Mostrando entradas con la etiqueta covas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta covas. Mostrar todas las entradas

lunes, 8 de mayo de 2017

Sal- tar

"con garantías de abondo de que nunca máis volvería a
                               bicar unha rapaza
                                 debaixo da plataforma dos cabaliños
                               baterlle a un alias compañeiro
                               escapar prás Covas
                               atopar unha pistola
                               ter arte e parte nun recuncho do perió-
                               dico reservado ós sucesos cotidianos
                               por culpa dun disparo

                               b
                                 a
                                    i
                                      x
                                         a
                                            r
                 
                               por Capitán Eloy
                               seguir pola rúa do Progreso
                               chegar as dependencias do club de tenis
                               espiar dende o carballo chamado dos espías


                               sal-

                                         tar"

Carlos Casares, Cambio en tres, ed. Galaxia, colección "Illa Nova", Vigo, 1969, 1ª edición, páxs. 63-64

domingo, 30 de abril de 2017

A mosca-fillo

"A mosca-fillo sinte un fío máis, un fío incómodo que se lle pega ó brazo dereito. Trata de apartalo, pero antes debe decir eu non roubei nada, atopeina nas Covas. (...)

  Vexamos logo ¿a qué hora chegaches ás Covas? Primeira verdadeira complicación. A mosca quere mover a ala dereita e comproba, aterrada, que a ten xa completamente inmóvil, presa entre delgadiños fíos de tela. Reconoce resiñada: "Pasei a noite alí". (...) "¿E qué facías ti de noite nas Covas?". A mosca-fillo sabe que a pregunta, de feito, quere decir por qué pasaches a noite nas  Covas, i apréstase a responder (...) e don Lucas foi á miña casa a decirllo ó meu pai e tiña medo de que me batera, entón fún dormir ás Covas.

  As Covas. De novo volvemos ó lugar dos feitos delictivos."

Carlos Casares, Cambio en tres, ed. Galaxia, colección "Illa Nova", Vigo, 1969, 1ª edición, páx. 42-43

sábado, 29 de abril de 2017

Unha pistola

"Eu sentéime na escalinata da porta do campo de fútbol i agardei hasta que apareceu. Traía unha botella de aceite na mau i ó verme pensóu que había lío.

 -Non, é que o Cachorro atopóu unha pistola.

  -¿Cómo?

  -Sí, nas Covas."

Carlos Casares, Cambio en tres, ed. Galaxia, colección "Illa Nova", Vigo, 1969, 1ª edición, páx. 33

viernes, 28 de abril de 2017

Luz

"Déitase de novo i ascende pola noite, escala o soño apuradamente, trepa con ansia á percura da mañá, buscando a luz i a 
                                        luz
fíxose, penetróu pola fiestra, aloumiñóulle o corpo, aclaróulle os neboentos recunchos do día anterior e marchóu ás Covas, porque ise era o pensamento que no instante o impulsóu a saltar da cama, a lavarse, a vestirse, a correr, a correr.

  Chegóu sin alento. O Cachorro estaba á porta das Covas, pegándolle patadas ás pedriñas, cas maus afondadas nos bolsillos, acumulado o sono nas olleiras.

-¿Dormiches?

Dixo non cun movemento de cabeza e púxose a andar cara ó interior das Covas."

Carlos Casares, Cambio en tres, ed. Galaxia, colección "Illa Nova", Vigo, 1969, 1ª edición, páx.32

jueves, 27 de abril de 2017

Quente, quente

"E sin darme tempo a falar, añadíu: "Marcho prás Covas". Cando dixo marcho prás Covas díronme ganas de matar ó Cascón. Iba didiante, chorando. Díxenlle: "Cascón, para ahí". Volveuse, qué queres, pero seguíu andando. "Cascón  - boteime a correr cara il-, dígoche que te pares ahí". Abríu os ollos, unhos ollos que me diron lástima, máis ben medo, non sei, i entón non quixen vélo e dinlle co puño no medio da cara, duro, con moita forza, ca raiba que sentía baixándome polo brazo, saltándome na punta dos dedos, engurrándome dende dentro, quente, quente. O berro que pegóu fixo máis fondo o negror da noite."

Carlos Casares, Cambio en tres, ed. Galaxia, colección "Illa Nova", Vigo, 1969, 1ª edición, páxs.28