Mostrando entradas con la etiqueta francisco prieto. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta francisco prieto. Mostrar todas las entradas

lunes, 17 de noviembre de 2014

"La Ilustración Española"

"Por medio dunha fotografía realizada no momento da inauguración da estatua, enviada á redacción da revista "La ilustración española y americana", realizouse este gravado que acompañaba a crónica publicada na mesma publicación. A imaxe, remitida por Pereiro Rey fora tomada  polo fotógrafo Francisco Prieto. Este era natural de Ourense e prezábase nos anuncios da época de ser o primeiro en abrir un estudio fotográfico nesta cidade, establecemento denominado como "La luz universal", en realidade quizais o primeiro que se estableceu de forma fixa e empregou a iluminación artificial para o retrato fotográfico.

  A imaxe recolle a expectación e a masiva afluencia de xente reunida para o acto, moita dela protexida con parasoles debido ao intenso sol que lucía. As crónicas da xornada recollen a expectación e emotividade con que se desenvolveu. É o caso do relatado por Pardo Bazán, que presente o día da inauguración, narra como algunhas das persoas asistentes se axeonllaban e recitaban un nosopai diante da estatua. Pola súa banda, García Ferreiro, nunha crónica para un xornal, recollía a destacada emoción dun dos presentes: "Un hombre lloraba en aquel momento al ver realizadas ilusiones perseguidas por él con enividiable constancia: D. Manuel Pereiro Rey, presidente de la Comisión del centenario".