Mostrando entradas con la etiqueta teatro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta teatro. Mostrar todas las entradas

martes, 3 de enero de 2017

"As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas" (1973)

"ANXA: (dende dentro, berrando) ¡Ai, Elías! ¿Pásache algo?

 ELÍAS: (choroso e berrando tamén) Non, prenda. É que saíron laranxas no limoeiro...

ANXA: ¿Laranxas no limoeiro?

ELÍAS: Si, e moi grandes.

ANXA: Serán limóns...

ELÍAS: Non. Son laranxas."

Carlos Casares, As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas. Ed. Galaxia, colección árbore/galaxia nº 159, Vigo, 2009, páx. 14.

EDICIÓNS
-1973. 1ª ed. Ilustracións de Luís Seoane.


domingo, 22 de marzo de 2015

Ir a Ourense cun reloxo sempre da máis aquel

" TERESA: ... que o meu ten que ir a Ourense, a verse con don Aladio o procurador, e sempre lle dá ós homes máis aquel iren cun reloxo, ¿entendes?"    páx.96

  Eduardo Blanco-Amor, "A tía Lambida" -Tres contos escénicos- en Fas e Nefas, ed. Galaxia, Vigo 1993  (primeira versión publicada na revista "Galicia Emigrante", nº 13, Buenos Aires, xullo, 1955

sábado, 21 de marzo de 2015

Ós de Ourense góstalles moito o caldo

" (Mañá da Festa Maior das Ánimas, nunha aldea da provincia de Ourense)   (páx. 67)

  RAPOSO: Supoño que comenzarán a chegar a iso das once. Xa sabes que os de Ourense madrugan pouco, e tampouco lles gosta colleren a misa enteira, que non remata nunca, a verdade é a verdade... Hai que terlle un branco daquel que desabillei onte, ben fresquiño, que o deixei ó serán... Chegan aspeados de rubir a costa, e máis con este calor, que xa pica agora.      (páx. 70)

 RAPOSO: Ós de Ourense góstalles moito o caldo; e algúns moi finos ata lle chaman pote gallego  como din en Madrid.      (páx. 71)