Mostrando entradas con la etiqueta hospital modelo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta hospital modelo. Mostrar todas las entradas

martes, 16 de diciembre de 2014

Apodrecía o cosco dos xergóns

"moi bo home, arestora coasi cego, eivado no leito, ía pra dous anos que llo botaran do Hospital Modelo, que a probe Nemesia, tiña que lle dar voltas como un cativo, e limpalo, que facía todo por si;

  e sentalo na bacenilla, de primeiras con moita vergoña por mor de terlle que ver as partes; e que lle apodrecía o cosco dos xergóns;"

Eduardo Blanco Amor, Xente ao lonxe , páx. 216, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA)

jueves, 24 de julio de 2014

Furgándolles nas partes

"Pois co novo Hospital Modelo, ao pouco tempo, viñeran outros tres médicos novos, tamén só pra mulleres, e outros a establecérense pola súa conta, e as mulleres todas perdéranlles o medo porque se decataron que morrían menos de sobreparto, e as putas sanaban máis axiña das doenzas do seu oficio, que cando llas apegaban aos homes, chamábanlle galicosos, anque tamén se decía por aldraxe aínda que non se tivese o gálico;

que aínda que resultaba moi amolado deixárense andar furgándolles nas partes, espernancadas naquil sillón de ferro pintado, meténdolle aquiles ferros tan fríos...

Anque decíase tamén, que o facían moi indifrentes, atal si estivesen a remexer nun caixón de ferramenta (...)  que non a miraban nin cando lle perguntaban si lle doían os ferros, como si talmente fose unha cousa, ou unha marrá fóra a alma no banco da matanza, por máis nova e belida que a muller fose, e como si o choio non fose con iles, que moito se coñeaban disto os mociños de A...

Eduardo Blanco Amor, Xente ao lonxe , páx. 64-65, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA).

lunes, 21 de julio de 2014

Antes morrer que amosarlle as partes

"que de seguida, xa dende os primeiros, se correra que facía todo moi aquelado e propio como si nunca fixera outra cousa, e que pra arranxar os partos que viñan mal presentados aínda era millor que o médico novo que trouxeran pra o Hospital Modelo, que era só pra mulleres, que non lle ía ningunha, que as mulleres do pobo antes consentían morrer que amosarlle as partes, e menos aínda parirlle a un home nas mans"

Eduardo Blanco Amor, Xente ao lonxe , páx. 62, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA).