Mostrando entradas con la etiqueta peroxa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta peroxa. Mostrar todas las entradas

martes, 26 de marzo de 2019

1127

"Viva Toubes, viva Toubes
con tódo-los arredores,
terra de moita castaña;
vivan os apañadores!"

Literatura Popular de Galicia: colección de coplas, villancicos, diálogos, romances, cuentos y refranes gallegos. Orense, 1881. (Deputación Provincial de Ourense, 1987). Recollidos por D. Juan Antonio Saco y Arce. páx. 156

lunes, 25 de marzo de 2019

1126

"Viva Toubes, viva Toubes,
e tamén Villarubín,
viva Toubes, viva Toubes,
terriña donde eu nacín."

Literatura Popular de Galicia: colección de coplas, villancicos, diálogos, romances, cuentos y refranes gallegos. Orense, 1881. (Deputación Provincial de Ourense, 1987). Recollidos por D. Juan Antonio Saco y Arce. páx. 156

domingo, 9 de julio de 2017

Espantada

"A primeira marchara pola brava, cando todos esperaban moitas cousas del (que pintaba moi ben, escribía versos e sabía de números superiores) sin avisar nin dar razón de si mais que por terceiros, e eso cando pasaran xa varios anos da data da espantada. Un día chegou un señor da Peroxa a dar por encargo novas del, decindo que se atopaba ben e con diñeiro. Como mostra mandáballe ao seu pai un reló inglés de Armand Taylor 1738, comprado no Norte, que xa visitara en tres ocasións, e á súa nai uns pendentes de ouro."

Carlos Casares, "Un escritor didáctico", en  Os escuros soños de Clío, ed. do Cerne, 1ª edición, 1979, Santiago, páx.93-94.

martes, 10 de enero de 2017

Igual que se unha vaca se desprendese do teito

"A don Marcelino conmoveuno a tristeza do insultado e ofreceuse para prestarlle a axuda que necesitara. Aquela noite, a un seminarista da Peroxa, que fora o responsable, á hora de durmir, canda xa apagara a lámpada e estaba ben acochado entre as sabas, alguén lle zorregou unhas labazadas grandes e pesadas, igual que se unha vaca se desprendese do teito e lle caese por riba."

Carlos Casares, O galo de Antioquía, ed. Galaxia, 2003, páx. 12

martes, 11 de octubre de 2016

Un chanqueiro

"Eu tiña o pelo engraxado e olleiras de durmir mal. Non cambiara de traxe nin de camisa, cheiraba a bubela. Un tipo así non inspira respecto nin na feira de marráns da Peroxa. (...)

  Unha mirada de entendemento e asentiron. As hermanas concedéronnos unha hora. Eu pensaba nunha cafetería, en convidalas a Nescafé con algunha bolería empalagosa. Como moito, estaba disposto a transixir cun par de Fantas. Sen embargo, non soltaron a lingua ata que nos metemos nun bar da rúa Viriato a tomar un chanqueiro cunhas tapas de roxóns e de coiros de porco, renxentes e peludos. Era un pouco demasiado cedo, incluso para o taco das once."

Bieito Iglesias, "O que enganan as iguanas" en  miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.125-126

viernes, 25 de diciembre de 2015

Cimbreque desaforado

"O día do seu antolóxico regreso aos cuadriláteros, o Caimán de San Francisco tombara en só corenta e cinco segundos ao Depredador de Viñoás. Seica Penide saltara ao ring moi baldado, xa que a noite anterior tivera que cumprir con catro meretrices da Peroxa moi libertinas, amigas de chupar cámara e do cimbreque desaforado nas posturas máis abstrusas. Afectáralle o esforzo. O Caimán, exultante logo de coñecer a sentenza do xuíz que o exculpaba de atracar o Champion do Posío cun estilete, só tivera que cumprir cun gancho de esquerda errado e un dereitazo destrutor."

Diego Ameixeiras, Baixo mínimos, ed. Xerais, xuño, 2004, páx.167

viernes, 20 de marzo de 2015

Inxela e temesiña

"Eu dígolle á mamai que se volve pra a Peroxa levareille o neno pra que mo acabe de criar... 
 (...) Escríbeme canto poidas. Quérote moito; cicais queira en ti un intre moi agasalleiro da miña vida. Levo pra sempre comigo a túa tenra amistade, dende a inorada e crecente beleza daquela rapariga aldeán que chegou a A. inxela e temesiña, até os rechamantes anos finais da normalista, tentada polas "ideas" que eran o andacio do tempo..."

