Mostrando entradas con la etiqueta campo das bestas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta campo das bestas. Mostrar todas las entradas

martes, 26 de agosto de 2014

A sablazo limpo

`"(que todos se botaban á rúa e non traballaban, e chamábanse folgas na fala do país, e facía pouco corréramos os xendarmes dacabalo, que foi a primeira vez que se viu; e que non andaban con coñas, a sablazo limpo, vaia tíos da nai que, como si foran estranxeiros, e botáronos do Campo das Bestas, onde se axuntaban, e acabouse a folga, que gobernaban os conservadores)."

Eduardo Blanco Amor, Xente ao lonxe , páx. 119-120, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA).

viernes, 29 de noviembre de 2013

Socorrito, a tola



“Pro cando tiñamos pasado a Ponte Maor...” páx.91

“Ó pasar de novo polo cumio da Ponte Maor, veume ós miolos un pronto de “pensamento”, tan súpeto e fero, que a pouco pego un brinco polo petril pra tirarme ó río.” Páx.92

“Ó chegar á outra banda da Ponte, o Milhomes trouxo da taberna do Sancristán, que xa estaba a porparar pra a feira do día sete, que é alí pertiño, que xa axiña escomenzarían de chegar os feirantes, dúas boas botellas de augardente, que boa falla nos facían pra non esmorecer.” páx.92

“Iamos por uns carreiros apartados que se entraban polo meio das viñas das aforas...” páx.95

“A teima que levara durante todo o día, e aínda máis forte desque viñera a noite, era de tere que estar con muller, de iso non o podiamos apartare” páx.96

“De sócato Xan...meteuse a caminar por unha verea que atravesaba a finca do Abade das Vellas... Foi diste modo como chegamos ó Campo das Bestas que vén sere, coma vosté me enseña, o logar onde os varrendeiros van baleirar o cisco da cibdá.” páx.97 

“No meio do campo o terreo vén a formare un illó ou lagoíña, bastante fonda, que aló fan as augas chovedizas... Agora estaba xeada entre as moreas do esterco e brilaba coma un espello embazado, polo gallo da lúa, que xa cuase desaparecera tras o monte de Santa Ladaíña pro que aínda lle apañaba un retrinco.” páx.98 

“Nun alpendre que aló hai, un pouco alonxado da beira do campo do cisco, e meio tapado por uns bidueiros novos, vivía Socorrito, a tola...” páx.98

“O ceio estaba limpo e caía a rabiar a xiada. Do terreo erguíase unha fumaza ou brétema que quedaba a pouco altor i escomenzábanse a vere, polos cumios do Montalegre, as luzadas, aínda moi borrallentas, do mencer.” páx.101 

  Eduardo Blanco Amor, A esmorga. Ed. Galaxia, 14ª edición, xaneiro 1995, Vigo.