Mostrando entradas con la etiqueta luis_soto. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta luis_soto. Mostrar todas las entradas

martes, 16 de junio de 2020

A acción no século XX con grandes anacos doutros séculos que cobren co mantelo dunha antiguedade relativa as cousas de hoxe

"Cinco días despois un uniformado de falanxe que o atopou disparoulle cinco tiros na testa para poder cobra-las cen mil pesetas que ofrecera pola súa vida a Marquesa de Atalaya Bermeja. Cando se lle fixo a autopsia, confirmouse que os cinco tiros foran feitos contra un cadavre..."

Luís Soto

"Estas cousas non se deben facer á sombra das árbores. As mulleres teñen mal corazón."

Vicente Risco

Envelleceu feliz entre corcheas...

¡Ahh, que quente repertorio
                           sabía no piano tía Angelita!

Outros volven a esquina
                                      e dobran mortos.

Ela ofreceulle a menopausia a Wagner.

Pero isto,
só o saben uns poucos.

Guede, Manuel. Contra Serenou. Ed. Sotelo Blanco, 1985, páx. 75

lunes, 15 de junio de 2020

"Unha ética, unha estética para razoa-lo triunfo do corpo"

"Chegada a sublevación feixista, Benigno Álvarez foise ó monte, onde tiña a cobertura e agarimo de tódolos campesiños. Era un home enfermo do peito. Atopábase nun muíño das montañas de Montederramo e deulle unha pulmonía aló polo mes de Febreiro de 1937. Díxolle ó muiñeiro: sácame pra fóra e déixame lonxe do camiño. Estou morrendo e se collen o meu cadavre aquí vante matar.
O muiñeiro, cando el morreu, levouno -pesaba pouco- onde lle dixera."

Luis Soto

A Benigno Álvarez, en memoria

Un día vai pasar.
Levantarase o día en viceversa.
Postos en paz
                                                       paixón e simulacro.
Sen sorpresas.

Como se desa mañán,
todo estivese xa deliberado.

Quen teña que poñer
entre a ausencia do corpo
e o corpo do delito,
un verdicto sen considerandos,
                                      que o poña.     

De nós só cabe o resto,
                                 a chulería
                                                      e as últimas blasfemias:

¡Me cago no fiscal!

Guede, Manuel. Contra Serenou. Ed. Sotelo Blanco, 1985, páx. 73-74.