Participantes en Allariz |
Do 29 de outubro ao 1 de novembro de 2004 tivo lugar en Ourense e Allariz o XXI Encontro de escritores galegos, vascos e cataláns sobre, como non podía ser de outra maneria, a relación entre a cidade e a literatura. Porque poucos lugares saben da íntima relación que hai entre as letras e os espacios urbanos como a nosa Auria. Baixo o título "A cidade e as palabras" escritores dos tres ámbitos lingüísticos reflexionaron sobre a relación que existe entre certos espacios urbanos e a obra de destacados escritores. Vigo, Xerusalén, Tréveris, Shanghai, Nova Iork, Bilbo, Cerdanyola del Vallès, Durham, Edimburgo, Saint Andrews e cidades soñadas e imaxinadas, e, por suposto, Auria, foron protagonistas deste encontro a tres bandas, ou mellor dicir, a tres linguas.
Lembramos aquí unha das conclusión daquel Encontro:
Lembramos aquí unha das conclusión daquel Encontro:
- Instar aos concellos de todas as vilas e cidades para que contribúan a unha presenza viva e real dos seus escritores/as.
No concello anfitrión non estaría de máis que a lembrasemos máis a miúdo.
As distintas conferencias foron recollidas na revista "Grial Cadernos" correspondente a nadal de 2004.
No hay comentarios:
Publicar un comentario