Mostrando entradas con la etiqueta beira_o_barbaña. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta beira_o_barbaña. Mostrar todas las entradas

lunes, 28 de septiembre de 2015

Nota Preliminar

"A presente edición facsimilar de Beira o Barbaña está feita a partir da única edición que de tal título coñecemos: a que no ano 1894 sacou, como folletón, El Derecho. Os exemplares que de tal xornal nós manexamos, pertencen á colección que do mesmo se garda na biblioteca do mosteiro de Poio."

Francisco Álvarez de Nóvoa, Beira o Barbaña. Paisaxes, Ed. do Castro, 1993. Páx.CLIII da Introducción de Jorge Martínez Jiménez

domingo, 27 de septiembre de 2015

Beira d´o rio

"Cicais un dia ó topar esta coleuceon de paisaxes os lembres un á un... Son aqueles mismos que ch´eu describia aquelas tardes prácidas cando xuntos, collidos d´as maus, paseabamos baix´os avellanos pé d´o rio buscando eu paisaxes pintados n-o fondo d´a y-alma, escollendo aqueles...

  (...) Os lostregos roxizos sanguentos rasgaban as nubes riba nos espallando luces branquecinas, vocadas roxas que centelleaban n-o rio, rayaban os troncos, pintigaban as follas...

  (...) Á vista d´aquela cruceciña onde xuraras amor, mirando aquil arbre que cobixara á nosa dicha d´un vrau (...) aquela dicha que sentiamos ó falarnos de tu, os planos dibuxados n-area d´a nosa casiña, beira d´o rio..."

Francisco Álvarez de Nóvoa, "A unha muller", Beira o Barbaña. Paisaxes, Ed. do Castro, 1993. Edición facsimilar  a partir da única edición que se coñece: Ourense, 1894, Imprenta de "El Derecho". Páx.68-70-73

sábado, 26 de septiembre de 2015

Beira d´a Ponte

"Beira d´a Ponte xúntaselle ó Barbaña, é vai rubindo... rubindo, facendo couro c-o seu incesante barbullar as cántigas d´as lavandeiras y-os asubios d´o martín-peixeiro, pra esconderse despois n-unha pequena horta rebuxada entre mirtos é cinamomos, ameneiros é avellanos, parrales é froitales sombrizando un desbordamento de froles que embalsaman ó aire de cheiros qu´enlouquecen de perfumes que fan voar á imaxinación desgarrando fibras..."

Francisco Álvarez de Nóvoa, "¡Galicia!", Beira o Barbaña. Paisaxes, Ed. do Castro, 1993. Edición facsimilar  a partir da única edición que se coñece: Ourense, 1894, Imprenta de "El Derecho". Páx.65-66

viernes, 25 de septiembre de 2015

Ven de roubar ouro

"E ó Miño; ven de roubar ouro d´o Sil pra mercar paisaxes que convirtan seu Ourense n-a reina dos paisaxes... Mercoulle rios sempre cubertos de xigantesca techumbre d´esmeralda, prados cubertos de froles é perfumes, soutos escondidos, donde á bris conta ó sospirar n-as follas, cántigas d-amores, dóces tenrisimos coma os seus sospiros, piñeirales pra soñar escoitando queixumes, curutos xigantescos pra verse un pequeno n-o medio d´o conxunto, manchós de viña feitos de convulsas cobras medio encubertas con racimos d´ouro é brochazos verdes, torrentes de morogos, ameneiros é silvardes de doas tan lonxas coma os labeos d´as rapazas, é perfumes de rosas, xazmís e madreselva que fan d´a terra cheirante bucaro pra ll´ofrecer á un ceo sempre limpo, brilante sempre, cooreado por un sol que paresce n-o ceo xigant´esfera de ouro traida pol-o Miño, é redondeada á forza de bicar douradas guixas."

Francisco Álvarez de Nóvoa, "¡Galicia!", Beira o Barbaña. Paisaxes, Ed. do Castro, 1993. Edición facsimilar  a partir da única edición que se coñece: Ourense, 1894, Imprenta de "El Derecho". Páx.64

jueves, 24 de septiembre de 2015

Malicioso graxo que se ri n-os muelles

"A bahía, feita de cadradiños de coores ó cabrilleo d´as augas d´esfarrapadas siluetas de xeitosos buques, tranquio albergue de carrizos é gaviotas, haros é mascatos, malicioso graxo que se ri n-os muelles oubindo á sarten é comparse n-as puxas é caloteos ó chegar as minuetas encheitas de bulinte peixe.

  A Marola, Monte-Ventoso, ó Prioriño embozado sempre n-a grisácea brétema... é ó mar, ó mar libre, xigante, sin penedos que ó arañen nin prayas qu´o debiliten con garimosas caricias, sin cabrilleos de coores nin marrullerías de graxo."

Francisco Álvarez de Nóvoa, "¡Galicia!", Beira o Barbaña. Paisaxes, Ed. do Castro, 1993. Edición facsimilar  a partir da única edición que se coñece: Ourense, 1894, Imprenta de "El Derecho". Páx.63-64

miércoles, 23 de septiembre de 2015

D´a outra beira

"D´a outra beira, mais árbores mais viñas, mais eidos, pequenas hortas ó redor d´o pobo, é as casas d´este, d´a Valenzá, de brancas paredes é roxos balaustres n-os balcós, é negros buracos n-as ventás, confundíndose as unhas co-as outras pra que soilo s´erga d´entr´elas á eirexa co-a sua espadana de pedra é unha campá que vibra n-o espazo repinincand´á alegría ó bislumbrar ó bailoteo que ó sol d´o vrau enchera d´oleadas bribantes, ardentes com´as d´os ollos d´elas ó beilar á muiñeira..."

Francisco Álvarez de Nóvoa, "N-a campaza", Beira o Barbaña. Paisaxes, Ed. do Castro, 1993. Edición facsimilar  a partir da única edición que se coñece: Ourense, 1894, Imprenta de "El Derecho". Páx.42

martes, 22 de septiembre de 2015

Campaza de marelos tonos

"Senteime outra vez n-o balado é puxenme á miral-o paisaxe que un sol vivo enchia de oleadas de luz.
  N-a faldra d´a Farixa, viñas, balados, petoutos, é algunha que outra campaza de marelos tonos.

 Abaixo, un d´os brazos d´o Barbaña envolto en loga ringleira de árbores que bordean ó camiño de Barbadás, encharcado ás veces pol-as xugarretas d´o regato; algús pequenos soutos de castaños, sobreiras é carballos que saian d´entre os toxos, é tal ou cal tarreo labradio d´esmraldino verde encadrado n-os grisaceos marcos d´os balados."

Francisco Álvarez de Nóvoa, "N-a campaza", Beira o Barbaña. Paisaxes, Ed. do Castro, 1993. Edición facsimilar  a partir da única edición que se coñece: Ourense, 1894, Imprenta de "El Derecho". Páx.41-42

 

lunes, 21 de septiembre de 2015

As últemas sombras d´a noite

"Una escuridá páleda, una crarida sombria rachaba rib´á Farixa as últemas sombras d´a noite é ó empalidecer d´o ceo esborroaba ó titilar d´as estrelas que pouco á poco iban morrendo, pechand´os ollos ós primeiros esbozos d´alborada.

  O paisaxe, fatigado ainda d´o sono, espertaba lento, tembroroso, destacando apeas seus contornos, escurrentand´os borrós negros é avivand´os brochazos de luz pra difuminars´entre as brétemas que se desfaguian rubindo, rubindo en desfianchadas folepas ó curuto d´as montanas."

Francisco Álvarez de Nóvoa, "N-a campaza", Beira o Barbaña. Paisaxes, Ed. do Castro, 1993. Edición facsimilar  a partir da única edición que se coñece: Ourense, 1894, Imprenta de "El Derecho". Páx.39-40

domingo, 20 de septiembre de 2015

As ventás d´o Estetuto

"-¿.....?
 -E mais ten razón; esquecinme d´o almorzo.
 -.....
 -Si; é ó millor. Ahi xunt´o Posio votaremos unha copa... A mod´on que vai cair... Non si Dios quer, alborota tod´a Porta d´Aire c-os zocos... Como miran pra nos as ventás d´o Estetuto..."

Francisco Álvarez de Nóvoa, "N-a campaza", Beira o Barbaña. Paisaxes, Ed. do Castro, 1993. Edición facsimilar  a partir da única edición que se coñece: Ourense, 1894, Imprenta de "El Derecho". Páx.38

sábado, 19 de septiembre de 2015

O solar d´a raza

"Ó paisaxe é sempre ó mesmo, apeas si rompen á sua monotonía algus brabádegos, hastra chegar ó recodo que oculta ó pobiño que garda ó solar d´a raza, á mansión d´os abós, á imaxes d´o que foi, medeo estrombada xa coma ó que é... Ó dar á volta aparesce deitado n-a faldra d´o monte adormindose ós arrullos d´o Miño, sombrizado por piñeirales é alfrombado pol-os vinedos qu´erguendose sobre d´a corredoira lle fan tunel de verdura pol-o que ó sol non pode pasar mais qu´en fios tembrosos que vans´estrelar n-o chau formando pequenos circulos brancos coma brilante chuvia de lus..."

Francisco Álvarez de Nóvoa, "N-o solar", Beira o Barbaña. Paisaxes, Ed. do Castro, 1993. Edición facsimilar  a partir da única edición que se coñece: Ourense, 1894, Imprenta de "El Derecho". Páx.22-23

viernes, 18 de septiembre de 2015

Bordado de coores

"En riba, n-os curutos, penedos xigantescos ameazan despromarse, prendidos soilo por mau misteriosa que non paresce termar d´eles senon pr´a medroñar ó ánemo co-as suas moles de granito.

  Ó lonxe, escuetas montanas que á frol d´as uces tingue de mourados tonos, é algus brochazos verdes anunciando á proximidad d´o Avia bordado de coores."

Francisco Álvarez de Nóvoa, "N-o solar", Beira o Barbaña. Paisaxes, Ed. do Castro, 1993. Edición facsimilar  a partir da única edición que se coñece: Ourense, 1894, Imprenta de "El Derecho". Páx.22

jueves, 17 de septiembre de 2015

N-o medeo d´o rio

"Algun que outro tarreo de alcacen escondes´entre as viñas que, deitados en postes vellos, estrombados, ocultan-os n-un desbordamento de anchas follas é retortos pampos.

  Os muiños de pedra, n-o medeo d´o rio, fan-o biselar é soltan-o en crencha d´escuma que vai desfaguerse, esmaida é rumorosa n-aquela especie de lago que ó refris forma os seus pes."

Francisco Álvarez de Nóvoa, "N-o solar", Beira o Barbaña. Paisaxes, Ed. do Castro, 1993. Edición facsimilar  a partir da única edición que se coñece: Ourense, 1894, Imprenta de "El Derecho". Páx.22

miércoles, 16 de septiembre de 2015

Calado coma sempre

"Abaix´ó Miño, calado coma sempre, esbarando entre as guixas sin apeas marmuriar d´os seus dourados bicos, sempre terso é limpo pra refrexar azuados celaxes é verdosas sombras; en frente, á via, erguendose ás veces sobre macizos murallós, fundíndose outras n-os cortados montes, buscando sempre ó nivel pra non fatigar aquela máquena que prende as suas guedellas de fume n-os piñeirales coma sudario que aruñan as copas d´os pinos co-as suas agullas; eiqui á carreteira, apregandose ós montes, perdendose entre os soutos de castaños é ameneiros, sartand´os regatos que se rin baixo as arcadas, é sempre cobreando, cenguidose pra non perdel-o rio que ll´empresta frescuras n-as brisas é pracidas sombras n-os follatos."

Francisco Álvarez de Nóvoa, "N-o solar", Beira o Barbaña. Paisaxes, Ed. do Castro, 1993. Edición facsimilar  a partir da única edición que se coñece: Ourense, 1894, Imprenta de "El Derecho". Páx.21

martes, 15 de septiembre de 2015

Líneas perdidas

"O luar envolvia-o todo n-unha luz branquecina, é manchós brancos, d´unha brancura esmaida moteando os borrós escuros d´os follatos, trazaba lineas perdidas n-os troncos, puntos n-as polas, lostregos n-o rio, xigante coroa n-o ceo. A bris d´a noite chegaba con sopros tibios, modrorentos, rizando ó Barbaña, cubrindo-o de brilantes ó chispear d´a lua, é riba nos os sanguiños, ameneiros é avellanos axitaban n-as puntas d´as polas as pequenas follas, que tenguidas de branco é axitadas pol-a bris parescian millares d´anxeliños que barbullaban risas."

Francisco Álvarez de Nóvoa, "O Espertar", Beira o Barbaña. Paisaxes, Ed. do Castro, 1993. Edición facsimilar  a partir da única edición que se coñece: Ourense, 1894, Imprenta de "El Derecho". Páx.12-13

lunes, 14 de septiembre de 2015

Ondas mais esmaidas

"Inda hoxe non te podo espricar ó que sentin; parescia que todo cambeaba de aspeuto... parescia que os arboles se axitaban mais estremecidos, que as froles derrochaban á presas seus perfumes volvéndome tolo, arrastrandome á testa non sei á onde, que cada un de aqueles anacos separados pol-a imaxinación abria os brazos non sei pra qué... que ó Barbaña desfaguiase en ondas mais esmaidas rolando n-area cal si quixese estenderse n-as orelas pra mostral-o peito, niño de iñoradas bellezas que á min paresciame cobizoso d´emprestarme, é as últemas tintas d´o crepúsculo, que cuase morrera, paresceron revivir un instante pra mostrarme por ultema vez n-aquela tardiña á esborroada silueta d´Ourense baixo un ceo páledo, verdoso, tenguido ó lonxe de color rosa, d´un rosa soaviño, debre, coma ó rosado d´as xigantescas aas d´un anxel que viña pol-o Poniente..."


