Mostrando entradas con la etiqueta tecelán. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta tecelán. Mostrar todas las entradas

sábado, 21 de febrero de 2015

Unha "descoberta" pola rúa

"Agardei na nosa casa, que a baleireza facía tan resoante e triste, até que fose aínda máis entrada a noite.
 A iso das once, saín a facer unha "descoberta" pola rúa dos Austrias, pola das Tendas; voltei pola praza do Trigo, metinme na rúa dos Fornos, saín de novo á do Tecelán. Non atopei con ninguén, nin xiquera co municipal que estaría ao abrigo, no torno da rúa do Paxaro. Non se vía ningunha fiestra acesa por entre aquela morma grisalla outoniza que viña do río."
Eduardo Blanco Amor, Xente ao lonxe , páx. 269, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA)

domingo, 7 de septiembre de 2014

Ninguén

"e puden erguer a tranca, tan entalada, e saír á rúa do Tecelán, decote cheia de xente a tales horas e non se vía ninguén,
  ninguén; pro nos balcóns e nas fiestras e nas xaneliñas dos faiados, asomaban, calados e mestas, os restos da xente como pra a procesión do Corpus."

Eduardo Blanco Amor, Xente ao lonxe , páx. 154, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA)

lunes, 11 de agosto de 2014

O millor do Instituto

"Era o Elixio, xa o dixen, tan bo, unha migalla cazurro, decote a sorrir por ren; polo cuio resultaba coasi outro cando se puña serio, atal si envellecese de sócato; fillo da señora Ermelinda e do señor Gonzalo, aínda algo parentes nosos, que vivían a carón pola rúa do Tecelán, dúas ou tres casas, o millor na escola e agora no Instituto (que como só ían ao Instituto os fillos dos ricos, que deu moito que falar que o meteran pra o bachiller;(...))

  e agora era o millor no Instituto, sin botar por ela, sin aquel arroallo que collen os "saritas" do señorío e os seus pais cando pescan unha matrícula, que hastra ao Carlitos dos Canedas, regaláralle seu pai un cabaliño feituco como os que traguía o Circo Feixoo, por dous sobresaíntes da merda e con empeños"

Eduardo Blanco Amor, Xente ao lonxe , páx. 9-95, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA).

sábado, 5 de julio de 2014

Perto de nós

“que a sobradita alugaba aquil baixo, que era baixo de moradía, non de tenda, perto de nós, a carón da rúa do Tecelán que daba de esguello á porta norde da Catedral, que decote a víamos na fiestriña, a meio altar da rúa, coas bambinelas de randas i entredoses do seu feitío”

 Eduardo Blanco Amor, Xente ao lonxe , páx. 34, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA).

miércoles, 25 de diciembre de 2013

"La mística Tarpeya"

"Di la vuelta por los soportales de la plaza del Trigo, tanto para guarecerme de la lluvia como para librarme de una posible vigilancia desde los balcones de mi casa.(...)

 Entré en la catedral por la puerta del Reloj.(...)

Salí cuando se alejó el dignidad, y me detuve tras un haz de columnas, espiando quién había en la nave del Rosario, pues si algún conocido me veía me haría echar de allí, como otras veces.(...)

Apretando los dientes y los puños, como si temiese que la determinación que allí me llevaba pudiera escapárseme por algún lado del alma o de la piel, me encaminé resueltamente hacia la capilla del Cristo. (...)

Venía de las naves del Rosario la voz alada de los niños de coro que jugueteaba en el aire, puerilizando el rezo.(...)

viernes, 13 de diciembre de 2013

¡Hala para casa, pillabán!

"Y con la misma, sin soltarme ni decir más palabras, cruzamos el claustro gótico, y, poniéndome en la puerta de la calle del Tecelán, me dio suelta como a un gorrión hacia el lucerío de la rúa, diciéndome mientras me alejaba: (...) ¡Hala para casa, pillabán!"

Eduardo Blanco-Amor, La catedral y el niño, ed. Galaxia, Vigo 1997,  páx. 78

domingo, 24 de noviembre de 2013

Fuxindo da casa da Nonó



“Saímos alandillando porque xa o Fermín e o Sardina se nos viñan enriba. Ó chegar o calexón da Pena Vixía, o Bocas ordeou: -Temos que nos asoparar. Dentro dun istantiño, xuntámonos na casa da Nonó. Entrade sen petar, pola porta da Santísima Trinidade, pola parte de atrás, que vai dare á cociña...” páx.62 

“Nós botamos pra forra pola porta de atrás e saímos todos tres a eito, coma chuspidos... Detrás de nós, oíanse os brados da xiganta enchendo toda a praza da Santisma Trinidade: -¡Ladrós, criminales, golfos.. ¡Botádelle a mau a ises...!.!” páx.69
 
“Cando paramos de correr, aló pola praza do Correxidor, ouvíronse no reló da catedral as badaladas de meia noite.” páx. 69

“Tiramos pra arriba con intención de meternos na casa do Milhomes, que vivía na rúa de Crebacús.” páx.69
 
“Botamos a andar baixando pola rúa dos Fornos” páx.71

“Dende o gonzo dunha porta, onde nos meteramos pra deixar paso a uns que cruzaban  pola rúa da Estrela” páx.71

“Cando voltaron a entrar, apretamos o paso e metímonos pola rúa do Tecelán” páx.71
  Rúa de San Francisco (antiga Tecelán).

“E sen sabere como, atopámonos na rúa do Istituto...i ó chegar frente ó adral da eirexa de Santa Eufemia, vimos que estaba aberta e metímonos nela como ratos...” páx.73
Atopamos a Igrexa de Santa Eufemia na rúa do Instituto (hoxe Lamas Carvajal).

“E logo fumos a dare á Fonte do Rei onde mexamos na pía, con licencia de vostede” páx.75

  Eduardo Blanco Amor, A esmorga. Ed. Galaxia, 14ª edición, xaneiro 1995, Vigo.