Mostrando entradas con la etiqueta valenzá. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta valenzá. Mostrar todas las entradas

sábado, 9 de abril de 2016

A lume de pallas

"Non lle din tempo a desconfiar, tal vez sabía que lle andaba enriba, así que puxen cara de noxo cando me convidou a subir ás pousadas lóbregas daquela rúa, e propuxen a cambio un hotel de postín na entrada de Celanova. Acreditou na existencia do motel durante un treito de estrada. Deixamos moi atrás a Valenzá, e a rota volvíase agreste. (...)  O parrafeo e as evasivas sosegárona inda un pedazo pero, en chegando a Celanova, tiven que confesarlle o destino da viaxe. Revolveuse cal fera enxaulada e ollou a porta pensando seguramente en tirarse, de modo que pisei a fondo e non parei ata a caseta da alfándega da Magdalena. (...) Fose portugués, tal como sostiñan os do tricornio, ou español, segundo dictame dos guardiñas, o ofidio barreuse por un toxal, e nós emulamos a súa prudente determinación largando cara a Lindoso a lume de pallas."

Bieito Iglesias, "Luanda" en  miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.21-22

miércoles, 23 de septiembre de 2015

D´a outra beira

"D´a outra beira, mais árbores mais viñas, mais eidos, pequenas hortas ó redor d´o pobo, é as casas d´este, d´a Valenzá, de brancas paredes é roxos balaustres n-os balcós, é negros buracos n-as ventás, confundíndose as unhas co-as outras pra que soilo s´erga d´entr´elas á eirexa co-a sua espadana de pedra é unha campá que vibra n-o espazo repinincand´á alegría ó bislumbrar ó bailoteo que ó sol d´o vrau enchera d´oleadas bribantes, ardentes com´as d´os ollos d´elas ó beilar á muiñeira..."

Francisco Álvarez de Nóvoa, "N-a campaza", Beira o Barbaña. Paisaxes, Ed. do Castro, 1993. Edición facsimilar  a partir da única edición que se coñece: Ourense, 1894, Imprenta de "El Derecho". Páx.42

martes, 2 de septiembre de 2014

Coa moleira hai que andar con moito tino

"-Máis ou menos, só que coa moleira hai que andar con moito tino; é millor non a tocar. Cun golpiño poden morrer. Anque eu non soupen de ningún neno que morrera da moleira, díxose dun, da Valenzá, que escomenzara a esmorecer, a esmorecer, até que morreu sin doenza; porque disque a nai boa vaca sería, dormíase cun cóbado entalado na moleira do rapaz."

Eduardo Blanco Amor, Xente ao lonxe , páx. 137, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA).

sábado, 14 de diciembre de 2013

"La Pelana"

"Los hechos ocurrieron así: popularmente se conocía a la Pelana, propietaria de la casa de lenocinio más lujosa de Auria (...)

En los últimos tiempos su palidez se había extremado en pocas semanas, hasta adquirir un tinte amarillento, como pajizo, y sus ojos se habían ido hundiendo tras unas ojeras papudas y salientes, como de borracha. El rumor de que una grave enfermedad la minaba se hizo certidumbre cuando la criada del médico Corona dijo, en el lavadero público de las Burgas, que "la Pelana tenía un cáncer abajo.