Mostrando entradas con la etiqueta mariñamansa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta mariñamansa. Mostrar todas las entradas

domingo, 20 de septiembre de 2020

Non moi segura

 "-Non me entendeu ben, Horacio. -Basuco fixo unha pausa e colleu aire-. Nós xa traballamos para Sousa. A súa construtora levantou unha urbanización de luxo en Mariñamansa. Os pisos non se vendían porque a xente comentaba que a zona non era moi segura."

Diego Ameixeira, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 113.

viernes, 18 de septiembre de 2020

Medo no corpo

 -(...) Alguén do oficio comentoume que andaba recrutando xente para facer uns traballiños por Mariñamansa, así que aceptei. Non tiña elección. O choio consistía en meterlle o medo no corpo a algúns balas perdidas que paraban nun solar preto dunha urbanización de luxo que se acababa de construír. Persoalmente, nunca pasei dalgún disparo ao aire, mais algúns dos meus compañeiros colléronlle gusto ao xogo e mallaban nos fulanos por simple diversión."

Diego Ameixeira, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 112.

jueves, 18 de diciembre de 2014

É perigoso...

"E que non faría nin tres horas (que acabaran de tocar a alzar na misa do Cabildo) trouxéranlle de parte de don Manolito do Boente, iste papeliño que eiquí traio: "Agradeceríalle fose mañá, a iso das seis, ao mesón da Cristalina, xa se sabe, en Mariñamansa. Séntase na mesa de pedra que está embaixo da parra cabo do pendello que alí hai, e agarde a miña chegada, que xa sopoño que a rapaza lle falou de min. Interésalle, e será millor pra todos, que vostede veña e non diga nada a ninguén, é perigoso..."

Eduardo Blanco Amor, Xente ao lonxe , páx. 218, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA)

viernes, 5 de septiembre de 2014

Quien-te-picó-la-berza-quien-te-picó-que-aparezca

"que me torcera a vida, que eu non podía saír e xuntarme cos outros rapaces, nin ir ás trastadas, nin xogar á pisca, nin ao marro, nin a quien-te-picó-la-berza-quien-te-picó-que-aparezca, nin a botarse sentados nunha lata pola Barrouca da Alameda abaixo, nin ir aos ríos pequenos, á Sila, ao Pozo do Inferno;
 e si era tempo, ás arrasadeiras da froita polo Saltodocán, pola Rabaza, por Mariñamansa."

Eduardo Blanco Amor, Xente ao lonxe , páx. 145, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA).

jueves, 14 de agosto de 2014

Lambedelas aseñoritadas

"Volvinos atopar á saída do traballo (teño o taller de modelado en Mariñamansa) xa cansos, cedendo e recobrando os postos, todos iles co mesmo modo tristeiro, ouseso, pro xa sin espranza, coasi poético. Ían polos baixos do Posío, por frente á Fonte do Picho. A cadela do Aser e da Severa, diu dúas ou tres lambedelas aseñoritadas na auga do caño, como si o fixera de comprido, e os outros beberon a eito na pía, escangallados, enlarafuzados, sedentes de verdade."

Eduardo Blanco Amor, Xente ao lonxe , páx. 99, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA).

sábado, 28 de junio de 2014

Polas rúas soedosas

"Votei polas rúas soedosas, polas prazas baleiras. Derrubeime nun banco do xardín do Posío. Guindei a chaqueta. Tiña noxo de todo, do traxe enrugado, da camisa suada, das botinas cheias de po, desamalloadas... Non se me ía dos ollos, tan leda, tan levián... ¿Onde andaría?

 Dempois de moito cavilar veume a ideia de que tiñan que estar no Cumial. Enrabecheime de que non se me tivese ocurrido denantes... Malia a que as botas novas encetáranme os pés, collín pola carretera de Mariñamansa, coasi á carreira.

 Ó chegar perto de Seixalvo, a xente xa viña de volta, rexoubeira como fora."

Eduardo Blanco-Amor, Os Biosbardos, ed. Galaxia, 1962, 12ª edición, "O estreno", páx.85

martes, 12 de noviembre de 2013

A casupa onde vive a Raxada...



Ponte Pedriña, no lugar da actual Ponte de Ervedelo

“A casupa onde vive a Raxada, desque se foi da casa da Monfortina por mor do pequecho, quedáralle dos pais cunhas leiras darredor, que vendeu cando se puso ó trato. Está máis aló de Mariñamansa, así que eu tiña que saír con noite pra estaré as sete da maña en Ervedelo que é, como vostede me enseña, por onde veñen as obras da carreteira, que eu traballo alí, a par da ponte que están erguendo a todo bulir pra que poida pasar o diputado, que disque vén o mes que vén, co gallo das eleiciós...”


      Eduardo Blanco Amor, A esmorga. Ed. Galaxia, 14ª edición, xaneiro 1995, Vigo.  páx. 14

Fotografía tomada de ourensenotempo