Francisco Álvarez de Nóvoa, "O Espertar", Beira o Barbaña. Paisaxes, Ed. do Castro, 1993. Edición facsimilar  a partir da única edición que se coñece: Ourense, 1894, Imprenta de "El Derecho". Páx.12

domingo, 13 de septiembre de 2015

Arrebuxado n-a túneca rousacea

"Eiqui tes teu presente ó teu pasado; ten presente ahi, esbozandose entre os follatos, ó niño d´ela cenguido de prata polo Miño, coroado d´esmeralda por Montealegre, arrebuxado n-a túneca rousacea de imparpable miudisimo porvo qu´espalla ó sol n-as últemas parpexadas... Eiqui teu pasado... ¿Non ves en cada un d´os anacos d´este curruncho algunha lembranza d´outros paisaxes, sospirar d´outras brisas, marmuriar d´outros regatos?..."

Francisco Álvarez de Nóvoa, "O Espertar", Beira o Barbaña. Paisaxes, Ed. do Castro, 1993. Edición facsimilar  a partir da única edición que se coñece: Ourense, 1894, Imprenta de "El Derecho". Páx.9

sábado, 12 de septiembre de 2015

Eiqui a bris é fresca

"-Ven; eiqui se sona é alá se sofre; eiqui á bris é fresca, alá, á sua beira, é ardente, non-afeita pr´os teus pulmos; eiqui podes oubir ó Barbaña que che contará tristuras ó bical-os ameneiros é risoños parrafeos ó esbarar riseiro entre as guixas que, ó rozalo, arrancan d´os seus flos as notas mais alegres y-os queixumes mais tristes...; teras un amigo á quen contar os teus amores, un hirmau que sinta coma ti porque tamen sentiu, un home que deixe esbarar as bágoas ó falar d´un neno que se sinte home..."

Francisco Álvarez de Nóvoa, "O Espertar", Beira o Barbaña. Paisaxes, Ed. do Castro, 1993. Edición facsimilar  a partir da única edición que se coñece: Ourense, 1894, Imprenta de "El Derecho". Páx.8-9

viernes, 11 de septiembre de 2015

O curazón naquizado

"Logo escomencei eiqui as escursiós beira d´o Miño, as visitas á cuna d´os abós, os paseyos pol-as ribeiras d´o Barbaña, as ardentes horas d´a sesta pasadas n-unha caracocha n-a sombriza conca d´o Loña, é por fin aquil cambeo brusco aquil doído espertar d´un curazon adormido ós arrulos d´a purisima bris d´a Natureza... As escursiós abandoadas, as cacerías esquecidas, os sonos desfeitos, ó curazón naquizado, os ollos sin paisaxes porque os esborreaban as bágoas, é por fin este currunchiño Beira ó Barbaña que ti me ofreciche decindome tristeiro."

Francisco Álvarez de Nóvoa, "O Espertar", Beira o Barbaña. Paisaxes, Ed. do Castro, 1993. Edición facsimilar  a partir da única edición que se coñece: Ourense, 1894, Imprenta de "El Derecho". Páx.8

jueves, 10 de septiembre de 2015

N-ardente atmósfera d´o vran

"A pesada maciza torre d´a Cratedal cuase ocultaba ó artistico cimborrio, é as duas xuntas apregadas, parescian servir de cimento ó torreon de San Francisco que somellaba esconder avergonzado seu campanario entr´os piñeiros de Montealegre e Penarredonda.

  Despois montes, pobos cuase perdidos en oleadas de verdura, escuros soutos, sombrizas veigas, é lumeiradas roxizas d´un sol ardente coroandoo todo con borbotós de purpura que parescian titilar n-ardente atmósfera d´o vran..."

Francisco Álvarez de Nóvoa, "O Espertar", Beira o Barbaña. Paisaxes, Ed. do Castro, 1993. Edición facsimilar  a partir da única edición que se coñece: Ourense, 1894, Imprenta de "El Derecho". Páx.6

miércoles, 9 de septiembre de 2015

Currunchos escuros, brochazos promizos

"Currunchos escuros, brochazos promizos, confundindose n-aquela baraunda d´estrombadas paredes, tellados tortos, chamineas imposibres agrupándose ó redor d´a Trinidá, nosa parroquea, a d´as campás alegres é sombrias torres que s´erguen altivas pra facer resartar antiquisima greca dibuxando ó páledo azur con trazos escuros, parduzcos, cal xigantesca coróa que alá, n-outros tempos cenguia n-os seus florós todo un pobo de creentes, todo un pobo d´heroes..."

Francisco Álvarez de Nóvoa, "O Espertar", Beira o Barbaña. Paisaxes, Ed. do Castro, 1993. Edición facsimilar  a partir da única edición que se coñece: Ourense, 1894, Imprenta de "El Derecho". Páx.6