Mostrando entradas con la etiqueta viños. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta viños. Mostrar todas las entradas

martes, 7 de diciembre de 2021

Denominaciones entrañables

 "Acordaron encontrarse a las nueve de la noche, ¿le parece?, "está bien", dijo Araújo. Dejó a Máximo jugueteando con las cartas entre las manos temblorosas y a través de la calle Coronel Ceano subió hasta la zona de los vinos; deploró la estúpida costumbre de rotular las calles con nombres de militares, políticos, eclesiásticos, que habían sustituido las denominaciones entrañables de su junventud."

José María Pérez Álvarez, Las estaciones de la muerte. Duen de Bux, Ourense, 2008. Pág.148.

lunes, 31 de agosto de 2020

Unha temperatura inverosímil

 "Miss Chispatown era desa clase de mulleres que levan un Plan B tatuado na cara. (...)

Acompañeina ata a parada de Taxis da Alameda. Dende a rúa do Progreso ecoaban as voces dos borrachos da zona dos Viños. O reloxo marcaba as catro da madrugada e unha temperatura inverosímil. Acendín o último cigarro que me quedaba."

Diego Ameixeira, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 74.

jueves, 20 de agosto de 2020

Para os sacos sen fondo

 "No Dúas Portas agardábanme tres roxóns e un bocado de luras á romana. Rematei os festexos no Bar Celona meténdolle o dente a un de lombo e logo, xa por vicio, rillando cartílagos no Orellas. Desbotei un bocadillo de pinchos morunos na Cabaña Feliz, bo recurso para os sacos sen fondo, pero só porque estaba ateigado de tizadores natos e porque moito come o tolo. Non podía máis."

Diego Ameixeira, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 59.

miércoles, 19 de agosto de 2020

Recuperar forzas

 "Agardei a que se disolvese a manifestación e sentín que necesitaba  un bo paseo pola rúa dos Fornos. Tiña que recuperar forzas. Parei un bo cacho na barra do Vereda, onde tomei unhas canas mentres enganaba o pensamento con varias relecturas da folla parroquial. Logo fun directo ás tostas de salmón do Fontefría e por máis cervexa, pero sen descoidar os chourizos ao viño da Cantina do Pedro e as patacas ali-oli do Frade, onde preferín un par de mencías para acompañar a tapa."

Diego Ameixeira, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 59.

sábado, 30 de mayo de 2020

Sereno, arruinado pola súa asma (XVI)

...
están os monseñores e os fillos ilustrísimos e as portuguesas igualmente ilustres do "Suevia" e as que nunca foron ilustres pero souberon da tristeza de non ter fronteira e si sífiles e moitos máis están que non se reconocen na penumbra pero foron a putas con señores e beberon o viño dos vencidos e souboulles ben, porque o viño en Serenou é sempre triste e a tristeza acostuma

e está (por fin chegou) tamén Vicente Risco.

Xa nesta Santa Compaña
só se botan de menos as bragas ardorosas
de Rosario Grandal,
ascendida ós infernos en orgasmo.

Guede, Manuel. Contra Serenou. Ed. Sotelo Blanco, 1985, páx. 35.

martes, 18 de octubre de 2016

Polas lanceiras mornas

"Conducín ata a Alameda e senteime nun banco a tomar as raiolas do sol que lograban traspasar o ceo gris na forza do mediodía. Dous velllos, chamados coma min polas lanceiras mornas, discutían ó meu carón. (...) Eu fixen tempo repasando mentalmente as aliñacións da Rexional Preferente. Cando me pareceu, achegueime á rúa Reza, ó fogón dunha media parenta.  A condenada especia tanto os callos, que te tumban co cheiro conforme entras no chiringo. Agora, se logras repoñerte do golpe e meter a culler, o solbo quente e colorado aséntache o bandullo e ponte novo. O viño, acedo coma o demo, tamén se deixa beber, a condición de que te pille sentado ou cunha parede cerca onde arrimarse."

Bieito Iglesias, "O que enganan as iguanas" en  miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.132-133

martes, 5 de abril de 2016

Un enxame de rapaces que axiña zunía

" Fixera un traballo excelente. Coma se lle cortase a lingua. Xa podía caerme polas rúas dos viños e tomar o taco das once. En lugar diso, sabe Deus por que, volvín polo fotingo e, coa ficha do detido na faldriqueira, arranquei cara á Ponte. Na cima do Vinteún pensei en virar e volver ó rego, pero amolábame a confianza do badoco nos Citranos e Menganos  que o respaldaban, así que seguín o indicador de Guizamonde e conducín ata as choupanas de Wichita. Nas rúas estreitas, por entre as casas escalazadas, inzaban os rapaces. Un enxame de rapaces que axiña zunía arredor do meu Delfín."

Bieito Iglesias, "Luanda" en  miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx. 16

martes, 24 de noviembre de 2015

Aos tombos

"Cerqueina pola cintura. Alcanzamos a Praza Maior e fomos aos tombos ata os xardíns das Burgas. A xeada congregara unha morea de mendigos que combatían os rigores climáticos con viñoco, cubertos con mantas esfiañadas e cartóns en torno ao cano."
Diego Ameixeiras, Baixo mínimos, ed. Xerais, xuño, 2004, páx.94

viernes, 13 de noviembre de 2015

Calma tensa

"En todos os arrabaldes sucedíanse as protestas e as concentracións de apoio ao guía morto. Cumpría gardar as formas.

  Pola tarde regresou a calma tensa, terminoloxía acuñada polos veciños da zona vella para se referiren ás noites sen barricadas e sen detencións. A zona dos viños estaba practicable para a inxestión masiva de mencías, e só algún control policial delataba o estado dos ánimos. Nogueira agardábame no Montecarlo."
Diego Ameixeiras, Baixo mínimos, ed. Xerais, xuño, 2004, páx.88