Mostrando entradas con la etiqueta couto. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta couto. Mostrar todas las entradas

miércoles, 9 de septiembre de 2020

O pé do acelerador

"-Paulo é un bo tipo, Marina. Coido que podemos ser grandes amigos. Roi estaría moi orgulloso se puidera comprobar o ben que fala. Parece un libro aberto. ¿Levádesme ao Couto?

Chegamos á cidade no tempo en que un bebedor de fondo baixa unha cervexa con gasosa. Marina conducía como unha auténtica perturbada. (...) No entanto, antes de trazar as primeiras curvas que anunciaban a entrada en Barrocás, Paulo e mais eu tivemos que implorarlle a Marina que levantase o pé do acelerador, non fora ser que a nosa defunción coincidise cun atentado do GIA ou cun dos mortos de Porter."

Diego Ameixeira, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 94. 

sábado, 1 de agosto de 2020

Exilieime

"Unha certa prudencia esaxeradamente estudada convertíao nun animal perigoso. Quería dar por rematada a conversa entre os dous, e abofé que o fixo.

-Un rapaz de San Francisco, detective... ¡Manda truco! ¿Onde vives agora? Nunca te vexo polo barrio.

-No Couto. Exilieime. E ti... ¿Como acabaches de vixilante?"

Diego Ameixeira, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 37.

lunes, 20 de julio de 2020

Unha miñoca furiosa

"Abrín as fiestras e pareceume notar o cheiro á terra mollada que deixan as treboadas de verán, mais só foi un espellismo. Era unha desas noites en que a calor parece unha miñoca furiosa que se che enreda entre as pernas.

A Praza do Correxedor sufría un relativo rebumbio de xente que laretaba a media voz nas terrazas, Porter era o único nativo da cidade que paraba na barra do Auriense de luns a domingo sen soltar o vaso, sempre regalando conversa de alta voltaxe conceptual. Porter era un apóstolo do exceso, un home pegado a un tabique, un tipo de almax tomar. En  definitiva: Porter era o fígado máis traballado de todo o barrio do Couto."

Diego Ameixeira, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 21-22.

domingo, 10 de mayo de 2020

Varios e bons

"Veleiquí que Ourense, Ouréns, é a única cidade de Galicia verdadeiramente transmutada en literatura. Ou que diga: ao igoal que San Petesburgo, que París, que Londres, que Buenos Aires, tense convertido nas maos de diversos escritores galegos en personaxes de ficción. Non apenas dun escritor, como Oleza/Orihuela ou Vetusta/Oviedo. Son varios e bons e de diverso talento e estética non converxente os autores que fixeron de Ourense unha personalidade carregada de riscos identificadores. Lamas Carvajal, Heraclio Pérez Placer, e, sobor de todo, ese espléndido prosista do idealismo galego que fora Álvarez de Nóvoa, traballaron as bases dun convincente Ourense literario no século XIX. Xa neste século, foi Vicente Risco, o de O porco de pé, quen diu conta de aspectos da cidade que o incomodaban, e que podían ser tan diversos coma a burguesía maragata ou as acacias de bola. Despois veu a Auria de Eduardo. Alí, no seu ciclo completo, está todo o Ourense visto cos ollos dun mozo, que despachaba de axudante de camareiro no Café da Unión. Un Ourense, o de Blanco Amor, desgarrado que ferve a cachoeira, nun mesmo pote máxico, a dor da miseria real, as fantasías dos meniños probes, e unha poesía que paira co vóo esquinado das grandes bolboretas sobre a cidade da catedral que inventou Eduardo por non deixar endexamais de ser aquel neno con puntillas e sen xoguetes que fixera de el a Florista, a sua mamai maravillosa e fantástica. Despois, cando a cidade de Ourense se encheu de tipos que andan polos ralis a correr nos autos, ou disparan as suas señoras con arco, e a xentiña -os amigos de Virxilio e meus, os famosos coma o Leyenda ou os Manaicas, as anónimos de Regueiro Fozado, do Couto, da Granxa, por acaso do Salto do Can, onde está Guede-, cando a xentiña boa, digo, tivo que emigrar á Europa milagreira do neocapitalismo, veu Carlos Casares e pintou todo moi ben nunha sua novela, moi pequena e moi mesta, que é Cambio en tres."

