Mostrando entradas con la etiqueta xogos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta xogos. Mostrar todas las entradas

sábado, 6 de marzo de 2021

Pura brincadeira

 "Nos tempos de Manoliño os rapaces e rapazolos de Vilardebós xogaban un xogo distinto cada mes. Por tempadas xogábanse aos ladróns, ao marro, ao pión, ao pino, á porca...

 O xogo dos rapaces no mes de maio eran os paxaros e as frores; e o seu campo de aución era o adro da igresia e a igresia mesma. Non quer dicir que pra os rapaces de Vilardebós as cousas da igresi foran pura birncadeira."

Silvio Santiago. Villardevós, Ed. Galaxia. Biblioteca Básica da Cultura Galega,  nº 40; 1982. Páx. 87-88.

viernes, 11 de mayo de 2018

Axotaban batendo as palmas

"Era un muro encalado, cunha barriga no medio,. Naquela protuberancia, que podía servir de asento para unha persoa delgada, cando ela xogaba no patio do cuartel coa filla do capitán Basalo, nas vacacións, había sempre lagartixas deitadas ó sol, que elas axotaban batendo as palmas para colocar alí os cacharriños das cociñas de xoguetes."

Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul. Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 267.

martes, 1 de agosto de 2017

Por entre as bambinelas

"Gustáballe mirar a rúa e o campo por entre as bambinelas. A vista que desde alí se lle ofrecía, recordáballe a que podía contemplar a través do balcón da sua casa de Mondoñedo. Ao lonxe, por riba dos tellados, o río e os choupos. Mais perto, un ir e vir de xentes enloitadas e tranquilas, pequenos coros de cregos e coengos facendo tertulia no medio da rúa e nenos e nenos xogando con aros e con paus, saltando á churra o botando a sortes os papeles de Xusticias e Ladróns."


Carlos Casares. Ilustrísima.Ed. Galaxia, 1980. 3ª edición, novembro 1986, páx. 31-32.