Mostrando entradas con la etiqueta catedral. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta catedral. Mostrar todas las entradas

sábado, 11 de diciembre de 2021

Desde la terraza

 "Recordó la festividad de San Martín, que tendría lugar dentro de tres semanas; muchas veces había contemplado la ofrenda floral desde la terraza; el cortejo municipal, de gala, salía del Ayuntamiento, cuya fachada daba al ala derecha de su piso; allí instalado, al amparo del sol suave de aquellas fechas, seguía la trayectoria de la comitiva que avanzaba solemnemente por la calle de las Tiendas hasta una esquina del edificio de la catedral, en donde, a la altura de unos diez metros, trabajada sobre la piedra catedralicia, estaba la imagen de San Martín de Tours;..."

José María Pérez Álvarez, Las estaciones de la muerte. Duen de Bux, Ourense, 2008. Pág.149-150.

viernes, 15 de octubre de 2021

Atardeceres rojísimos

 "Vio pasar a Rosa por delante del bar, "debe de venir de la misa de la catedral" y conjeturó que aquél sería su día de asueto y, por esa razón, el día clave para darle pasaporte a López. Seguramente el viejo iría a jugar la partida al Liceo con Araújo y se recogería mucho más tarde porque los días, aunque comenzaban a disminuir,  todavía eran largos y terminaban con atardeceres rojísimos que parecían resistirse a dar entrada a la noche.

José María Pérez Álvarez, Las estaciones de la muerte. Duen de Bux, Ourense, 2008. Pág.99-100.

sábado, 2 de octubre de 2021

Con mal sabor de boca

 "Se despidieron en la fachada de la catedral que daba a la Plaza del Trigo y después desanduvo el camino y entró en el bar Samuel. "Una copa de licor, Samuel". La música de la máquina tragaperras extravió el rumbo de sus pensamientos mientras jugaba con el frasco de herbicida que había comprado para prepararle a Rafael López un combinado que lo hiciera arribar al otro barrio con mal sabor de boca."

José María Pérez Álvarez, Las estaciones de la muerte. Duen de Bux, Ourense, 2008. Pág.84.

viernes, 1 de octubre de 2021

Sin afán lúbrico

 "-Ya que llevamos el mismo camino, podía acompañarme hasta la puerta de la catedral. Es que voy a misa, ¿sabe?

Odiaba escoltar el trayecto de la mujer pero le pareció la forma más elegante de quitársela de encima, "dicho sea sin afán lúbrico", pensó y caminaron juntos."

José María Pérez Álvarez, Las estaciones de la muerte. Duen de Bux, Ourense, 2008. Pág.84.

miércoles, 15 de septiembre de 2021

Cuerpos abotargados

 "Después se enzarzaron los dos en un coloquio esquivo acerca del tiempo, del verano recién instalado en el campanario de la catedral, en las piernas de las muchachas, en sus cuerpos abotargados tras varios meses de dura melancolía. "¿Y qué me dice usted de los asesinatos?". (...) "Nunca había pasado nada igual en esta ciudad", dijo Manolo, "y es raro que en un sitio tan pequeño, donde todos nos conocemos, pueda estar suelto por ahí un loco va matando viejos.".

José María Pérez Álvarez, Las estaciones de la muerte. Duen de Bux, Ourense, 2008. Pág.66.

sábado, 7 de agosto de 2021

Costumbres instaladas

 "Tenía ganas de permanecer en pijama esa mañana, esperar a que el sol calentara un poco más y salir a la terraza sin acudir al Liceo; pero recordó: no es tiempo para desembarazarse de costumbres instaladas de forma natural en el devenir de los días. Decidió ducharse cuando el reloj de la catedral lo urgió dando las once."

José María Pérez Álvarez, Las estaciones de la muerte. Duen de Bux, Ourense, 2008. Pág.38.

domingo, 25 de julio de 2021

Otra vez en el nicho

 "Pensó que la vejez era eso: desterrar del corazón el placer de chapotear en los charcos de la infancia. Regresó por la calle Cervantes y a través de Arcedianos subió por la calle San Miguel. Entró en el bar Samuel, tomó una copa de licor café y se fue a casa. El reloj de la Catedral dio las siete de la tarde cuando abrió la puerta. "Otra vez en el nicho", caviló."

José María Pérez Álvarez, Las estaciones de la muerte. Duen de Bux, Ourense, 2008. Pág.20.

sábado, 6 de junio de 2020

PARECE MERECE-LA REVELACIÓN DO ÍNTIMO

"Era espléndido aquel decorado...
Parecía pintado polo Beato Giacomo de Montecelo, o anxélico monxe que traballaba sempre de xeonllos. Foi o malogrado monxe que pintou os frescos eróticos, sublimes, da cripta segreda do Museo Catedralicio. Vivíu no século IX e o seu desafortunado sucidio por amor dunha novicia que nunca lle correspondeu, excomulgouno para sempre, xa despois de morto, trascendendo a súa lenda maldita, apesares dos esforzos constantes da Santa Igrexa por silenciala.
Foi o máis grande xenio que tivo Ourantes* en toda a súa historia. A súa santidade truncada polo seu romántico suicidio segue conmovendo aínda hoxe a toda a miña cidade."

                                                                               Xaime Quessada

*  Ourantes é o nome co que X. Quessada designa na súa novela a Serenou.


Conviña que isto parecera un truco.
Coma tal que memoria e que desexo
sucederán así:
cun as na manga.
E na timba,
                                             Giacomo de Montecelo.
Unha novicia ben vale a resurrección.

Guede, Manuel. Contra Serenou. Ed. Sotelo Blanco, 1985, páx. 45.

martes, 2 de junio de 2020

Imaxes do soño profundo da pedra inspirada

"... privilexio negado ás torres nacidas e mortas coa vontade que as informa. A clara severidade conceptual da catedral de Ourense non suprime o pasado...

... se non estructuras viven lendas máis vivaces que os alzados."

                                                                                        Ramón Otero Pedrayo


Ascendo á torre
sospeitando o xesto da consumación:

Contemplarei á vella Serenou
e un arrepío de luxuria e sangue
guiarame á venganza.

Guede, Manuel. Contra Serenou. Ed. Sotelo Blanco, 1985, páx. 37.

jueves, 31 de mayo de 2018

Pola alfombra vermella e raída

"Acoredeime de tía Mercedes, cando se entregaba ao coidado das súas bonecas de porcelana e se empeñaba en vestir cun aire xuvenil que a transformaba nunha máscara estrafalaria, sacando dos baúis e das cómodas aquela roupa de colores vivas que a criada Susa gardaba entre naftalinas, por mandato dela, no cuarto do limoeiro, e que cando tía Mercedes se decidía a usala, enchía a casa dun arrecendo como aquel que eu estaba percibindo naquel momento, igual que se levase con ela, dun lado para outro, umha restra de lembranzas colgada da cintura por un lazo de seda, exactamente como a cola dunha noiva arrastrándose pola alfombra vermella e raída da catedral."

Carlos Casares, O sol do verán. Ed. Galaxia, Biblioteca Carlos Casares, nº3. 1ª edición, 2002; 4ª edición nesta colección, Vigo, 2011. Páx. 25.

jueves, 10 de mayo de 2018

Pozo de sombras

"Para el, en cambio, cando as agullas se situaran nunha determinada posición, un segundo despois de recibir a descarga, seguirían marcando as horas sen sentido, como un tolo que fala só, pronunciando un discurso no medio dunha praza baleira, de madrugada. Naquel momento a catedral acababa de dar as cinco. Empezaba a romper o día. Entón viuno mirando pola ventá que estaba ó lado da porta, desde a cal se divisaba unha parte do barrio antigo, case ós pés, observando como a cidade, ata entón convertida nun pozo de sombras, empezaba a debuxarse de novo cunha cor pálida, lixeiramente azul."

Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul. Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 267.

lunes, 7 de mayo de 2018

Aloucadamente no peito

"Na esquina da catedral observou a dous cóengos, un deles coas mans metidas nos petos da sotana e o outro fumando un pito de forma discreta, como se pretendese evitar que o visen desde as terrazas da praza. De maneira inconsciente, a pesar de que ela xa tiña pensado seguir polo mesmo camiño onde se atopaban os cregos, torceu cara á esquerda. Cando se estaba achegando á altura da librería Resvié, sentiu que o corazón lle saltaba aloucadamente no peito e que unha dor fina coma unha agulla se lle cravaba no medio do esternón."

Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul. Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 265.

miércoles, 11 de abril de 2018

Tedéum

"Ó revés, poucas veces o vira máis activo que naquelas datas. Pola prensa, ela ía sabendo da participación del no tedéum en honor do xeneral Franco ou na misa de acción de gracias que se celebrou o 18 de agosto na catedral ou na recepción que tivo lugar no Goberno Militar aquel mismo día pola noite."

Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul. Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 229.

domingo, 8 de abril de 2018

Un can abandonado

"Falaba dun can abandonado. Viuno tirado á porta da catedral, comido pola tiña e a miseria, xa sen fame e a punto de morrer. Alguén lle dixo que o sancristán tratara de escorrentalo de alí, pois había mulleres que protestaban, pero que nin sequera pegándolle couces conseguía movelo do seu sitio. Pareceulle a representación  viva da crueldade humana, a condena rotunda dunha civilización que perdeu o sentido da compaixón."

Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul. Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 220.

martes, 30 de enero de 2018

Lume á catedral con beatas dentro

"Foi Antonio Salgado París a persoa que evitou que aquela noite na cidade se vivise unha traxedia, enfrontándose con valentía ó grupo de exaltados que se dispuñan a plantarlle lume á catedral con beatas dentro, como eles mesmos dicían, pilladas as infelices das devotas no momento en que se celebraba unha novena para pedirlle ó Santo Cristo a conversión das persoas que estaban levando o país polo camiño do pecado. Subido no alto da fonte da Praza do Trigo, Antonio Salgado París conseguiu calmar a aqueles homes, moitos dos cales se lle arrepuxeron e mesmo o acusaron de sucumbir ás trampas do fascismo."

Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul. Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 102.

miércoles, 17 de enero de 2018

Argumentos contundentes

"Hai quen asegura que o bispo acudiu a entrevistarse co gobernador para interesarse pola sorte dos presos e que foi advertido de que os asuntos da orde pública non eran da súa incumbencia, mentres que outros afirman que o bispo se presentou no Goberno Civil unicamente para falar dos actos conmemorativos que se van celebrar o vindeiro venres na catedral e que de pasada lle dixo ó seu interlocutor que estaba preocupado polos rumores que corrían en certos ambientes da cidade sobre o trato dispensado ós presos, preocupación que lle foi disipada con argumentos contundentes, os cales foron cumpridamente aceptados."

Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul. Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 79.

miércoles, 15 de noviembre de 2017

Eses pasos sonoros e pausados

"Eses pasos sonoros e pausados que lle chegan desde a rúa, procedentes do lado esquerdo segundo se mira desde a fiestra do salón onde ela se atopa agora, sen dúbida son os del. Hai pouco máis de corenta minutos, cando o reloxo da catedral empezaba a dar as oito da mañá, viuno sair do grande portal da casa de en fronte, tranquilo como cada día a esta mesma hora, despreocupado polo retraso que levaba. Abriu sen présa a porta de madeira pintada de negro, subiu a continuación o chanzo de pedra que o separaba da beirarrúa e mirou ó ceo con atención para observar a cara que presentaba o día."

Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul. Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 9.

martes, 19 de septiembre de 2017

Nunha pucharquiña borrosa e azulada

"Ao chegar aquí, duas bágoas redondas e grosas foron caer no medio do papel, sobre o nome de "Aleceios", que ao instante se convertíu nunha pucharquiña borrosa e azulada. As campás da catedral iniciaron o toque da agonía, o laio funeral por unha alma a punto de render contal. Ilustrísima rachou o plego emborranchado, colleu otro e facendo un esforzo inmenso para mover o brazo, púxose a escribir de novo."
Carlos Casares. Ilustrísima.Ed. Galaxia, 1980. 3ª edición, novembro 1986, páx. 129.

domingo, 17 de septiembre de 2017

Unha melopea obsesiva

"Coas mans voltas cara enriba, lixeiramente inclinado, como se lle faltaran forzas para aguantar o peso da cabeza, Ilustrísima víuse a si mesmo como a representación tráxica dun animal obrigado a porse de pé sobre as patas traseiras. Desde lonxe, quizáis desde a porta da catedral, chegaban berros ditos a coro. Tiñan o ritmo dunha melopea obsesiva e amenazante, a curva melódica dun cantar de guerra."
Carlos Casares. Ilustrísima.Ed. Galaxia, 1980. 3ª edición, novembro 1986, páx. 127-128.

jueves, 14 de septiembre de 2017

Na xirola

"A insolencia da provocación non conseguíu alterar o natural pacífico do prelado, que se retirou cara o interior da catedral sin retrucar. Ao pasar por diante da capela de Santa Eufemia, na xirola, sentíu de repente que se lle doblaban as pernas. Arrimouse ao enrexado e tratou de aguantar de pé, agarrándose con fortaleza aos barrotes de ferro. O corazón resonaba alterado e canso na caixa do peito e un desagradable sabor a xofre entumeceulle a lengua. Por un momento baréuselle o sentido e pensou que iba caer, pero os brazos, casi empotrados na forxa, impediron que acabara no chan."

Carlos Casares. Ilustrísima.Ed. Galaxia, 1980. 3ª edición, novembro 1986, páx. 123-124.