Mostrando entradas con la etiqueta Posío. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Posío. Mostrar todas las entradas

miércoles, 23 de septiembre de 2020

Devagar

 "Seguino ata o Posío, montou no coche e dende alí iniciamos un instrutivo traxecto que nos levou pola estrada de Ponferrada. Eu conducía devagar o meu coche de aluguer deixando que o Regueira se arredara, mais sen perdelo de vista. Ía unha noite perfecta para procurar acubillo no Auriense escoitando a Jeff Buckley -Last goodbye, por suposto-. Chegamos preto da Derrasa e o Regueira minorou a velocidade."

Diego Ameixeira, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 119.

martes, 22 de septiembre de 2020

Un antro bastante acolledor

 "Parei varias noites no Albaroke. Era un antro bastante acolledor preto do Posío, unha magnífica tobeira para espíritos felizmente descarreiriados. Regueira non aparecía, así que unha de dúas: ou andaba ciscado pola calor ou abastecérase por unha boa tempada."

Diego Ameixeira, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 117.

miércoles, 24 de enero de 2018

Naqueles instantes finais

"Sempre que se acordaba do seu compañeiro de bacharelato, só conseguía recordalo naqueles instantes finais, cando ela abandonou o paraninfo do Instituto e o seu amigo seguía de pé diante do tribunal militar, agardando algún trámite burocrático, quizais botar unha firma ou darse por informado do que lle acababan de comunicar. Aquel día, sen embargo, despois de ler o artigo no que se aludía a Dostoievski, Antonio Salgado París recuperou dentro dela o rostro alegre dos anos anteriores, cando paseaban en pandilla polas rúas da parte vella da cidade ou cando ían todos xuntos, os compañeiros de curso, a bañarse no río nos veráns, ou cando no mes de xuño, durante as festas de Corpus, acudían polas noites ás verbenas do Posío."

Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul. Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 98-99.

viernes, 25 de diciembre de 2015

Cimbreque desaforado

"O día do seu antolóxico regreso aos cuadriláteros, o Caimán de San Francisco tombara en só corenta e cinco segundos ao Depredador de Viñoás. Seica Penide saltara ao ring moi baldado, xa que a noite anterior tivera que cumprir con catro meretrices da Peroxa moi libertinas, amigas de chupar cámara e do cimbreque desaforado nas posturas máis abstrusas. Afectáralle o esforzo. O Caimán, exultante logo de coñecer a sentenza do xuíz que o exculpaba de atracar o Champion do Posío cun estilete, só tivera que cumprir cun gancho de esquerda errado e un dereitazo destrutor."

Diego Ameixeiras, Baixo mínimos, ed. Xerais, xuño, 2004, páx.167

domingo, 20 de diciembre de 2015

Zigzagueando

"Non me quedaba outra opción. O seguinte destino conducíame á casa de Silvia Puga, se é que non me recibían a balazos.  Acelerei a fondo por Ervedelo e a piques estiven de levar por diante un operario do servizo de limpeza, que traballaba no acondicionamento da zona, aínda coas secuelas da festa independentista.  O fulano dedicoume xenerosas faltadas, todas moi comprensibles agás á que se referiu á miña potencia sexual, pouco decorosa. Derrapei e fun dar de cu cunha sucursal bancaria da Avenida de Portugal. Avancei en dirección prohibida ata o Progreso, zigzagueando entre os coches, e pisei a fondo ata o Posío."

Diego Ameixeiras, Baixo mínimos, ed. Xerais, xuño, 2004, páx.153

domingo, 4 de octubre de 2015

Onde me agardaba

"O bufete de Seivane achábase preto do Posío, na mesma vivenda familiar onde me agardaba a súa muller. Descoñecía se traballaba e se ía querer recibirme en momentos tan delicados, así como  se estaba ao tanto das miñas intencións."
Diego Ameixeiras, Baixo mínimos, ed. Xerais, xuño, 2004, páx. 21

domingo, 20 de septiembre de 2015

As ventás d´o Estetuto

"-¿.....?
 -E mais ten razón; esquecinme d´o almorzo.
 -.....
 -Si; é ó millor. Ahi xunt´o Posio votaremos unha copa... A mod´on que vai cair... Non si Dios quer, alborota tod´a Porta d´Aire c-os zocos... Como miran pra nos as ventás d´o Estetuto..."

Francisco Álvarez de Nóvoa, "N-a campaza", Beira o Barbaña. Paisaxes, Ed. do Castro, 1993. Edición facsimilar  a partir da única edición que se coñece: Ourense, 1894, Imprenta de "El Derecho". Páx.38

martes, 8 de septiembre de 2015

Morría o sol afogado

"Morria o sol afogado por aquelas nubes roxizas, sanguentas,  que rachaba ó espallar d´os rayos en xigantescos xirós pra bordalos de miudísima filigrana de prata n-aquil mar de roxo é purpura apeas rayado por feixes naranxados que se iban perder alá lonxe, n-o páledo verdoso azur d´unha tarde d´estio.

  Buracos dentados pol-os follatos deixábannos ver entre o ramaxe lumeiradas n-os cristaes d´as vidreiras, rousadas tintas n-as primeiras casas d´o Posio, borrós escuros n-os árbores d´o Xardín que n-a branca parede d´o escomenzado Estetuto trazaban as suas siluetas rixidas, recortadas e axigantadas pol-a prespeutiva hastra tocar n-o ceo."

