Mostrando entradas con la etiqueta cruz_alta. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cruz_alta. Mostrar todas las entradas

miércoles, 21 de octubre de 2020

Espreguiceime

"Espreguiceime. Miss Chispatown durmía satisfeita, cun sorriso de debuxos animados perfilándolle os beizos. Tiña que desaloxar a vexiga inmediatamente. Saltei da cama e entrei no baño asubiando polo baixo, seguro de non espertar á serea da Cruz Alta."

Diego Ameixeiras, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 161.  

martes, 20 de octubre de 2020

A fartura do poscoito

"Cando volvín, Sonia puxera unha camiseta longa de cor amarelo que a cubría ata os xeonllos. Miss Cruz Alta tiña o cabelo enredado e o seu inescrutable misterio de femme fatale transformárase nesa beleza doméstica e dócil que outorga a fartura do poscoito. Era o momento de atacar de novo. (...)

Miss Chispatown non aguantou máis.

-¡Es un fillo de puta! ¡Vaite agora mesmo de aquí! -tiroume a almofada á cara."

Diego Ameixeira, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 158-159. 

jueves, 15 de octubre de 2020

Solitarios esixentes

"Miss Punto G vivía nun edificio de recente construción na Cruz Alta. (...)

Miss Chispatown vivía nun apartamento para solitarios esixentes. Unha saliña con cociña americana, un dormitorio e unha terraza chea de plantas -algunhas de fumar- chegaban abondo para compoñer un fogar acolledor."

Diego Ameixeira, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 151.

viernes, 10 de julio de 2020

Altas temperaturas

"Todo empezou cunha calor asfixiante e cunha loura perigosa que non deixaba de mirarme con cara de vicio. Daquela abandonara a mala vida por imperativos médicos, máis non podía impedir que o resto da miña existencia se reducise a un estado de sede permanente. Aquela muller transmitía tanta carnalidade que con só mirala aos ollos pareceume respirar a gozosa fragrancia dunha barbacoa.

-Esta tía estame buscando. Non aguanto máis.

-Xa che dixen que hai que manter a calma, Horacio. (...)

-Esas tetas non son deste mundo -proclamei.

-Digamos que as dúas son da Cruz Alta. Téñoas visto polo barrio cando vou cumprir coa Charo -corrixiume Porter."

Diego Ameixeira, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 11.