Eduardo Blanco Amor, Xente ao lonxe , páx. 324-325, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA)

domingo, 30 de noviembre de 2014

Xente de sotana

"-Denantes de nada son fillos de Deus, e despois, tamén da miña filla.
     ...que é a miña muller. E si a min me parez que os meus fillos teñen que ir á escola laica, non ten vostede porque irllo consultar a ise barallán que é o crego da Peroxa, ou á mula falsa do párroco da Conceución, que aínda onte me deu os bos días co seu sorriso de fariseu.
 -¡Ouh!
 -A  ninguén, crego ou non, ten vostede que irlle pedir parecer do que sucede nista casa, e menos aínda a xente de sotana que só aconsellan pra a súa comenencia."

Eduardo Blanco Amor, Xente ao lonxe , páx. 180, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA)

sábado, 29 de noviembre de 2014

Precisamente por...

"-O meu pai non é home de dar largas, don Xaume. O que pasa é que a mamai Domitila...
-¿Quen é a mamai Domitila?
-A miña avoa, nai da miña nai, que agora está na Peroxa, onde son nascidas. Tamén ten eiquí unha casiña no Campo da Feira; pro, menos dormir, vivía connosco, até que rifou con meu pai precisamente por..."

Eduardo Blanco Amor, Xente ao lonxe , páx. 179, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA)

viernes, 31 de octubre de 2014

En una consideración de ritmos estacionales

Plubia
"En una consideración de ritmos estacionales, el mundo de la vida pre claustral del P. Maestro se expresa en dos aspectos de diversa matización de los mismos temas. Melias en las amplias terrazas del Miño, en su curso central de logradas madureces. Allariz, ribera más alta, con una sobriedad que señala lo próximo de la montaña. En la orilla del Miño las formas son opulentas, las viñas y los pazos y los prioratos y rectorales señalan densa historia y riqueza. En el círculo de Melias figuran su homónima trans-miñota S. Miguel de Melias, se ven las torres de La Peroxa, la montaña es tierra de Ramoín y Luintra, tierras verdes, de ricas aguas, amparadas en los derrames de la Cabeza de la Meda. Por entonces no encuadraba el valle los mantos de los pinares de hoy. El castaño agrupado en sotos decoraba las laderas. Los bosques de robles, muchos de ellos reducidos a compactos matorrales, se espaciaban a lo largo de los resaltes rocosos, la zona de la viña dispuesta en parrales aparecía bien demarcada. Las iglesias y casas grandes resaltaban sobre los grupos de moradas labradoras, grises, oscuras,  ahumadas, cubiertas de "colmo" o paja de centeno. El "chaume" de la Europa central de lengua latina.  El "pazo" de Casdemiro no es de los amplios de Galicia. En su dignidad explica mejor que otros magníficos la íntima compenetración del vivir señorial con el labriego. El jardín se continúa y matiza en el huerto. La casa de tres salones  amplios se franquea generosamente al Sur y al Oeste. Es alegre y variada, siempre expresiva la composición prolija de las laderas del valle. Madugra la primavera en los hondos regatos, el sol se enciende con bríos prometedores en las colinas cuando aún las nieblas se tienden en el valle. Con las largas temporadas de invernía o invierno, en el sentido campesino y etimológico de la palabra "invierno", todas las cañadas afluentes al río se hinchan con el rumor bajo, solemne, nutricio de las aguas mantenedoras del verdor de los peñascos, construcciones y troncos. Es perezosa la invernía suave, duras las quincenas de helada y el frío intenso y mordiente bajo la niebla.(...)

jueves, 5 de junio de 2014

Cun afiador

"Chegara cun afiador, das partes de Nogueira de Ramuín ou da Peroxa, que nunca andivera denantes pola bisbarra. Aparentaba uns nove anos cando alí quedou, no pazo da miña tía viúva, coa cabeza esmendrellada dunha caída.

 O afiador non voltou por il."

Eduardo Blanco-Amor, Os Biosbardos, ed. Galaxia, 1962, 12ª edición, "Bartomeu i os Biosbardos", páx.59