Mostrando entradas con la etiqueta chispatown. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta chispatown. Mostrar todas las entradas

miércoles, 2 de diciembre de 2020

Os aplausos

  "Na Praza Maior xa non collía ninguén. Había moitas ganas de festa, pero a celebración tiña un carácter solemne que desautorizaba as mostras de xúbilo. (...)

Fíxenme un sitio entre as terrazas e dispúxenme a contemplar o espectáculo ao que Miss Chispatown non me convidara. (...)

Os aplausos atronaron na praza. As autoridades que ocupaban as cadeiras das primeiras filas puxéronse en pé e o alcalde, acompañado de toda a corporación, subiu ao escenario para entregarlle unha placa conmemorativa ao flamante presidente. Miss Chispatown batía as mans dende unha posición discreta. (...)

 Uns minutos máis tarde comprobei que na Praza do Ferro a Garda Militar cargaba contra medio centenar de militantes de Vangarda Popular."

Diego Ameixeiras, O cidadán do mes.  Ed. Xerais, 2006. Páx. 204-206.

sábado, 28 de noviembre de 2020

Zona verde

"-Non. Só quero que recoñezas que nesas gravacións hai algo máis interesante que a banda sonora dun casquete. Os terreos onde o teu amiguiño levantou o Centro Comercial foron recualificados da noite para a mañá e estaban considerados como zona verde. (...) Os grupos da oposición entenderon as protestas dos veciños e reclamaron que se dese marcha atrás polo ben da cidade. (...) Empeza a construírse o Centro Comercial e todos calan coma putas. (...)

Miss Chispatown tentou conter as bágoas."

Diego Ameixeiras, O cidadán do mes.  Ed. Xerais, 2006. Páx. 201-202.

viernes, 27 de noviembre de 2020

Máis doce que a suor e as bágoas

 "O Auriense acollía de tarde algún bebedor triste e desconsolado, ex militante dalgún grupúsculo desaparecido, pero seguro de agradar a descoñecidas con chispa actualizada.(...)

 Por Miss Chispatown había que asaltar os ceos e logo tirar da cadea. Seguía sendo esa loura atigrada que me cravaba os ollos na bocana do estómago. Comprendín que con ela ao meu carón o sangue saberíame máis doce que a suor e as bágoas, mais tamén que nesta vida hai sabores que matan. (...)

 Pedín outra cervexa. O sobre contiña bastante máis diñeiro do que acordaramos. Sentinme moito mellor.

 -Agora non podo aceptalo, Calpurnia."

Diego Ameixeiras, O cidadán do mes.  Ed. Xerais, 2006. Páx. 198-199.

jueves, 29 de octubre de 2020

Miss

 "Miss Chispatown fora amordazada convenientemente... 177

 Miss Canícula tentou desatarse unha vez máis... 179

 Miss Chispatown fixo ben en cuspirlle. 179

 Miss Chispatown miroume como se non dese creto ao que estaba a escoitar. 180

 Desenfundou  o duro da sobaqueira, colocou o canón no interior da boca de Miss Augasquentes 183

 Lin pánico e un horrror coñecido na faciana de Miss Canícula 183

 Estaba sobrepoñéndome da confesión de Miss Agosto cando... 184

 A min apetecíame quedar alí e tomar un whisky con Miss  Chispatown... 184

 Miss Agosto estivera a divertirse un pouco con todos nós 181

 Diego Ameixeiras, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006.   


viernes, 23 de octubre de 2020

En plena rúa

"Miss Chispatown tiña un sentido do humor envexable. Era a oportunidade que estaba agardando. (...)

Nas inmediacións da Estación Empalme varias leiteiras da Garda Militar impedían o acceso ao recinto e identificaban os transeúntes. Algúns deles estaban sendo cacheados en plena rúa."

