“O avogado defensor
culpa da imaxinaria mutación en lobo ás crenzas vulgares, sostidas por mil e
mil consellas e alimentadas polos romances, solaz mortífero dos labregos nas
longas veladas de inverno. “Teño na man – e móstrallos ao tribunal- dous deses
romances, que quizáis influiron no ánimo de Manuel Blanco, e teño tamén o que
relata o seu propio caso. Esas historias, unidas á ignorancia e á miseria,
alteraron sen dúbida a súa imaxinación, producindo esas ilusións que lle fan
verse executor involuntario de terríbeis asasinatos. Cre real canto leu ou
canto lle pasa pola imaxinación. É un caso –explica o avogado- do que os
médicos chaman síndrome sintomatolóxica.””
Mostrando entradas con la etiqueta mariño_ferro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta mariño_ferro. Mostrar todas las entradas
viernes, 13 de septiembre de 2019
Solaz mortífero dos labrego
jueves, 15 de agosto de 2019
Allariz era unha pequena vila provinciana
“Allariz era unha
pequena vila provinciana, dunhas catrocentas casas, construídas en pedra
labrada, con planta baixa e andar. No pavimento das rúas, de pedra, deixaran
pegada os cravos das lamias dos carros. Contaba con tres curtidoiros, seis
tendas de alimentación, tres tendas de panos e de quincalla, tres confeiterías
con toda clase de doces e en especial améndoas bañadas e anises, tres mesóns e
doce tabernas. Ademais dos comerciantes, vivían vinte e un labradores, vinte e
cinco xornaleiros, oito curtidores de peles, corenta zapateiros, dous
chocolateiros, trece arrieiros e traficantes, quince carpinteiros, dez xastres,
catro canteiros, catro ferreiros, varios panadeiros e barbeiros, vinte e un eclesiásticos,
tres sancristáns, trece empregados públicos, sete avogados, tres médicos, dous
cirurxiáns, tres albeites, dous mestres, dúas mestras, un pintor e dezasete
pobres de solemnidade.”
sábado, 15 de junio de 2019
Na parroquia
“Vivían na
parroquia unhas corenta familias, en casas cubertas de lousa, concentradas case
todas nunha única entidade de poboación, o que non é habitual en Galicia.
Producían centeo, millo e castañas, que cultivaban nos soutos ao pé da serra e
afumaban no canizo para logo comelas cocidas con chourizos ou en leite. E
criaban gando, sobre todo ovellas e cabras, que pacían polo extenso monte
colectivo e pola serra. Usaban por rolda o forno comunal e reuníanse con
frecuencia en concello aberto presidido polo pedáneo para resolver asuntos de
interese comunitario.”
Suscribirse a:
Entradas (Atom)