Méndez Ferrín, Xosé Luis. "Limiar" en  Contra Serenou de Manuel Guede. Ed. Sotelo Blanco. Barcelona, 1985. páx. 13-14. 

martes, 9 de mayo de 2017

iste gran barco de pisos outos

"Os ruídos da noite pétanlle na lembranza, a lembranza faise mui clara i entre o croar das rás i os acelerós dos coches que pasan pola Ponte Nova oie unha voz de muller que dí "Pedro, ven pronto que o rapaz non durme" e no patio érguese unha sombra, xa vou, cansa, lenta de calor. lenta, lenta, que vai cruzar por debaixo da fiestra agora A sombra cruza e il dalle unha chupada ó cigarro e levanta os ollos hasta atoparse cas luces da cidá, quén sabe cómo cada vez máis grande, cada vez máis segura, porque si sacas a fundición do Couto i a fábrica de estructuras metálicas da Lonia, qué soporte queda sosteñendo iste gran barcos de pisos outos, de rascaceos con portas que se abren por medio de células fotoeléctricas, esta colmea de bares, whisky-clubs, salas de festas, cafés, cafeterías en cuios recintos aseguran que de cando en cando un suceso estrano"

Carlos Casares, Cambio en tres, ed. Galaxia, colección "Illa Nova", Vigo, 1969, 1ª edición, páx. 69-70

miércoles, 1 de febrero de 2017

Bodas de Morte (I)




Heraclio Pérez Placer. “Bodas de morte” (Lenda). O Tío Marcos da Portela. 24 de xullo de 1887. 
Parrafeo 190, páxs. 2-4. Publicado posteriormente xunto a outra lenda en verso: O fillo d´os tronos
 e Bodas de morte (dúas lendas en verso), 1888, Santiago, Imp. de Jesús L. Alende.   

lunes, 17 de octubre de 2016

Espora no lombo

"Encontrei ó meu amigo levantando un galiñeiro de tixolo. Na traseira dos novos bloques, nos espacios sobrantes entre os solares edificados, quedaban aínda cortellos, chilotes de coellos e poleiros. (...)

  -Espera á primavera. Quizais atopes a aniñada nunha cepa ou nunha verza. Pero mira que o Couto medra moito, se cadra para a primavera xa edificaron todo e acabaron coas hortas.

  -Estas Luisiñas teñen o niño nun piso deste barrio. E creo que ultimamentes se lles coou un cuco dentro. (...)

  -Viñeron de Barra de Miño. Traen rianxo da aldea e fan unhas comidas moi competentes. Tamén na cama son xeitosas. Cando estás no trato, danche espora no lombo cos calcañares. Dende hai un tempo, metéuselles na casa ese fulano e espantoulles os clientes de sempre.

  Acompañoume ata o portal das mulleres. Na rúa sorprendeu a un par de fillos que lataran a escola e enviounos para a casa cun pescozón. (...)

  Outra cisma dos pais de familia numerosa, máis arraigada aínda que a das churrianas, é o ensino dos fillos. (...)

  Eran pouquiña cousa, as formas corporais reducidas a un esquema. Estrañoume que mulleres tan transparentes cociñasen ben. Empecei a dubidar dos informes do Chinto. Tampouco entendía a afección con que contaban entre os mullereiros do barrio."
Bieito Iglesias, "O que enganan as iguanas" en  miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.130-131

domingo, 16 de octubre de 2016

Máis de peixes que de aves

"No Couto coñecía só ó farmacéutico e ó Chinto. Descartei ó primeiro, porque era máis de peixes que de aves. Home familiar, co único vicio das troitas, non podía estar ó tanto do voo das Luisiñas. O Chinto fora tamén pesco -tivera posto de anguías á beira do río, antes de que ergueran os encoros e despoboasen o Miño-, pero na actualidade sostiña a familia numerosa  con chapuzas na construcción. Dúas circunstancias me inclinaban a sospeitar que coñecese ás mulleres."
Bieito Iglesias, "O que enganan as iguanas" en  miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.129

sábado, 15 de octubre de 2016

"As Luisiñas"

" -¿Sabedes algo das mulleres que lle dan pousada?

  -Jackie averiguou algo, o seu barrio queda cerca do Couto e corren as noticias. Chámanlles "As Luisiñas", e teñen mala fama.