Diego Ameixeiras, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 166.   

miércoles, 21 de octubre de 2020

Espreguiceime

"Espreguiceime. Miss Chispatown durmía satisfeita, cun sorriso de debuxos animados perfilándolle os beizos. Tiña que desaloxar a vexiga inmediatamente. Saltei da cama e entrei no baño asubiando polo baixo, seguro de non espertar á serea da Cruz Alta."

Diego Ameixeiras, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 161.  

martes, 20 de octubre de 2020

A fartura do poscoito

"Cando volvín, Sonia puxera unha camiseta longa de cor amarelo que a cubría ata os xeonllos. Miss Cruz Alta tiña o cabelo enredado e o seu inescrutable misterio de femme fatale transformárase nesa beleza doméstica e dócil que outorga a fartura do poscoito. Era o momento de atacar de novo. (...)

Miss Chispatown non aguantou máis.

-¡Es un fillo de puta! ¡Vaite agora mesmo de aquí! -tiroume a almofada á cara."

Diego Ameixeira, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 158-159. 

domingo, 18 de octubre de 2020

Cicatrices apendicíticas

 "Espímonos. Miss Chispatown tatuara unha magnífica reprodución policromada da Burga de Abaixo na superficie que adoitan ocupar as cicatrices apendicíticas. Biquei o conxunto histórico-artístico e dirixinme directamente ao manancial que brotaba das súas pernas, onde achiquei o fluxo termal a lambedelas.

-O tempo é veleno -sentenciei lembrando a miña ex de toda a vida.

-Vaia trompa levas.

-Iso é circunstancial, querida Calpurnia.

(...)

-Quérote, pero só esta noite -Miss Punto G parecía unha serea preguiceira."

Diego Ameixeira, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 156.

jueves, 15 de octubre de 2020

Solitarios esixentes

"Miss Punto G vivía nun edificio de recente construción na Cruz Alta. (...)

Miss Chispatown vivía nun apartamento para solitarios esixentes. Unha saliña con cociña americana, un dormitorio e unha terraza chea de plantas -algunhas de fumar- chegaban abondo para compoñer un fogar acolledor."

Diego Ameixeira, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 151.

miércoles, 14 de octubre de 2020

42 simpáticos graos

 "Colguei o teléfono cun sorriso cheo de satisfacción. Pareceume un triunfo que Sonia Bouzas me abrise as portas da súa casa sen insistirlle apenas. Miss Chispatown e mais eu tiñamos moitas cousas que contarnos, moitas. Notábase que os días decreceran, mais non por iso deixabamos de adoecer cos ardores estivais. O verán quería morrer matando. Ás tres da tarde o termómetro do Parque de San Lázaro marcaba corenta e dous simpáticos graos."

Diego Ameixeira, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 149.

domingo, 11 de octubre de 2020

Cun reducido bikini

 "Á dereita do camiño puiden ver unha cancha de tenis rodeada por un alto aramado, e á esquerda unha apetecible piscina perfectamente disposta para que Miss Chispatown botara unhas brazadas. Por un momento pareceume ver de novo a súa figura ataviada cun reducido bikini, facéndome acénos para que me achegase."

Diego Ameixeira, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 140.

viernes, 11 de septiembre de 2020

Unha mordedela

 "O certo é que alí, por fin, colliamos perfectamente. Achegoume unha man á boca e deille unha mordedela pensando nos réptiles de Miss Chispatown. Charo non paraba de abanear a queixada. Estaba pálida coma o leite, mirándome cos ollos de caixeira que tamén sabe mirar de home a home."

Diego Ameixeira, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 97.

sábado, 18 de julio de 2020

Chispatown

"Saíu pola porta grande abaneando os cadrís, pisando seguro e forte. O patrón do local, atento á escena, pensaba exactamente o mesmo ca min, coma todos os homes que miran e seguen mirando. Deixei pasar un tempo prudencial e achegueime ata as terrazas para asistir á fin de festa en primeira liña de fogo. A loura máis globular de Chispatown facía derrapar un Alfa Spider amarelo dirección Barra de Miño."

Diego Ameixeira, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 18-19.