Mostrando entradas con la etiqueta xose lois rúa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta xose lois rúa. Mostrar todas las entradas

jueves, 17 de diciembre de 2020

Eternamente escura


   Xosé Lois Rúa, O tránsito da auga. inédito, 1996-1998. Apud Ourense, craro río, verde val, escolma de Marcos Valcárcel. Colección Auria nº 4, Concello de Ourense, 2001. Páx. 118. 

domingo, 27 de abril de 2014

Silgar, en inverno...

Silgar, en inverno,
é un paxaro escuro
penetrado de loito
que fuxe do sol cara a penumbra
e retorna, como Ícaro, ferido e mutilado.
Silgar en inverno, de noite,
estremece entre as ondas e o vento
que acosa impaciente os pequenos cantís
e arrastra a area, mar adentro,
para deixar a semente da morte
lonxe da praia, entre as quenllas.
E o seu rumor chega ata Auria,
ós arredores de Viria ou Cambalán,
húmida tamén de enchentes e de ventos.

Xosé Lois Rúa, Elexías de Orfeo, novembro-decembro 2000, inédito
(Extraído do libro: Ourense, craro río, verde val; escolma de Marcos Valcárcel
Concello de Ourense, marzo 2001, páx. 130)