caixista, segredario da Juventud, que morrera dunha gallopante, vinte anos, probe, que todos choraban;
 e saíron no El Eco del Calvario, que era o xornal dos comerciantes (que tamén fora o Orfeón a botarlle o responso, que os compuña nunha nadiña o mestre Trégolas, con ensaio e todo, unha noite;
(...)
Pois El Eco del Calvario foi e puxo un "suelto" que decía: "jóvenes meretrices, sin Dios ni patria, vestidas con el color de Satán", que, como se aclarou entre a xente, meretrices era chamarlles putas en francés."

Eduardo Blanco Amor, Xente ao lonxe , páx. 122-123, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA).