Mostrando entradas con la etiqueta entrimo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta entrimo. Mostrar todas las entradas

domingo, 14 de abril de 2019

1156

"Adiós, mozas d´o Val,
mozas d´o Val outra vez,
adiós, mozas d´o Val,
hastr´a primeira vez."

Literatura Popular de Galicia: colección de coplas, villancicos, diálogos, romances, cuentos y refranes gallegos. Orense, 1881. (Deputación Provincial de Ourense, 1987). Recollidos por D. Juan Antonio Saco y Arce. páx. 159

lunes, 8 de abril de 2019

1148

"Adiós, fontiña de Prado,
e tamén a d´o Terrón;
¿onde me levache o saco,
amante d´o curazón?"

Literatura Popular de Galicia: colección de coplas, villancicos, diálogos, romances, cuentos y refranes gallegos. Orense, 1881. (Deputación Provincial de Ourense, 1987). Recollidos por D. Juan Antonio Saco y Arce. páx. 158

domingo, 7 de abril de 2019

1142

"Santiago de Sernande,
Santo d´a barba dourada,
déixame durmir un sono
debaixo d´a enramada."

Literatura Popular de Galicia: colección de coplas, villancicos, diálogos, romances, cuentos y refranes gallegos. Orense, 1881. (Deputación Provincial de Ourense, 1987). Recollidos por D. Juan Antonio Saco y Arce. páx. 157

sábado, 6 de abril de 2019

1141

"Santiago de Sernande,
San Facundo de Perira,
San Salvador de Guxinde,
Miña Virxen de Sobreira."

Literatura Popular de Galicia: colección de coplas, villancicos, diálogos, romances, cuentos y refranes gallegos. Orense, 1881. (Deputación Provincial de Ourense, 1987). Recollidos por D. Juan Antonio Saco y Arce. páx. 157

viernes, 5 de abril de 2019

1140

"¿Cómo queredes que suba
a costa de Torno arriba,
se me queda a miña nai
n-ese Ferreiros d´arriba?"

Literatura Popular de Galicia: colección de coplas, villancicos, diálogos, romances, cuentos y refranes gallegos. Orense, 1881. (Deputación Provincial de Ourense, 1987). Recollidos por D. Juan Antonio Saco y Arce. páx. 157

jueves, 4 de abril de 2019

1139

"Este lugar de Pereira
de lonxe parece vila;
o Cantoben n-a entrada
y-o Cantoben a salida."

Literatura Popular de Galicia: colección de coplas, villancicos, diálogos, romances, cuentos y refranes gallegos. Orense, 1881. (Deputación Provincial de Ourense, 1987). Recollidos por D. Juan Antonio Saco y Arce. páx. 157

miércoles, 3 de abril de 2019

1138

"Santa María d´Entrimo
ten unha pedra redonda,
para se sentar os mozos,
así que veñen d´a ronda."

Literatura Popular de Galicia: colección de coplas, villancicos, diálogos, romances, cuentos y refranes gallegos. Orense, 1881. (Deputación Provincial de Ourense, 1987). Recollidos por D. Juan Antonio Saco y Arce. páx. 157

martes, 2 de abril de 2019

1137

"O señor abade d´Entrimo,
cariña de primaveira,
cando entra par´a igrexa,
os mismos santos s´alegran."

Literatura Popular de Galicia: colección de coplas, villancicos, diálogos, romances, cuentos y refranes gallegos. Orense, 1881. (Deputación Provincial de Ourense, 1987). Recollidos por D. Juan Antonio Saco y Arce. páx. 157

lunes, 1 de abril de 2019

1136

"O señor abade d´Entrimo
ten a capa n-a roseira;
vámo-la ver, queridiños,
vámo-la ver como cheira."

Literatura Popular de Galicia: colección de coplas, villancicos, diálogos, romances, cuentos y refranes gallegos. Orense, 1881. (Deputación Provincial de Ourense, 1987). Recollidos por D. Juan Antonio Saco y Arce. páx. 157

jueves, 14 de marzo de 2019

983

"Ont´e a noite fun á ronda,
pasei n-a costa d´as Antas;
o que rompin de zapatos,
tamen-o forrei en mantas."

Literatura Popular de Galicia: colección de coplas, villancicos, diálogos, romances, cuentos y refranes gallegos. Orense, 1881. (Deputación Provincial de Ourense, 1987). Recollidos por D. Juan Antonio Saco y Arce. páx. 135

sábado, 9 de marzo de 2019

802

"Santa Marta d´Entrimo,
Santa Marta de Lobeira;
a muller que come a nata,
non pode ter a manteiga."

Literatura Popular de Galicia: colección de coplas, villancicos, diálogos, romances, cuentos y refranes gallegos. Orense, 1881. (Deputación Provincial de Ourense, 1987). Recollidos por D. Juan Antonio Saco y Arce. páx. 120

martes, 26 de febrero de 2019

363

"Ah vida d´a miña vida,
Señor San Bartolomeu,
empeza meu corazón
a dar combates ó teu."

Literatura Popular de Galicia: colección de coplas, villancicos, diálogs, romances, cuentos y refranes gallegos. Orense, 1881. (Deputación Provincial de Ourense, 1987). Recollidos por D. Juan Antonio Saco y Arce. páx. 85

viernes, 22 de febrero de 2019

101

Señor San Benito novo
qu´e estás n-o monte de Grou,
deparaime unha miniña,
qu´eu en busca d´ela vou."

Literatura Popular de Galicia: colección de coplas, villancicos, diálogs, romances, cuentos y refranes gallegos. Orense, 1881. (Deputación Provincial de Ourense, 1987). Recollidos por D. Juan Antonio Saco y Arce. páx. 63

sábado, 9 de febrero de 2019

73

"Santa María d´Entrimo
tan altiña se foi pór, 
para tocar as campanas
o domingo d´o Señor."

Literatura Popular de Galicia: colección de coplas, villancicos, diálogs, romances, cuentos y refranes gallegos. Orense, 1881. (Deputación Provincial de Ourense, 1987). Recollidos por D. Juan Antonio Saco y Arce. páx. 60

sábado, 7 de julio de 2018

Tusir os mosquitos

"Entón, xa máis tranquila, podendo falar aos poucos, dun xeito algo entrecortado, díxenlle que non ría só polo que el contara daquela pega de Entrimo que falaba, senón porque me viñera á cabeza unha cousa que dicía sempre a criada Delfina...

  (...) Cando lle escoitei dicir que el tamén escoitara tusir os mosquitos, a min paroume a risa, pois foi como se de repente Anselmo se puxese serio e acabasen as bromas da pega que dicía "piollo" ou da pega rabilonga que falaba en Entrimo."

Carlos Casares, O sol do verán. Ed. Galaxia, Biblioteca Carlos Casares, nº3. 1ª edición, 2002; 4ª edición nesta colección, Vigo, 2011. Páx. 97-98.

viernes, 6 de julio de 2018

"Cágate lorito"

"Carlos preguntoulle a Anselmo se era certo que as pegas falaban  e el contestou que si, que el coñecía unha, alá pola parte de Palmés, que dicía "piollo" e "cágate lorito", pero nada máis, aínda que oíra falar doutros casos, como unha pega rabilonga que tiña un cura de preto da raia, nas terras de Entrimo, e que esta podía falar coa xente como se fose persoa, por preguntas e respostas, de maneira que un lle podía preguntar cómo se atopaba de saúde, por exemplo, e ela podía responder que lle doía a barriga, verbi gracia, ou que andaba acatarrada."

Carlos Casares, O sol do verán. Ed. Galaxia, Biblioteca Carlos Casares, nº3. 1ª edición, 2002; 4ª edición nesta colección, Vigo, 2011. Páx. 96.

viernes, 1 de abril de 2016

A talanqueira foi gorda

"¡Portugueses enrebelados! Ben sabe que todo é máis olla, máis olla, e nada se saca en limpo. Xa os empaquetamos cara Entrimo.

  -Ben. Falarei entón co chofer.

  O caso era fácil, un informe por triplicado e a outra cousa. Fun andando cara ó cárcere. Nos xardíns do Padre Feijoo atopei ó Noguerol curando a pavesa da víspora.

  -Teño a cabeza coma un bombo, chacho. Botei a noite na timba de Ervedelo. A talanqueria foi gorda, pero desplumei a uns incautos. Tes que vir facer un pé ó julepe un día destes.

  -Esa dor de cabeza éche do tricornio. A ver cando vos cobren con gorra de perilla. Oes, vaia rebumbio que armastes cos portugueses. Vós estades para mallar nos borrachos e desfacer as festas, cona, ¿que é iso de interromper ó tráfico?"

Bieito Iglesias, "Luanda" en  miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx. 14-15

miércoles, 17 de septiembre de 2014

Si ha de vir, venche de seu

"Do outro que me perguntas non hai nada, nin haberá. Estamos noutras cousas máis serias e que custan moito máis adeprender e pórse a facelas e levalas adiante con xeito e valentía. O outro, si ha de vir, vénche de seu, mais non coido que sexa co Elixio. Téñolle moita simpatía pro non vai por eí a auga ao meu muíño, ademais aínda son moi nova. Ti si xa vas estando algo fóra do tempo, aos vintecatro xa non é pra pensalo, anque supoño que nise lonxano Entrimo non terás moito onde escoller, ou non serán moitos os que te escollan. Agardámoste pra o San Lázaro...".
Eduardo Blanco Amor, Xente ao lonxe , páx. 165, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA)