Mostrando entradas con la etiqueta estación_empalme. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta estación_empalme. Mostrar todas las entradas

viernes, 23 de octubre de 2020

En plena rúa

"Miss Chispatown tiña un sentido do humor envexable. Era a oportunidade que estaba agardando. (...)

Nas inmediacións da Estación Empalme varias leiteiras da Garda Militar impedían o acceso ao recinto e identificaban os transeúntes. Algúns deles estaban sendo cacheados en plena rúa."

Diego Ameixeiras, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 166.   

jueves, 3 de noviembre de 2016

Un pau-ferro

"-Eu estaba no Maracaibo. Telefoneu o Garza, pedíndome que fora ó Pazo polo Land Rover e que pasara pola rúa do Cuartel. Cando cheguei, a muller estaba histérica e o picapleitos frío coma un peixe.

  -¿A muller de quen?

  -Do Garza. Pillounos xuntos.

  -Ben. Metestes ó Rebollo no armario, e ti fixeches a mudanza. ¿Que foi da pistola?

  -Había dúas. A do Garza leveina eu e tireina ó río O avogado tiña outra, pero esa quedou don Pepito con ela.

  -¡Carágola! Debe haber un cargamento de 6,35 rodando por aí. O teu ferro saíu do mesmo sitio que os outros, supoño.

  -Hai as que se queiran na ferretería da Estación do Empalme.

  (...) Fun cun compañeiro fornido e un pau-ferro á ferretería da Estación e, si, había pistolas á rapañota -nove caixas sen estrear, camufladas entre rolos de arame-, e balas a esgalla nos cartuchos das puntas.

  Deixei ó compañeiro encargado de facer inventario e de precintar o negocio, e chegueime a Sobreiro. Hai tres pazos. Dous no Camiño Real, que atravesa o lugar, e outro á parte de arriba da estrada de Santiago. Este último é coñecido como o Pazo de Lagares. (...) Rodéaa un eido grande, coroado na estrema alta por penedos, e ofrece unha vista magnífica cara ó val de Ourense. (...)

  -Son moi hospitalario. Ademais, alégrame recibir visitas. Estou aillado do mundo. Ós amigos amárgalles coller o coche e saír da cidade, anque dende Ourense é un paseo. Pero entre e tome algo."
Bieito Iglesias, "O que enganan as iguanas" en  miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.160-161

miércoles, 25 de mayo de 2016

Púxoseme nas cornas

"Apeeime na estación do Empalme e, baixando as Caldas, púxoseme nas cornas visitar a barbería. Notaba os cañotos de dous días nas meixelas, e as guedellas proéndome nas orellas. O certo é que pedía sempre un corte enérxico, coa máquina do dous, de dentes tan afiados que serviría para arrincar os pés das patacas. O barbeiro confirmoume que os atracadores do almacén de sementes, situado dous portais máis abaixo, na mesma Avenida, fuxiran a pé."

Bieito Iglesias, "Miss Ourense" en  miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.67-68

martes, 29 de diciembre de 2015

Os soños sicalípticos

"Con dous narcotraficantes e dous guías detidos, e co Delirios pechado por trata de brancas, todos volviamos ser felices. Só pensaba en descansar seguido. (...)

 Outro taxi perdeuse entre o tráfico, esta vez cara á Estación Empalme. Despedinme desexándolles sorte ás dúas no periplo porno catalán, que empezaba superando de cheo todas as expectativas posibles, sobre todo tendo en consideración o nome do recinto ferroviario de onde partían os soños sicalípticos."

Diego Ameixeiras, Baixo mínimos, ed. Xerais, xuño, 2004, páx.171-172