Mostrando entradas con la etiqueta maimón. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta maimón. Mostrar todas las entradas

viernes, 21 de agosto de 2015

O sombrizo pozo

"As dúas estradas espreguízanse pola conca e van morrer na revolta que fai o sombrizo pozo Maimón, e o río corre maino, sereno, profundo ás veces, ás veces algueirante e prateando nos coiñais.

  Pé da ponte, nos brancos penedos, báñanse os rapaces.

  Sobre o azur do río destácase o fresco das carnes coma unha nota viva, alegre, que anima a soidade da ardente paisaxe."

Francisco Álvarez de Nóvoa, "No Miño", Pé das Burgas, 1896. (Desta edición, Biblioteca de La Voz de Galicia, 2002) páx.84-85

jueves, 7 de agosto de 2014

Facía máis de mil anos

"Con todo e ser moito cen adibales, e ire a auga por alí tan escura, dispaciosa e mesta, atal o aceite, non era tan fonda i escura como, augas abaixo, no Pozo Maimón, pola banda de Alongos; contáramo o primo Quintín, bo ebanista, moi agarimoso e falangueiro, que o contaba moi ledamente, e sabía moitos, que guindaran no pozo a un señor bispo de A., facía máis de mil anos;"

Eduardo Blanco Amor, Xente ao lonxe , páx. 79, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA).