Mostrando entradas con la etiqueta esmorga auria. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta esmorga auria. Mostrar todas las entradas

viernes, 29 de marzo de 2013

A Esmorga (1959)

Esta novela de Eduardo Blanco-Amor representa a obra máis importante na que a cidade de Ourense adquire protagonismo principal. A novela representa unha viaxe pola cidade de Auria de tres personaxes -O Bocas, o Milhomes e o Cibrán- que nunha noite de esmorga recorrerán gran parte das rúas de Ourense creando un universo literario arraigado para sempre na cidade.

A obra foi publicada por primeira vez no ano 1959 en Buenos Aires na editorial Citania e constitúe a primeira novela en galego do seu autor. A súa importancia é capital dentro da historia da literatura galega xa que inicia a narrativa moderna na nosa lingua.

 
Primeira edición con portada de Luís Seoane














Auria, unha cidade para camiñar

Ruta literaria pola cidade de Auria (Ourense) seguindo o percorrido que o Cibrán, o Milhomes e o Bocas fan na novela  A Esmorga (1959) de Eduardo Blanco-Amor.
  
TRAMO 1: “A CASUPA DA RAXADA”: Pazo dos deportes – As Burgas    40-50 minutos


TRAMO 2 : “O GRANDE PAZO DOS SEÑORES DO CASTELO”  As Burgas – Xardín do Posío                     1 hora e 45 m. – 2 horas e 15 m.

TRAMO 3: “A CASA DA NONÓ”: Xardín do Posío - Praza de Alférez Provisional 45m – 1h


TRAMO 4: “A DONA DOS ANDRADA”: Praza de Alférez Provisional – Ponte Romana    40 – 50m

TRAMO 5: “DE SOCORRITO, A TOLA”:  Ponte Romana – outras cidades invisibles, ou de novo Auria.  Tempo: todo o que desexemos

  



Ruta de A Esmorga do Concello de Ourense  en 8 paradas (só polo casco vello)