Mostrando entradas con la etiqueta rockclub. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta rockclub. Mostrar todas las entradas

jueves, 10 de septiembre de 2020

Pecados

 "A cidade estaba tranquila e parecía satisfeita cos seus pecados. Tomei unha cervexa e cheguei ao Rock Club co ánimo anovado. Porter inxería cubatas con esa avidez tan característica dos xornalistas con problemas de autoestima."

Diego Ameixeira, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 95.

sábado, 5 de septiembre de 2020

Gárdame o segredo

 "-Déchesme unha copia das chaves a última noite que nos vimos no Rock Club. ¿Non te lembras?

Pois era verdade.

-Non me lembro, xa sabes que esa noite bebín demasiado. ¿Decatouse o teu amigo?

-Es un fillo de puta, Horacio.

-Estou de acordo, mais non o publiques. Gárdame o segredo."

Diego Ameixeira, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 84.

martes, 25 de agosto de 2020

Preto das termas

 "-Pasado mañá tocan os Death Folkies no Rock Club, ¿anímaste?

-Pode ser. Pero se vén a Charo dille da miña parte que non se pase co perico, que logo non hai quen a ature.

-Un respecto.

-¿Estiveches no enterro do garda militar?

-Non, eu tamén tiven un imprevisto. Outro morto na chavasqueira, un fulano que durmía preto das termas."

Diego Ameixeira, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 67.

sábado, 8 de agosto de 2020

Sereas

 "Segundo me confesara baixo coacción unha das súas amantes máis indiscretas, nunca lle facía falta combater o mal alento matutino con mentolados de farmacia. A pesar de sufrir hernia de hiato e un formidable refluxo gastroesofáxico, cada vez que bicaba as sereas do Rock Club exhalaba gardenias e Happy Dent frescor instantáneo por xeración espontánea."

Diego Ameixeira, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 45. 

domingo, 19 de julio de 2020

Vinchocas na planta dos pés

"-Foron uns nenos que andaban xogando por aquí. Pero pensei que as cousas erean deles. Como apañaron unha camiseta e uns pantalóns que tiña dentro da mochila...

-A miña camiseta do Rock Club e os meus pantalóns, quererá dicir.

A muller non respondeu e regresou ao bocadillo. Os chachos desapareceran, así que volvín á casa en bañador e descalzo. Impúxenme a penitencia de dar un longo paseo e o alcatrán adoecido da estrada dos Peares levantoume vinchocas na planta dos pés."

Diego Ameixeira, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 20.

miércoles, 30 de septiembre de 2015

A primeira calada

"A primeira calada, xa co cerebro máis clarexado, retrotraeume á madrugada pasada e pensei que a miña espesura mental podía recuar sen esforzos, mais non foi así. Só lembraba ter visto a Marina no RockClub, invitala a varias copas e falar polos cóbados de cuestións intrascendentes."

Diego Ameixeiras, Baixo mínimos, ed. Xerais, xuño, 2004, páx. 12