Mostrando entradas con la etiqueta estivadas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta estivadas. Mostrar todas las entradas

lunes, 3 de mayo de 2021

Estensas lonxanías

 "Un día -non fai moitos meses- Manoliño saíu de caza co José do Ramiro. (...)

Era unha tarde crara, nidia, de febreiro. Nunca até alí tiña reparado nas estensas lonxanías, nin atinguido a grandura do municipio, nin visto dunha soia ollada as terras particulares de Vilardebós, nin descuberto aos seus pes a fermosura do pobo. Afundíu a vista no horizonte e foi xirando os seus ollos en panorámicas concéntricas. E víu, pola banda Oeste, a serra do Larouco, o alto das Estivadas, o castelo de Monterrei e o val de Chaves. Polo Noroeste e polo Norte, a serra de San Mamede, de grandes neves; a do Invernadeiro, de moitas corzas; os montes de Agudiña, de abondosa caza; as Portelas de Padornelo e Canda, dos boletíns metereolóxicos; as terras da Mezquita, onde nacéu Augusto Assia. Máis acá, as Ventas da Barreira e Riós, lugares onde se criaron Romero Cerdeiriña e García Portela, parentes de Manoliño. Polo Este, amontóanse lombeiros portugueses, dos Distritos de Braganza e Vila Real. E polo Sur, érguese o Marco da Cota, onde remata Hespaña, coma xa se sinalóu."

Silvio Santiago. Villardevós, Ed. Galaxia. Biblioteca Básica da Cultura Galega,  nº 40; 1982. Páx. 188-189.

domingo, 3 de abril de 2016

¡Hai que ser torda!

" -¿Pero con quen vas conversar mellor que comigo? Son moi afeccionado ó mundo do motor. ¿Falamos da freada baixando as Estivadas, ou quizais dun tema máis culto? ¿Que tal andas en xeografía? Seguro que un neno bonito coma ti foi moito á escola. Ensináronche por onde queda Francia, ¿va que si? Niso confiaban os portugueses, e resulta que confundes a Gudiña con Hendaia. ¡Hai que ser torda!"

Bieito Iglesias, "Luanda" en  miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx. 15