Mostrando entradas con la etiqueta pazo_xustiza. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta pazo_xustiza. Mostrar todas las entradas

lunes, 3 de agosto de 2020

O cine é todo mentira

"Puxen a directa e xa estaba diante do cine Dúplex. Lembreime do pescantín e da súa cinefobia particular. "O cine é todo mentira". Tiña en mente atravesar a Praza da Concepción Arenal pola parte dos Salesianos e chegar á casa facendo o percorrido que vai do Pavillón dos Remedios á rúa do Greco, mais tiven que desistir da idea porque a Vangarda Popular tiña montada unha boa festa. Ardían colectores no medio e medio do remate de Sáenz Díaz, e os rapaces máis atravesados guindaban cócteles molotov contra o Pazo de Xustiza."

Diego Ameixeira, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 38.

jueves, 2 de junio de 2016

Lercha

"Daquela, adiantouse de entre o público Miss Ourense, e os presentes romperon en insultos.

  -Lercha, vas con ese can que matou a teu pai.

  A rapaza entrou no Pazo engrandando. Parecía máis pequena do que era de seu, coma se lle serrasen os tacóns."

Bieito Iglesias, "Miss Ourense" en  miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.74

miércoles, 1 de junio de 2016

Cantas hai

"Á mañá seguinte acudín ó xulgado a declarar. Enfronte do Pazo de Xustiza, todo arredor da estatua de Concepción Arenal, congregárase unha multitude de curiosos. Trouxeron os detidos no furgón e, ó que se apeou, o Cimprón encarouse coa xente e chomoulles cantas hai. Pateou ós fotógrafos e ordenou:

  -Maripi, pasa para dentro."

Bieito Iglesias, "Miss Ourense" en  miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.74