Mostrando entradas con la etiqueta pazo_arzobispal. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta pazo_arzobispal. Mostrar todas las entradas

domingo, 22 de abril de 2018

Apuntándolles cos fusís

"Despois tiraron retratos polas fiestras e iniciaron unha marcha cara ó centro da cidade. Polo camiño obrigaron a pechar as tendas e comercios que atoparon no percorrido, ata a Praza Maior, onde os agardaba unha compañía de soldados situada entre o edificio da Casa do Concello e, o Pazo Episcopal, que os recibiu apuntándolles cos fusís."

Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul. Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 247.

miércoles, 28 de marzo de 2018

Desde o alto das escaleiras

"Soamente modificou a súa posición no momento en que Antonio Montero dixo que un dos asasinos procedía de Madrid, que viaxara expresamente para cometer o atentado e que estivera na cidade facendo os preparativos durante unha semana, seguindo as víctimas pola rúa para averiguar os seus costumes e evitar así calquera fallo. (...)

  Na manifestación que se organizou máis tarde, el ía en cabeza, ó lado do bispo e do coronel. Ela viuno pasar desde o alto das escaleiras do pazo episcopal."

Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul. Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 196.

jueves, 7 de septiembre de 2017

Forzas tebregosas

"Batérase a puñetazos por duas veces co director de La Verdad, a quen se refería sempre como "Cura honorario", e tiña enfilada a Sor Sabina. (...)

  A nota apócrifa de La Verdad fixéralle mal. (...)

  Pasado mañá, tal vez ao día seguinte, El Liberal publicaría en primeira páxina o desmentido: "O bispo da diócesis non condenou o cinematógrafo". Podía imaxinar fácilmente a interrogación que o redactor Vázquez engadiría debaixo das letras negras do titular: "¿Quén é entón o responsable da nota publicada hai días por La Verdad?". E a insinuación agardada: "Forzas tebregosas incrustadas no mesmo pazo episcopal poderían estar somentendo ao señor bispo a un cerco abafante coa intención inconfesable de alinealo coa superstición, a intolerancia, o fanatismo e a loucura". "

Carlos Casares. Ilustrísima.Ed. Galaxia, 1980. 3ª edición, novembro 1986, páx. 110-111.

lunes, 28 de agosto de 2017

Da calma mañanceira

"Saíu correndo, deu un par de voltas sin norte, abríu e pechou a porta da alcoba varias veces e por fin entrou no oratorio privado de Palacio. Unha pequena lámpara de aceite iluminaba aos poucos a escuridade barroca do interior. Un frio pechado e vello acentuaba a soedade conxelada da igrexa. Do alto da cúpula caía un rumor de paxaros medoñentos que rebotaban contra o silencio de pedra dos muros e do teito. Nin uns soio ruido chegaba da calma mañanceira  na que aínda adormecía o pazo a aquelas horas."
 
Carlos Casares. Ilustrísima.Ed. Galaxia, 1980. 3ª edición, novembro 1986, páx. 87-88.

viernes, 25 de agosto de 2017

Langueceron nos seus ollos

"A monxa saíu chorando. Ilustrísima mantivo aberta a porta hasta que víu chegar á escaleira principal. Camiñaba de presa. Desde alí volveuse a mirar. A tristura, quizáis a lástima infinita que naquel momento langueceron nos seus ollos, fixeron mais tebregosa aínda a escuridade centenaria dos interiores do pazo episcopal."

Carlos Casares. Ilustrísima.Ed. Galaxia, 1980. 3ª edición, novembro 1986, páx. 76.

martes, 21 de junio de 2016

As fulipas da sotana

"Xa era a noitiña cando cheguei ó Pazo Episcopal. Recibiume un secretario coa sotana chea de caspa.

  -Non se pode molestar á súa Ilustrísima. Retirouse xa ós seus apousentos.

  -Si, fíxoseme algo tarde. Polo que se ve chegaron as primeiras neves e eu sen decatarme.

  O secretario mirou o calendario da parede e non ás fulipas da sotana. Convencinme de que non era pública agradecido para os chistes, de modo que fun ó gran.

  -Véñolle falar dos crimes do Castro da Pavana. Quizais lle interese coñecer os detalles, antes de que se publiquen no Caso."

Bieito Iglesias, "A cruz de prata" en  miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.111-112

viernes, 17 de junio de 2016

Zalapastro

" -Hai razón, don Edelmiro. Despreocúpese, que xa rendarei un informe completo no Pazo Episcopal. A última vez que falei cun bispo foi na confirmación. Antes de untarme os óleos na fronte, preguntoume o catecismo. O quinto mandamento, acórdome ben. A resposta era breve. Agora teño moito máis de que falar. Só cos líos de saias podo darlle á lingua un día enteiro. No tocante ó ladrón e criminal, xa que o menciona, non creo que campe moito. Se é o que estaba na cova do adro, pareceume máis ben un zalapastro. Vese que non se esmeraron ó empanalo."

Bieito Iglesias, "A cruz de prata" en  miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.103

sábado, 18 de julio de 2015

Alí no espolón

"Despois eiquí, en pormeiro térmeno, a nova casa Consistorial, de ridículo aspeuto e máis ridículo interior, en  donde un salón máis alto que ancho, somella a foxa onde algús advenedizos sepultan os intereses do pobo, e fai resaltar a estreitez e angostura dos demais departamentos, adiantándose e deixando medio oculto o paláceo Arzobispal e a eirexa de Santa María.

  Alí no espolón algún que outro oceoso, ríndolle as gracias a certas nenas tan descaradas como malas língoas, ou mirando as bobadas dun tenorio de sombreiro de alas anchas e patillas á ingresa, que na súa ridícula pretensión pensa non hai rapaza que del non se namore, ou ben faguendo que os nenos bican, bótanlle froles ás niñeiras que os gardan."

Heraclio Pérez Placer,("Ánxel") Contos, leendas e tradiciós, 1891, Imprenta de El Eco de Ourense (Obra narrativa en galego, 1998, Centro Ramón Piñeiro, páx.279)