Mostrando entradas con la etiqueta as lagoas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta as lagoas. Mostrar todas las entradas

viernes, 25 de septiembre de 2020

Un fabuloso estrondo

 "Cada coche enfiou o seu camiño cando chegamos ás inmediacións do barrio das Lagoas. A cidade estaba deserta. Nese momento o carro do Regueira voou polos aires provocando un fabuloso estrondo. Por sorte gardara unha distancia prudencial e non me caeu enriba ningún cascallo. Alguén colocara uns explosivos nos baixos do vehículo. Noutras palabras: a aburrida loita continuaba."

Diego Ameixeira, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 126.

martes, 9 de septiembre de 2014

Apareceu o primeiro can

"Eu o que quería era saír á Ponte Vella indo por onde íamos coa miña irmá a afogar as cadeliñas da Tula, e cheguei aos Catro Camiños, e arrodei por As Lagoas e saín ao Campo do Cisco;

  e ao arrodear o quintal de doña Calrota, xa preto da Ponte, apareceu o primeiro can, de moito alto; de comenzo viña após e despois ía diante, que non o vin pasar, como si tivese pasado polo áer."

Eduardo Blanco Amor, Xente ao lonxe , páx. 154, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA)