Mostrando entradas con la etiqueta concello. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta concello. Mostrar todas las entradas

martes, 24 de agosto de 2021

Asuntos de muerte

"Cuando acabó su cometido, la ciudad era un túnel negro perforado por los ojos de las ventanas aún abiertas; en el reloj iluminado del Ayuntamiento descubrió las diez y veinticinco. (...) Se preguntó en qué zona de la ciudad, un hombre (¿por qué un hombre?) estaría meditando como él en asuntos de muerte (pero no de ascensos), enredando sangres y tinieblas, afilando el cuchillo de la ira para sacarlo a relucir a la luz de la mañana siguiente."

José María Pérez Álvarez, Las estaciones de la muerte. Duen de Bux, Ourense, 2008. Pág.50.

 

viernes, 20 de noviembre de 2020

Un xuntaletras

 "-Non perdas o tempo con caralladas. Só a un toleirán como a ti lle dá por pensar que un xuntaletras de base pode derrubarlle o tenderete a un home coma Sousa, ou acusalo de promover media ducia de asasinatos. O Bombilla traballou hai anos no gabinete de prensa do Concello, o Foro pola Democracia financia un suplemento cada mes e os anuncios das empresas de Sousa chegarían para pagar o soldo de media redacción. ¿En que mundo vives? Pensei que eras máis raposeiro."

Diego Ameixeiras, O cidadán do mes.  Ed. Xerais, 2006. Páx. 188.

sábado, 19 de septiembre de 2020

Coa leria

 "-(...) Unha noite apareceu Ricardo coa leria de que nos pagarían moito máis se formabamos unha banda e nos enfrontabamos aos comandos do GIA da Ribeira Sacra. Aquilo pareceume moi perigoso para min, xa que eu formara parte dun grupo de apoio e era moi coñecido no ambiente. Así e todo, aceptei. Era moito diñeiro.

-Entendo que Sousa pensara en financiar a Guerra Sucia porque lle debía favores ao Concello, pero non que pensara en vostede ou nos seus empregados para formar a banda."

Diego Ameixeira, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 113. 


martes, 8 de septiembre de 2020

Vía libre

 "-Os terreos onde se está construíndo o Centro Comercial Milenio foron recualificados polo Concello -dixo-. Estaba considerado zona verde, mais o Partido Estatutario modificou o Plan Xeral de Ordenación Urbana e deulle vía libre a Sousa. (...)

-(...) Os activistas do Comando Peares din que ten algúns homes que andaron a tiros cos nosos na Ribeira Sacra."

Diego Ameixeira, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 93.

domingo, 16 de agosto de 2020

Na voráxine

 "Vinme metido na voráxine sen decatarme de que se me facía imposible recuar, así que non tiven outra opción que camiñar coma nun desfile ata a Praza Maior, onde o Foro pola Democracia situara un escenario diante da Casa do Concello.

Non se collía e ninguén lembraba tal demostración de forza. "¡GIA asasinos, GIA asasinos!""

Diego Ameixeira, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 57.

domingo, 26 de julio de 2020

Notas discordanes

"Pero había notas discordantes. A veciñanza máis cabreada dicía que o Milenio era un horrible mamotreto de cinco plantas edificado nunha antiga zona verde que xa nunca sería un gran parque onde tomar o fresco e enredar co teu sobriño. O solo comercial estaba case todo vendido, e non precisamente a empresas locais. O concello recualificaba os terreos para "favorecer a creación de postos de traballo" e ..."

Diego Ameixeira, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 32.

domingo, 6 de mayo de 2018

Unha raiola

"Era unha velliña pequena e delgada, que a ela lle pareceu que tiña visto outras veces na rúa, sempre co veo cubríndolle unha parte do rostro e un misal de pastas marróns collido na man. (...)

  Poucos minutos despois, cruzando a Praza Maior, ela pensou que a calor do día resultaba abafante e buscou con ansiedade a sombra dos soportais do Espolón. As terrazas dos cafés estaban cheas de xente e diante da escalinata da Casa do Concello, un grupiño de nenos que tiñan pintada unha raiola sobre o pavimento de pedra xogaban baixo a vixilancia pouco dilixente de catro criadas vestidas de uniforme que falaban entre elas."

Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul. Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 264-265.

domingo, 22 de abril de 2018

Apuntándolles cos fusís

"Despois tiraron retratos polas fiestras e iniciaron unha marcha cara ó centro da cidade. Polo camiño obrigaron a pechar as tendas e comercios que atoparon no percorrido, ata a Praza Maior, onde os agardaba unha compañía de soldados situada entre o edificio da Casa do Concello e, o Pazo Episcopal, que os recibiu apuntándolles cos fusís."

Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul. Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 247.

lunes, 5 de marzo de 2018

A retirada do Cristo das escolas

"Ninguén na cidade se atrevería a mencionar unha soa acción reprobable ou degradante levada a cabo por aquel mozo no exercicio da súa actividade pública. O mesmo fiscal se viu obrigado a retirar da acusación unha das bases nas que descansaba a forza incriminatoria do seu discurso: que Antonio Salgado París fora o responsable de que os bombeiros disolvesen coas mangueiras de auga a un grupiño de mulleres que se manifestaron diante do concello, tocadas as cabezas cos veos e portando os misais e os rosarios nas mans, para protestar contra a retirada do Cristo das escolas."

Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul. Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 156.

sábado, 3 de febrero de 2018

O ton picante da salsa

"Cando aínda Antonio Salgado París non rematara o relato, que ambos escoitaran en silencio, el interrompeuno para dicirlle que aquelo que estaba contando carecía de calquera gracia, nin sequera a que lle podía dar o ton picante da salsa con que pretenderan aliñala no concello, referente ó aspecto físico do novo prelado, un home intelixente e culto (...).

  Transcorridos uns segundos de silencio incómodo, Antonio Salgado París pediu disculpas e dixo que non tivera intención ningunha de molestar, que se limitara a reproducir o que escoitara no concello e na xastrería, pero sen ánimo de ofender."

Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul. Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 105.

viernes, 2 de febrero de 2018

Un pándigo afeccionado á boa mesa

"Pouco despois de que Antonio Salgado París se sentase, empezaron a falar da noticia que dominaba aqueles días a vida da cidade: o novo bispo que acababa de chegar a diócese procedente de Valladolid. (...) Por outra banda, escoitara dicir no concello que o novo prelado tiña o aspecto dun pándigo afeccionado á boa mesa, pouco amigo do latín e menos da teoloxía, e en ambiente próximos á xastrería eclesiástica de Bermello comentábase que ó novo bispo o nomearan (...) como pago a uns favores que había anos lle fixera ó señor Ministro de Gracia e Xustiza, de quen fora compañerio de escola."

Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul. Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 104.

sábado, 27 de enero de 2018

Aquel preboste republicano

"Veo por último uns anos despois, o día da proclamación da República, ó lado do conselleiro Sebastián Fábrega Parrado no balcón da casa do concello, mirando con asombro como aquel preboste republicano, grande e barrigón, en vez de botar o discurso que lle reclamaba a xente que enchía a praza, dixo que ía fumar diante de todo o mundo un puro habano que lle regalara Alfonso XIII nunha visita á cidade, e a quen lle prometera gardalo para o día en que chegase tan esperada ocasión."

Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul. Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 101.

domingo, 1 de mayo de 2016

Da outra banda do río

"...os seus país baixaran da parte de Lugo non había tanto. Labregos pobres expulsados pola mellora. O pai mercou unha casopa pequena e empezou a gañar a vida cavando as cepas dos contornos do barrio, e abrindo pozos -ó arrabaldo non chegaba a traída-, ata que o empregaron no servicio de lixo do Concello. (...)

  Despois, comenzou a viaxar en haiga e xa nada se soubo das súas ocupacións. Na chabasqueira non paraba, e tampouco se lle vía polas rúas da Ponte. Facía vida da outra banda do río, no centro de Ourense."

Bieito Iglesias, "Miss Ourense" en  miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.39-40

domingo, 17 de abril de 2016

O moi conán

"E non sei tampouco como lles sentará ós xefes de Madrid o conto, se llo meteron no cu. Prohomes de Ourense, país irmán que precisa soldados para que os pretos non se manden mudar e Portugal non fique pequenito. ¡Ca, mal asunto!

  -Pero a vostede non lle vai nin lle vén. ¿Que quere? ¿Diñeiro?

