Mostrando entradas con la etiqueta sandiás. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta sandiás. Mostrar todas las entradas

miércoles, 7 de febrero de 2018

Alancando por riba dunhas sebes

"Agora mesmo,  esa voz afilada de navalla aínda se escoita na rúa, diante da casa. De pé onda a porta, o administrador fala con don Felipe Marquina, o señor de Sandiás, que quere saber se é certo, como se di, que na raia de Portugal, pola parte de Lobás, viron este ano o xabaril, desaparecido da comarca hai máis de vinte anos. Cóntalle o administrador que el andou por alí a semana pasada acompañado do cura de Faramontaos, ambos coa escopeta ó lombo e sete cans, pero que non viron nada que se parecese a un xabaril, a non ser o lobo, que a ese si o sorprenderon na fraga de Gudes, alancando por riba dunhas sebes."

Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul. Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 113-114.

jueves, 21 de diciembre de 2017

Escacharlle a cabeza

"...aínda sen armas nin xente, ata que conseguiu entrar en contacto con outra banda que operaba pola parte de Xinzo de Limia, capitaneada por Carmen de Sandiás, que levaba canda ela a dous fillos pequenos, un deles de non máis de dez anos. Foi precisamente a un destes rapaces, tal como explicou o comandante Eloi, a quen el mesmo lle salvou a vida, e non o capitán Sánchez, como se dixo, despois de que fose capturado o  día dos sucesos do cuartel nun portal da Praza das Mercedes, cando o inspector Ferreiro, nervioso pola tensión que acababa de pasar, parecía disposto a escacharlle a cabeza dun disparo."

Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul. Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 47-48.

domingo, 30 de agosto de 2015

Pé da torre

"...porque o lance que motiva estas liñas ocorreume en Xinzo.

  Saímos para alá ó outro día ben humorados e contentos, atopamos no camiño bos compañeiros que agardaban por nós, e xuntos pasamos pé da torre de Sandiás que reflexa a triste e venerable silueta nas desertas e mortas augas da lagoa de Antela."

Francisco Álvarez de Nóvoa, "De Entroido", Pé das Burgas, 1896. (Desta edición, Biblioteca de La Voz de Galicia, 2002) páx.103