Mostrando entradas con la etiqueta instituto. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta instituto. Mostrar todas las entradas

viernes, 5 de marzo de 2021

Autoridade argalleira

 "Fai só unhos meses, Manoliño presencióu nunha rúa de Vilaredebós cómo don Antonio, por brincadeira, lle tiraba do xenio a un tal Eloi. Este Eloi xa non é mozo, pero rufa coma si o fora. Na provincia de Ourense o Eloi é casi tan famoso coma un diputado, nos tempos en que había diputados. Esta popularidade venlle de ter sido bedel no Instituto ourensán; un bedel que o sabía todo, que arranxaba todo e gobernaba todo. Fora noutro tempo ordenanza do Instituto Cardeal Cisneros de Madrid. E como ao fin e ao cabo Madrid sempre é Madrid, esta circunstancia dáballe ao Eloi moita vara alta no Instituto ourensán, onde chegóu a ser pra os estudantes unha autoridade argalleira, caciquil e simpática.

 O Eloi ten hoxe outro destino en Ourense, pero vai a miudo a Vilardebós."

Silvio Santiago. Villardevós, Ed. Galaxia. Biblioteca Básica da Cultura Galega,  nº 40; 1982. Páx. 82-83.

domingo, 3 de febrero de 2019

Saco e Arce XXXV


O xoves 22 de novembro a Real Academia Galega celebrou no Instituto Otero Pedrayo de Ourense os 150 anos da publicación da Gramática de Saco e Arce cunha homenaxe ao seu autor. Distintas charlas e unha pequena exposición arredor de linguista ourensá no mesmo instituto foron os únicos actos celebrados en toda Galicia.
Placa no Instituto Otero Pedrayo

martes, 8 de enero de 2019

Saco e Arce IX


Juan Saco Maureso. "Don Juan Antonio Saco y Arce. Vida y Obras". En Gramática Gallega por D. Juan A. Saco y Arce. (Presbítero. Catedrático en el Instituto de 2ª Enseñanza de Orense). 2ª edición. Gráficas Tanco. Orense (José Antonio-20), 1967.

lunes, 7 de enero de 2019

Saco e Arce VIII



Juan Saco Maureso. "Don Juan Antonio Saco y Arce. Vida y Obras". En Gramática Gallega por D. Juan A. Saco y Arce. (Presbítero. Catedrático en el Instituto de 2ª Enseñanza de Orense). 2ª edición. Gráficas Tanco. Orense (José Antonio-20), 1967.

miércoles, 14 de noviembre de 2018

"Estúpidamente por amores"

"Paseaban incansables por el puente, con la esperanza de verla asomarse a la galería, bajar hasta el muro de la huerta..., le escribían en común: largas cartas en las que, sobre todo, campeaba la lealtad de su litigio y donde siempre daban por sentado que ella sería para uno de los dos, sin admitir ni la más remota posibilidad de un tercero. (...) Y no comprendían cómo el profesor de Literatura del Instituto podía decir, refiriéndose a Larra, que se había suicidado "estúpidamente por amores"."

Julio López Cid. El Río. Duen de Bux, Ourense,  2008. Pág.43

martes, 6 de noviembre de 2018

Rumoroso, espumante

"Por la tarde, en el Instituto, presumían ante los compañeros: "Nosotros fuimos esta mañana, y ¡está buenísima!".

  Por mayo, iban ya casi todos los días. El río venía muy crecido todavía, pero en las presas de los molinos se atenuaba la corriente y no había peligro si no se acercaba uno al extremo por donde rompía el cachón, rumoroso, espumante."

Julio López Cid. El Río. Duen de Bux, Ourense,  2008. Pág.33

sábado, 5 de mayo de 2018

Unha velliña vestida de negro

"Ó abandonar o Instituto, dirixiuse cara a Rúa de Colón, na dirección oposta á seguida por aquela multitude excitada. O barullo que armaba a xente aglomerada diante da verxa do patio exterior, esperando algo que ninguén sabía o que podía ser, chegáballe polas costas como un rumor festivo, igual que os berros e as voces que ela sentía desde a cama polas noites, cando era rapaza, e aínda non na deixaban ir ó baile das verbenas do verán. Seguiu andando e, diante da igrexa da Trindade, unha velliña vestida de negro, cun veo escuro tapándolle a cabeza..."

Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul. Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 264.

viernes, 4 de mayo de 2018

Unha riada de xente

"Fóra da sala, no mesmo vestíbulo do Instituto, a xente seguía esperando, agora falando en voz alta. Algunhas mulleres trataban de achegarse a un dos corredores que rodeaban o paraninfo por detrás, onde un grupo de soldados no permitía o paso de ninguén. (...) As señoras botáronse a correr cara á porta principal do Instituto e saíron á rúa, en dirección do xardín do Posío. Case ó mesmo tempo produciuse un movemento de nerviosismo colectivo na multitude que agardaba, e unha riada de xente seguiu ás mulleres."

Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul. Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 262-263.

jueves, 3 de mayo de 2018

Un sorriso

"Nese momento, a preguntas do fiscal, respondeu que el mesmo fora testemuña de como Antonio Salgado París, na véspera do asasinato do párroco de Regualde, dixera en plena rúa, diante de máis de cen persoas, que aquel cura era un obstáculo obxectivo para o progreso da boa causa dos traballadores. (...) Tiña ela os ollos cravados nos pelos rebeldes do cogote do acusado e esperaba que Antonio Salgado París se volvera para enviarlle un sorriso, igual que sucedía cando estudiaban naquel mesmo Instituto, na aula do piso de arriba que estaba pegada á biblioteca."

Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul. Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 260.

martes, 1 de mayo de 2018

Os pensamentos escuros

"Aquel parecido cun animal que a ela sempre lle resultara divertido serviulle despois, durante anos, para rachar os pensamentos escuros que tantas veces a asaltaban. Por exemplo, o día que o escoitou declarar no xuízo de Antonio Salgado París. Estábao vendo no paraninfo do Instituto, agardando o turno entre as testemuñas, todas situadas á esquerda da sala."

Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul. Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 259.

martes, 10 de abril de 2018

Decisións dolorosas

"Un argumento parecido utilizaríao el uns meses máis tarde no discurso que pronunciou no paraninfo do Instituto, poucos días despois do xuízo de Antonio Salgado París. Ela lera o resume no periódico. Cando chegou ó párrafo no que dicía que ás veces había que tomar decisións dolorosas coas persoas para salvar a vida dun país, preferiu pechar o diario. Era no verán e ía calor. Sentada no butacón, imaxinouno a el falando detrás daquela mesa de madeira que ocupaba o estrado do citado paraninfo, coa tea encarnada de veludo servíndolle de fondo e con aquel Cristo enorme, de rostro gris e apagado, colgado por riba da cabeza."

Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul. Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 229.

lunes, 5 de febrero de 2018

Un riso

"A melancolía que lle producen os recordos de Antonio Salgado París non lle impide que aínda se ría agora ó recordar as historias do xastre Varela, non tanto pola gracia en si do personaxe, como pola reacción inconsciente que provoca nela a evocacións duns instantes nos que o seu compañeiro de Instituto, por primeira vez en moitos anos, aparece vinculado coa alegría. É un riso que durante algún tempo consegue mantela distraída, cega por completo para todo canto sucede agora mesmo na casa de en fronte."

Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul. Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 106.

viernes, 26 de enero de 2018

Xerseis grosos de colo alto

"Ela segue lembrando a Antonio Salgado París, de quen recobra unha enxurrada de imaxes felices que ata agora dera por perdidas para sempre. Veo, por exemplo, facendo o papel do capitán don Álvaro de Ataide nunha velada teatral no Instituto, vestido cun vistoso uniforme de época (...).

  Pode velo tamén paseando polos corredores do Instituto, vestido cuns chamativos xerseis grosos de colo alto, un deles de cor granate e cun espectacular cervo branco debuxado no centro do peito. (...) Está vendo as cores del ó escoitar aquelas palabras e o sorriso franco e comprensivo, pero tamén o desconcerto que fixo que lle caesen os libros que levaba debaixo do brazo, unha circunstancia que aproveitaron todas para achegárense e rodealo, ata que pasou o director do Instituto e pediulles ás alumnas, falando a berros e indignado, que fixeran o favor de entrar na aula inmediatamente e comportarse como verdadeiras señoritas."

Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul. Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 100-101.

miércoles, 24 de enero de 2018

Naqueles instantes finais

"Sempre que se acordaba do seu compañeiro de bacharelato, só conseguía recordalo naqueles instantes finais, cando ela abandonou o paraninfo do Instituto e o seu amigo seguía de pé diante do tribunal militar, agardando algún trámite burocrático, quizais botar unha firma ou darse por informado do que lle acababan de comunicar. Aquel día, sen embargo, despois de ler o artigo no que se aludía a Dostoievski, Antonio Salgado París recuperou dentro dela o rostro alegre dos anos anteriores, cando paseaban en pandilla polas rúas da parte vella da cidade ou cando ían todos xuntos, os compañeiros de curso, a bañarse no río nos veráns, ou cando no mes de xuño, durante as festas de Corpus, acudían polas noites ás verbenas do Posío."

Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul. Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 98-99.

domingo, 17 de diciembre de 2017

A profundidade do pozo

"Faloulle desta novela por primeira vez durante o verán do ano 132, unha tarde que chegaron paseando pola beira do Miño ata o chamado Pozo Maimón, situado nunha curva ampla e pechada do río, onde as augas están sempre negras aínda en días transparentes e azuis, remansadas igual que se formasen un lago pequeno e a corrente se detivera alí para descansar e deixara de fluír. Sentados nunha pedra á beira da auga, sobre o mesmo muro que soporta a vía do ferrocarril, el dixo que lle oíra contar ó seu avó Arturo, en ton de burla, que en diversas ocasións quixeran medir a profundidade do pozo, primeiro os propios paisanos do lugar, empregando cordas e sedeños, e máis tarde un grupo de profesores do Instituto, e que en ambos casos e noutros moitos que se intentaron despois por parte de curiosos e afeccionados, fora imposible conseguilo."

Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul. Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 44.

miércoles, 13 de diciembre de 2017

Un espírito mesquiño e resentido

"Non se trataba máis que dun amigo, pero sentía polo seu compañeiro de Instituto un afecto que non lle permitía pasar por alto aquela alusión, na que ela adiviñaba un espírito mesquiño e resentido. Non era a primeira vez que tiña unha experiencia semellante con outros homes, empeñados sempre, quizáis contra a propia vontade, en exhibir uns sentementos tan simples cando se falaba daquel rapaz, todo porque Salgado París era fermoso e agraciado."

Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul. Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 32-33.

martes, 12 de diciembre de 2017

Ameaza escura e grisalla

"O día estaba gris, coa ameaza escura e grisalla dunha chuvia que non chegou a caer, e no camiño de ida, cos cabalos a paso, foron falando de amigos comúns e do pouco que un sabía do outro ata entón. Ambos coincidiran na casa de Pepita Varela, na rúa de Santo Domingo, había tres anos, nun baile no que ela ía acompañada por Antonio Salgado París, compañeiro de clase no Instituto."

Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul. Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 32.

lunes, 27 de noviembre de 2017

Unhas botas de coiro de cana alta

"Do primeiro a penas sabe o que todo o mundo comenta, que nos primeiros días do alzamento matou a varias persoas na parte de Xinzo, entre elas a un viaxante do comercio, dique só para quitarlle unhas botas de coiro de cana alta que levaba. Ó inspector Ferreiro coñéceo algo mellor: foi el quen o veu avisar de que o administrador das terras de Sabucedo andaba en malos pasos, ademais de que ten estado de visita na casa, unhas veces por encargo do gobernador civil, outras para facerlle preguntas sobre espiritismo, que é a paixón deste home. O manco Tejada foi compañeiro seu no Instituto, cando eran rapaces."

Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul. Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 18.

sábado, 17 de octubre de 2015

Na cancela do parque

"Todo ía sobre rodas -para min- ata que na cancela do parque apareceu un rapazolo que lle dedicou varios acenos á raíña do instituto. Un dez en psicomotricidade. Imaxinei que se trataría dun código deses persoais e intransferibles, porque o gachó adoptou maneiras de orangután recén chegado de Sumatra e entendéronse os dous caralludamente."

Diego Ameixeiras, Baixo mínimos, ed. Xerais, xuño, 2004, páx.44

viernes, 16 de octubre de 2015

Enconicada nun dos bancos

"Dirixinme ao xardín do Posío. A primeiras horas da mañá o parque estaba tomado por xubilados e rapazolos que decidiran copar as clases, todos uns mangallóns moi mantidos.(...)

  Foi entón cando distinguín a Helena, enconicada nun dos bancos do paseo central. A visión desacougoume. Apreixaba os xeonllos cos brazos, aterecida pola friaxe, e fumaba un canuto despreocupadamente, allea aos comentarios dalgúns alumnos moi aplicados -tamén de bo dente- que se dirixían ao instituto."

Diego Ameixeiras, Baixo mínimos, ed. Xerais, xuño, 2004, páx. 40