Mostrando entradas con la etiqueta sil. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta sil. Mostrar todas las entradas

sábado, 10 de julio de 2021

Aureana do Sil

 "As areas de ouro aureana do Sil
son as bagoas acedas que me fas chorar ti
Si queres ouro fino aureana do Sil
abre o meu corazon tés de atopalo ali.

Co que collas no rio aureana do Sil
mercaras cando moito un amor infeliz
Para dar c' un cariño verdadeiro has de vir
enxoitar os meus ollos aureana do Sil."

Texto: Ramón Cabanillas.

Música: Federico Mompou.

Máis información. 

Versión interpretada por Laura Fernández Alcalde (soprano) e Aurelio Viribay (piano).

 

lunes, 3 de diciembre de 2018

Lugares frecuentados

"Hicieron un viaje a La Coruña, a unos cursillos de Acción Católica. La vía férrea sigue el curso del Miño hasta Los Peares; allí, lo cruza para continuar por la orilla del Sil. Iban tres del grupo. No se cansaban de mirar el paisaje. Reconocían los lugares frecuentados en sus paseos. !¡Mira! ¡Allí! ¡Ahora...!". (...)

  Pasaron el viaducto de Los Peares y se adentraron en la cuenca del Sil."

Julio López Cid. El Río. Duen de Bux, Ourense,  2008. Pág.62-63

miércoles, 20 de diciembre de 2017

Onde permaneceu agachado

"Estando o administrador no Bar París cun grupo de amigos dixo que o asunto do incendio non fora certo e que todo o mundo sabía que se tratara dun asalto perpetrado por xente da partida de Raúl. Deste último comentou asimesmo que non era un atracador, senón un comunista de Barra de Miño que se vira obrigado a botarse ó monte o mesmo día que empezou a guerra, cando un concelleiro daquela localidade disparou as balas de tres cargadores dun subfusil contra a fachada da súa casa; razón pola cal, á mañá seguinte, Raúl fuxiu con dous amigos cara ós Peares e de alí, polo canón do Sil enriba, internouse nos bosques da comarca, onde permaneceu agachado..."

Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul. Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 47.

sábado, 16 de enero de 2016

A lagoa

"Os habitantes afanábanse en contruír un gran rego para canalizar o río Sil que regaba aquelas paraxes.

  Coa forza dos brazos desecaran a lagoa contruíndo a ambas marxes senllas aldeas, A Rúa e Petín, onde estaba o berce daquela canle. (...)

  Daquela decidiron construír un embarcadoiro en Viloria fretando unha barca que salvase a corrente para unir ambas as dúas marxes cun groso cabo que asegurase a estabilidade da embarcación facilitando o traxecto."

Miguel Mosquera Paans. Viaxe a Lánsbrica. Colección Alcaian. Ed. Urco, Compostela, 2012, páx.65-66

jueves, 14 de enero de 2016

Xúpiter e Xuno

"Admirado pola beleza daquela terra, o deus cheo de emoción imprimiu unha pegada tan forte que fendeu diagonalmente o chan, de onde inmediatamente brotou o río Miño.

  Vendo Xuno aquel prodixio, a esposa de Xúpiter sentiu celos pola paixón que Gallaecia espertaba no seu marido, e en vinganza golpeu as montañas abrindo unha fenda que formou o canón do Sil.

  (...) Cando a aflixida consorte pediu clemencia, o deus consentiu que se transformase no río Sil. Desde a máis extrema altura da Ribeira Sacra, Xúpiter observaba como o río discorría manso e caudaloso. Sedento de amor de Xuno, Xúpiter transformouse no río Miño para poder atoparse coa súa amada nos Peares."

Miguel Mosquera Paans. Viaxe a Lánsbrica. Colección Alcaian. Ed. Urco, Compostela, 2012, páx.60-61

miércoles, 14 de octubre de 2015

Café negro dobre e tres cigarros

"Almorcei un café negro dobre e tres cigarros nun bar da Praza de Abastos. Doíanme os ósos. Pensei que lle debía outra visita a Silvia Puga se non quería resultar descortés e traizoarme a min mesmo. (...) Os dous activistas pertencían ao Comando Peares, un dos máis sanguinarios da banda, cunha chea de acusacións pendentes por asasinatos, secuestros e extorsións a empresarios. Os membros do comando, poucos pero moi malvados, posuían unha extraordinaria capacidade para perderse nos lindeiros das provincias do interior, onde mantiñan os seus tobos salferidos polas ribeiras do Sil."

Diego Ameixeiras, Baixo mínimos, ed. Xerais, xuño, 2004, páx. 39-40

viernes, 25 de septiembre de 2015

Ven de roubar ouro

"E ó Miño; ven de roubar ouro d´o Sil pra mercar paisaxes que convirtan seu Ourense n-a reina dos paisaxes... Mercoulle rios sempre cubertos de xigantesca techumbre d´esmeralda, prados cubertos de froles é perfumes, soutos escondidos, donde á bris conta ó sospirar n-as follas, cántigas d-amores, dóces tenrisimos coma os seus sospiros, piñeirales pra soñar escoitando queixumes, curutos xigantescos pra verse un pequeno n-o medio d´o conxunto, manchós de viña feitos de convulsas cobras medio encubertas con racimos d´ouro é brochazos verdes, torrentes de morogos, ameneiros é silvardes de doas tan lonxas coma os labeos d´as rapazas, é perfumes de rosas, xazmís e madreselva que fan d´a terra cheirante bucaro pra ll´ofrecer á un ceo sempre limpo, brilante sempre, cooreado por un sol que paresce n-o ceo xigant´esfera de ouro traida pol-o Miño, é redondeada á forza de bicar douradas guixas."

Francisco Álvarez de Nóvoa, "¡Galicia!", Beira o Barbaña. Paisaxes, Ed. do Castro, 1993. Edición facsimilar  a partir da única edición que se coñece: Ourense, 1894, Imprenta de "El Derecho". Páx.64

sábado, 8 de noviembre de 2014

Ó nacemento do Padre Feixóo

Aló na aldea de Casdemiro,
vese unha casa, dolce retiro
dunha familia nobre e leial;
as ledas auras i o vento louco,
o río Miño pouquiño a pouco
seus negros muros bicando van.

Grandes recordos de groria encerra
aquela casa da nosa terra
que bica o Miño murmulador;
alí, os ollos abriu no mundo
o escrarecido xenio fecundo,
o renembrado PADRE FEIXOO.

Foi unha tarde que o sol morría...
Aló nos soutos leve harmunía
iban facendo murmuxos mil;
daban perfumes as brancas fores,
os paxariños cantos de amores,
o río, as auras, ecos sin fin.

miércoles, 22 de octubre de 2014

Alba de Groria

Miñas donas e meus señores:

  Si no abrante d-este día poidéramos voar sobor da nosa terra e percorrela en todas direicións, asistiríamos á maravilla d-unha mañán única. Dende as planuras de Lugo, inzadas de bidueiros, té as rías de Pontevedra, oureladas de piñeraes; dende as serras nutricias do Miño o a gorxa montañosa do Sil, até a ponte de Ourense, onde se peitean as augas d-entrambos ríos; (...)

 (...) o P. Sarmiento e o P. Feixóo, que remediaron o retraso cultural de España coa súa poderosa erudición e o seu xenio enciclopédico. 

Ven axiña Nicomedes Pastor Díaz, coa súa lira de nacra, abrindo a renascencia literaria de Galiza e seguido pol-os poetas Añón, Rosalía, Curros, Pondal, Ferreiro, Lamas, Amado Carballo, Manoel Antonio e tantos outros, todos con estrelas sobor das súas frentes; os hestoriadores Vicetto, Murguía e López Ferreiro, os patriotas Faraldo e Brañas, a pensadora Concepción Arenal, a escritora Pardo Bazán, e por fin o gran Don Ramón, ainda non ben descarnado...

E dispóis de evocar o repique matutino das campás -mal ou ben, ao xeito de Otero Pedrayo-, eu podía evocar igoalmente, todol-os lances xubilosos d-este día, hora a hora, minuto a minuto. Pero ¡cómo se tornan tristes as alegrías evocadas lonxe da patria! ¡Cómo doen as ledicias arrincadas do recordo da nosa mocedade! Acabo de citar uns cantos bultos da Santa Compaña de inmortaes galegos, uns cantos nada máis, porque nos dous mil anos da nosa hestoria, os bultos cóntanse por milleiros.

Fragmentos do discurso "Alba de Groria", lido por Alfonso R. Castelao o 25 de xullo de 1948 en Bos Aires, co gallo da celebración do Día de Galiza

domingo, 28 de septiembre de 2014

Galicischen Nordwetspanien

Detalle da estatua de Feijóo en Oviedo
Feijóo war der bedeutendste Denker der spanischen Aufklärung. Im Rückblick auf seinen Tod am 26. September vor 250 Jahren darf man sogar deklarieren: Er war Spaniens erster Feminist! Seine Gedanken über das weibliche Geschlecht sind so aktuell, dass ihnen ihr Alter nicht anzusehen ist. Dabei führte dieser Mönch ein unvorstellbar weltabgewandtes Leben, das in seiner äußeren Ereignislosigkeit geradezu eine Wucht ist.

Am 8. Oktober 1676 kommt er im elterlichen Stammsitz in Casdemiro auf die Welt, im galicischen Nordwestspanien, in einer Familie von unvordenklich altem Hidalgo-Adel mit dem Beinamen "y Montenegro". Benito ist der Erstgeborene, neun Geschwister werden folgen. Schon mit elf, zwölf Jahren lernt er Philosophie am königlichen Collegium St. Stephan im nahen Rivas an den Ufern des Sil. Noch keine 14 Jahre alt, kommt Benedikt 1688 ins nahe gelegene galicische Kloster des Heiligen Julianus von Samos. Mit dem Eintritt in den Benediktinerorden muss auch dieser kleine Ritter auf alle Erstgeborenenrechte verzichten und ewige Armut geloben. Später wird er nach Salamanca und nach León geschickt, in Samos zum Priester geweiht. Den Doktortitel erwirbt er im asturischen Oviedo.

Fragmento dun artigo publicado no prestixioso xornal alemán Die Zeit (versión online) o 26 de setembro de 2014.
Consultar artigo completo