Mostrando entradas con la etiqueta Ouréns. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ouréns. Mostrar todas las entradas

domingo, 21 de septiembre de 2014

Xogando nas noites dos pazos

"Sandro Fioravanti tiña na mente un sistema perfecto de posibilidades. Fechado en si mesmo, o seu xadrez dotábase de elementos limitados e sometidos a unha orde abarcábel. Harmónica, xeada, xeométrica, era a súa unha estructura inmóbil. Ostentaba a beleza pedante das casuísticas morais de Port Royal e o abafante matematicismo da capela estucada de Monroy. Ser sería a metódica de saídas que Feixóo ou que Voltaire xogasen nas noites dos pazos, castelos e tertulias, latexantes de inquedanza e de futuro."

(Situado no ano 1840 na sáa de lectura do Casino de Ouréns)
Xosé Luis Méndez Ferrín, "Xeque-mate" do seu libro Crónica de nós, ed. Xerais, 1980, páx.73 da 1ªedic. en Colección Narrativa, 1992

Feixóo: Fray Benito Jerónimo Feijóo y Montenegro (1676, Casdemiro-Ourense, 1764, Oviedo)

sábado, 20 de septiembre de 2014

Cos ollos perdidos na ringleira do Teatro Crítico

"Da penumbra dun canto, xorde a masa harmoniosa de Carlota, Carlota Fioravanti, envolveita en veos pretos, cun corazón de brillantes sobre o escote de mármore. O cabaleiro, inclinándose sobre a man enmitonada de granate, mermuraba un comprimento e daba o fogo dos seus labres á cálida neve que se lle oferecía en cada dedo garnido de sortellas de ouro branco e raras pedras sen brillo. Os presentes ocuparon sofás, cadeiras, mouchos dispostos arredor da estufa. Acendéronse vegueros, coa venia de Carlota, que quedaba de pé cos ollos perdidos na ringleira do Teatro Crítico, tal vez saudosa dunha Enciclopedia ou dunha Historia Natural do Conde de Buffon."
(Relato situado no 1840 na sáa de lectura do Casino de Ouréns)

Xosé Luis Méndez Ferrín, "Xeque-mate" do seu libro Crónica de nós, ed. Xerais, 1980, páx.73 da 1ªedic. en Colección Narrativa, 1992

Padre Feijóo: autor do Teatro Crítico Universal