Mostrando entradas con la etiqueta polvorín. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta polvorín. Mostrar todas las entradas

martes, 24 de noviembre de 2020

Co bandullo cheo

 "Co bandullo cheo estomballeime no sofá e descansei un chisco.

Acordei dúas horas máis tarde. Puxen a radio. Un avance informativo pedía paso con rotundidade.

"-A Garda Militar atopou esta tarde un cadáver flotando sobre o río Barbaña, no barrio do Polvorín, sen que ata o momento se coñeza o móbil do asasinato -dicía o locutor-."

Diego Ameixeiras, O cidadán do mes.  Ed. Xerais, 2006. Páx. 195.

viernes, 19 de enero de 2018

Mediante garrote

"Horrorizado polo crime e a sentencia a morte inevitable, o fiscal desapareceu durante varios meses, alegando enfermidade. O asunto descubriuse tres días antes da execución do desgraciado, que se levou a cabo no campo do Polvorín mediante garrote, cando unha monxa que acompañaba a unhas nenas que foron ver como os carpinteiros levantaban o patíbulo, dixo sen malicia que a don Anselmo López Penedo o vira ela en Barcelona había un par de semanas, onde asistía á misa diariamente na capela da orde."

Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul. Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 82-83.

viernes, 3 de julio de 2015

Unha colunia de negro fume

"Ó outro día os asustados labregos perguntábanse unhos ós outros o que aquela noite pasara.
Do castelo soilo había un montón de ruínas e do medio do río erguíase unha colunia de negro fume.

  O pobo deulle a tal síteo o nome do Puzo do Inferno.

  Despois puxeron este rústeco cruceiro que indo pró Polvorín está aínda entre o puzo da Sila e do Inferno, e cando nas tardiñas de vran, doces e sereas andan os rapaciños que se van a bañar en porranchiño ó pé do cruceiro, non falta vella que diga e asegure que por máis que outra cousa pareza, son anxeliños que manda a Sila pra pedir por D. Alonso."
Heraclio Pérez Placer,("O puzo do inferno") Contos, leendas e tradiciós, 1891, Imprenta de El Eco de Ourense (Obra narrativa en galego, 1998, Centro Ramón Piñeiro, páx.218-219)

viernes, 19 de junio de 2015

Non soilo son eu a cantarche

"Pero volvamos atrás, os dous ríos do Polvorín cínguente polo outro lado, un vén de cerca, e o outro vén das llanuras do Limia, cuios romaxes e tradiciós nos fai conocer ó xoven e simpático poeta Manuel Núñez, e dempois de dar mil voltas e revoltas xúntanse co outro, e formando o Barbaña, veñen morrer ós teus pés.

  Ourense, Ourense, pátrea de Feixoo, é tanta a túa galanura, inspiras tanto cos teus encantos, que de ti saen poetas a centos. Si cantas as túas penas esconsolos Carvaxal, aláudate e aléntate Ferreiro, en tanto que a bellísima Filomena chora dende Madril por non estar xunto a ti.

 ¡Salve, salve cibdá das Burgas, ninfa do Miño! Non soilo son eu a cantarche, outros sin ser teus fillos che cantarán tamén."

Heraclio Pérez Placer,("Ourensiño, meu Ourense) Contos, leendas e tradiciós, 1891, Imprenta de El Eco de Ourense (Obra narrativa en galego, 1998, Centro Ramón Piñeiro, páx.185/186)

jueves, 18 de junio de 2015

A pormeira muller que amei

"Polo outro lado cínguente os dous ríos do Polvorín, que esvarando entre cheirosas froles, baixo bóvedas de alboredas formadas por altos amieiros que entretexen a porfía as silveiras e os xamís, as madreselvas e as cepas, véñense a reunir mesmo beira das túas casas pra formar o marmurador Barbaña...

 ¡Ou! ríos do Polvorín, ríos queridos, alí onde vos xuntades formando unha especie de peninsuliña, alí naquela humilde chouza e naquela pequena horta, na que parece se deron cita tódalas froles dos xardís e tódolos paxaros do mundo, alí foi onde eu nacín, alí onde me arrulou a nai do curazón, alí onde conecín á pormeira muller que amei, alí... pero ¿pra que seguir, si cando me bañaba nas vosas craras augas conteivos tódolos meus sacretos?...

 Vós tamén sodes o símbolo dos homes.
 Corredes tranquíos polos verdes campos, brilando as vosas augas entre as herbas tremborosas e sourrindo con brando rumor hasta ó pé da cibdá, estonces os teus lindos cristaes, esnaquizánse no rodicio dos muíños, retórceste con furor, ximes con angustia, empórcaste nas inmundicias da vila e a túa fermosura desaparece pra sempre..."

Heraclio Pérez Placer,("Ourensiño, meu Ourense) Contos, leendas e tradiciós, 1891, Imprenta de El Eco de Ourense (Obra narrativa en galego, 1998, Centro Ramón Piñeiro, páx.184/185)

domingo, 31 de mayo de 2015

Un movimento envolvente

Heraclio Pérez Placer, Contos da terriña, Editor Andrés Martínez, A Coruña, 1895,
 páx.134-135 ("O Xeneral")