Francisco Álvarez de Nóvoa, "O Espertar", Beira o Barbaña. Paisaxes, Ed. do Castro, 1993. Edición facsimilar  a partir da única edición que se coñece: Ourense, 1894, Imprenta de "El Derecho". Páx. 5

jueves, 30 de octubre de 2014

Más derecho

"Hay que descender rúas encostadas o seguir desde la Huerta del Concejo el camino de las puentes de los
Pelamios y la Sila, el que sigue a Noalla. Las Burgas interesan vivamente al joven Feijóo. Brotaban en una especie de foso descuidado entre malezas, desperdicios y agitación constante de mujeres y chiquillería. Las aguas sobrantes corrían entre huertos al río de la Barbaña.

  Para ir a Allariz, sin embargo, no tenían necesidad los viajeros de descender a Las Burgas y seguir el camino de Noalla. Pues más derecho es el del Posío. Dejando atrás la rúa popular del Pelouriño, o por la Puerta da Aira, saludando a la iglesia y abadía exenta de la Trinidad, el camino entre huertos de altos muros se dirige por Seixalbo a subir en dos tiempos la diferencia de altura entre el valle del Miño y el del Arnoya. Las cuestas del Cumial y de Taboadela significan dos graderías o resaltes que es necesario vencer. Orense, autorizado por sus torres religiosas, brillantes de sol los peñascos de Montealegre, se rinde a la pereza de la breve tarde. Es prudente pasar el Cumial en pleno día. Se van despidiendo los viajeros del paisaje de Orense que parece más hondo al insinuarse la niebla vesperal en el sentido de correr de los ríos. Respiran un ambiente más alto, de más franco invierno, en la llana tierra de La Rabeda, de centenos y prados, cruzan el Barbaña al lado de los célebres mesones de

jueves, 14 de agosto de 2014

Lambedelas aseñoritadas

"Volvinos atopar á saída do traballo (teño o taller de modelado en Mariñamansa) xa cansos, cedendo e recobrando os postos, todos iles co mesmo modo tristeiro, ouseso, pro xa sin espranza, coasi poético. Ían polos baixos do Posío, por frente á Fonte do Picho. A cadela do Aser e da Severa, diu dúas ou tres lambedelas aseñoritadas na auga do caño, como si o fixera de comprido, e os outros beberon a eito na pía, escangallados, enlarafuzados, sedentes de verdade."

Eduardo Blanco Amor, Xente ao lonxe , páx. 99, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA).

viernes, 16 de mayo de 2014

As botinas do comercio

"Eles levaban morceguís, como os dos paisanos, deses que se mercan na feira do 7, untados de grasa, ou zocos cando chovía, que, tal como decían, mantiñan os pés quentes como roxós. En troques a min as botinas do comercio, decote furadas no meio da sola, collíanme auga no tempo das chuvias, que era coasi todo o inverno, tendo que ire dende a miña casa, na rúa dos Fornos, até a escola de balde que era no Posío, tapado con pariaugas de muller, o da miña nai, xa moi vello, que se daba volta co vento, aínda que fose pouco, e facía rir a todos.

  (...) Tamén teño que decir que a señora Fermina non sabía ler nin escribir, pro levaba moi ben as contas, moi polo miúdo, nuns coadernillos, dos da letra inglesa, que me mandaba mercar na librería do Resvié."

Eduardo Blanco-Amor, Os Biosbardos, ed. Galaxia, 1962, 12ª edición, "O noxo", páx. 29

lunes, 18 de noviembre de 2013

O pazo dos señores do Castelo



“Ó fin chegamos ó souto da cima, onde estaba o grande pazo dos señores do Castelo.” páx. 44

“Andivemos unhas pasadas e entramos polo portelo da horta.” páx.45


“Entramos moi a modo, pasando por tras uns carros, pra que non nos visen dende a casa que estaba ó outro lado dun curro grandeiro coma unha praza, con pendellos a carón cheios de aperos de labranza.” páx.45

“Lume, lume, lume.  Apañamos a roupa coma poidemos, e aínda non tiñamos metidos os pantalós, cando aparesceu na porta un cabaleiro de polainas cun vergallo na mau. Recuamos e sortimos pola fiestra baixa que daba ó camiño. Eisí, meio híspidos coma estabamos, botamos a alandillar pola encosta do monte e non paramos até o souto dos castiñeiros onde rematamos de vestirnos, baixando logo coasi a rebollós até darmos na carreteira nova. Alí tomamos folgos, descansando un bo anaco. Logo, pegando un arrodeo, fumos parar ós arrabaldos do Posío, cerca da ponte da Burga.” páx.54


  Eduardo Blanco Amor, A esmorga. Ed. Galaxia, 14ª edición, xaneiro 1995, Vigo.

martes, 12 de noviembre de 2013

A taberna da tía Esquilacha



Cerámica de Costa e Torres ilustradas por Manolo Figueiras

“Conque, vai e collimos pola carreteira abaixo, co Milhomes uns pasos atrás de nós. Ó chegar perto do Posío entramos na taberna da tía Esquilacha...”

“Arrecendía, ademais, ós chourizos asados e ó viño novo, que xa se vía que tiña boa chispa co só ollarlle as burbullas a desgaxarse en canto caía nas cuncas...”


  Eduardo Blanco Amor, A esmorga. Ed. Galaxia, 14ª edición, xaneiro 1995, Vigo.  páx. 24/25