  -Se non é moito pedir, faládeme do domingo. ¿Cando vistes por última vez a Elina?

  -Separámonos en Doutor Fleming, na entrada das Galerías. Ela cruzounas cara ó Progreso, onde a esperaba un pretendente. Non quixo que o visemos, nin sequera de lonxe, así que nos deixou plantadas.

  Devolvín as rapazas ó colexio."
Bieito Iglesias, "O que enganan as iguanas" en  miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.129

viernes, 14 de octubre de 2016

Devece polos fotingos

" -O último que lle coñecemos foi Nicanor. Unha boa peza, ¡como para metelo na familia!

  -¿Onde podo encontralo?

  -Non é moi fácil. Ultimamente creo que para polo Couto, no piso dunhas tipas. Deixe o coche só estacionado naquela zona, e vixíe dende un portal. Pode pillalo coas mans na masa.

 -¿Devece polos fotingos, eh?

  -É louco por eles. Se conquista unha rapaza o primeiro que fai é levala á recta de Quintela e poñerse a cen por hora. Para oíla chiar."

Bieito Iglesias, "O que enganan as iguanas" en  miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.128-129

lunes, 16 de mayo de 2016

O mapa no peto

"Non me tiña pinta a Maripi de motorista, anque si de moitas outras cousas. Supuxen que viñera no asento de atrás, apertada a un xinete deses que gustan do escándalo e de que a máquina zoe coma un enxame de abesouros. Interesábame, nese momento, por un plano da cidade que o Aquilino gardaba na carpeta dos recibos. Estaban marcados con cruces numerosos puntos, concentrados case todos nos barrios populares: O Couto, a Carballeira, As Lagunas, San Francisco, ademais da Ponte e o Pino. Metín o mapa no peto e saín ó patín da casa."

Bieito Iglesias, "Miss Ourense" en  miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.52

martes, 27 de octubre de 2015

Entre o tráfico

"Noriega despediuse con cara de merecer máis derrotas. Vin como se perdía entre o tráfico máis alá do estadio do Couto, onde un garda se empeñaba en contribuír ao colapso. Fiquei no medio da calzada algo atordoado, sen ser moi consciente do balbordo provocado polos claxons, que me suxerían amablemente -xunto coas correspondentes alusións familiares dos condutores- unha urxente saída por pernas. Con cartos no peto a dor resultaba tan soportable como a humillación."

Diego Ameixeiras, Baixo mínimos, ed. Xerais, xuño, 2004, páx.61

miércoles, 12 de febrero de 2014

Grandes fuegos artificiales

"Paseábamos por la Alameda del Concejo. En los jardinillos y en los paseos centrales bullía y bailaba el populacho esperando los grandes fuegos artificiales de las vísperas del Corpus. Los árboles estaban moteados de farolillos multicolores y la brisa llevaba a lo lejos los globos de papel de seda. Por entre las copas de los grandes plátanos vestidos de junio veíamos estallar los ramilletes de la cohetería.

- (...) Claro está, tú metido en este recinto de piedra, o en este paisaje disolvente, no te queda otra evasión que caerte hacia algo, vivir en otro, ser en otro...

  (...) Nuestro paseo se había ido prolongando hasta el monte del Couto. Veíamos, de arriba a abajo, el folión, como en una perspectiva impresionista, revelado por las pinceladas de las luces y de los fuegos artificiales, al otro lado del río. Amadeo se quedó callado y triste.

-(...) Me ahogo aquí, contigo. Quiero meterme en el folión; bailar la polka con las criadas, sentir su olor y beber vino en las tabernas con los aldeanos.

(...) Al llegar de nuevo a la Alameda, no quiso entrar al paseo y me despidió con un adiós seco, sin darme la mano. Yo me fui a ver los fuegos artificiales y no bailé la polka con las criadas porque me acordé de mi luto reciente, no porque me faltasen las ganas. Pero, en cambio, bebí vino en las tabernas, confundido con los paisanos romeros. Bebí tanto, que, por vez primera en muchos meses, sentí que la vida era grata y el mundo no tan difícil."

Eduardo Blanco-Amor, La catedral y el niño, ed. Galaxia, Vigo 1997, páx.397-402