Mostrando entradas con la etiqueta festas minervais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta festas minervais. Mostrar todas las entradas

viernes, 24 de junio de 2016

Festas minervais

"Ao longo dos séculos XVI e XVII celebráronse ao longo de toda España diferentes certames literarios que contaron, en ocasións, coa asistencia dos mellores escritores do momento: Lope de Vega, Góngora... Xa anotamos que, diante de semellante circunstancia, apenas temos noticia dunha certa vida intelectural en Galiza. En todo caso, coñecemos que Santiago de Compostela chegou a organizar festas literarias -alén das de 1697- en 1662 e, xa no setecentos, en 1713; da súa parte, Ourense contemplou unha celebración semellante por volta de 1713. Infelizmente, non conservamos nin o nome dos autores nin, moito menos, os textos presentados nos mencionados sucesos e/ou noutros que se puidesen conformar."

 Ramón Pena, Xosé. Historia da literatura galega I (Das orixes a 1853), ed. Xerais, Vigo, 2013, páx. 382