  -Quero que o Ourense suba a segunda dunha vez, e con presidentes coma vostede... ¿Sabe por que o convidei precisamente aquí? Olle o río, esa auga escura. É o pozo Maimón, onde veñen parar e saen á cima os afogados. Todos os veráns dous ou tres bañeses afogan no río e terminan aquí o solago. ¿Comprende?

  O Tostão ergueuse e deixoume sen dicir palabra. Nin sequera pagou o xantar, o moi conán."

Bieito Iglesias, "Luanda" en  miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.28

sábado, 3 de octubre de 2015

As bandeiras do consistorio

"Pedín un café negro. As bandeiras do consistorio ondeaban aínda a media hasta. Nos últimos tres meses, o Grupo Independentista Armado (GIA) asasinara sete persoas: catro gardas militares, dous maxistrados e un concelleiro da corporación municipal. "Unha dura ofensiva sen precedentes"."

Diego Ameixeiras, Baixo mínimos, ed. Xerais, xuño, 2004, páx. 20

sábado, 18 de julio de 2015

Alí no espolón

"Despois eiquí, en pormeiro térmeno, a nova casa Consistorial, de ridículo aspeuto e máis ridículo interior, en  donde un salón máis alto que ancho, somella a foxa onde algús advenedizos sepultan os intereses do pobo, e fai resaltar a estreitez e angostura dos demais departamentos, adiantándose e deixando medio oculto o paláceo Arzobispal e a eirexa de Santa María.

  Alí no espolón algún que outro oceoso, ríndolle as gracias a certas nenas tan descaradas como malas língoas, ou mirando as bobadas dun tenorio de sombreiro de alas anchas e patillas á ingresa, que na súa ridícula pretensión pensa non hai rapaza que del non se namore, ou ben faguendo que os nenos bican, bótanlle froles ás niñeiras que os gardan."

Heraclio Pérez Placer,("Ánxel") Contos, leendas e tradiciós, 1891, Imprenta de El Eco de Ourense (Obra narrativa en galego, 1998, Centro Ramón Piñeiro, páx.279)

jueves, 9 de julio de 2015

As murallas da cibdá

"Despois dela fortes pinceladas, escuras, cincentas, negros brochazos de sombra que formaban as murallas da cibdá e algunha que outra raxa de craridá nos ángulos salentes do tellado e nas cruces dos campanáreos.

  A sangue xiábase nas veas e xa se iba sintindo adormecer polo frío, con ese sono terribre que fai despertar na eternidá-

  De súpeto ergueu a cabeza, escoitou un anaco, e púxose de pé, trémula, degorante.

  Pola costa do Concello baixaba cantando un home a media voz e nela creeu reconocer o acento dalgunha presoa amada."

Heraclio Pérez Placer,("A virxen do Carme da Burga") Contos, leendas e tradiciós, 1891, Imprenta de El Eco de Ourense (Obra narrativa en galego, 1998, Centro Ramón Piñeiro, páx.263)

martes, 2 de diciembre de 2014

O ataúde agardaba

"Blanco Amor tamén fora para alí. Morrera en Vigo na madrugada do día 1 de decembro e o seu cadáver foi trasladado doce horas despois ao Hospital Provincial de Ourense. Pasou o día e a noite seguintes  nun corredor do depósito. Ás oito da mañá do día 2 foi trasladado a un dos negociados (do Concello) e, durante dúas horas, velouno unha improvisada garda de honra.

 Aquel negociado non era un bo sitio a pesar de prumaxes e galas. Houbo presións para levar o cadáver ao Salón de Honra (do Concello) e corrixir o desaire da noite pasada. "Nin siquera Risco ou Otero estiveron alí"- berraron algúns-. "Tampouco estiveron debaixo dun calendario agrario ou dun anuncio de Nitrato de Chile, nin tiveron a bendición  do capuchino dos pronósticos", ironizaron os máis cínicos.(...)

 "...ollábamos os movemento cada vez máis nerviosos na porta do Concello. A xente apiñábase e o ataúde ía saír dentro de moi pouco. (...) A caixa, ao lombo de voluntarios, viña envolta na bandeira galega e nas radicacións de rezos. O crego, o hisopo nunha man e os libros dos rezos na outra, tiraba do cortexo.