Mostrando entradas con la etiqueta cudeiro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cudeiro. Mostrar todas las entradas

domingo, 31 de marzo de 2019

1134

"Ise lugar de Cudeiro
de lonxe parece vila,
se non foran os outeiros
que ten ó lado d´arriba."

Literatura Popular de Galicia: colección de coplas, villancicos, diálogos, romances, cuentos y refranes gallegos. Orense, 1881. (Deputación Provincial de Ourense, 1987). Recollidos por D. Juan Antonio Saco y Arce. páx. 157

lunes, 18 de marzo de 2019

1116

"Os soldados vanse, vanse,
vanse por Cudeiro arriba;
as rapaciñas d´Ourense
choran que cortan a vida."

Literatura Popular de Galicia: colección de coplas, villancicos, diálogos, romances, cuentos y refranes gallegos. Orense, 1881. (Deputación Provincial de Ourense, 1987). Recollidos por D. Juan Antonio Saco y Arce. páx. 155

martes, 20 de diciembre de 2016

Un fato de malas e derrengadas chouzas

"Por riba de Cudeiro, entre Vilarmar e Gustei, amontoánse ó redor da eremida de San Benito das Tres un fato de malas e derrengadas chouzas, cuio pobo recibe o nome de Sartedegos.

Nada máis triste e melánconico.

Baixo un ceo de promizas nubes, tan rentes que parecen tocarse coas maus, cercado por todas partes de altos petoutos e escarpadas serras, entre as cales se van anacos de arregueado millo, ofrece un cadro que impón.

Nun rincón deste pobo e na máis mala casa, si algunha boa se lle pode chamar, cuberta con palla de centeo e chea de rendixelas, polas que o vento e a chuvia entra como pola súa casa, vivía fai anos unha rapaza chamada Pepa."

Heraclio Pérez Placer.“Pepa” (Un conto con moita historia). Publicado en dúas entregas en O Tío Marcos da Portela, Ourense, Parrafeo 148, páxs. 5-6 (3/10/1886) e Parrafeo 149, páxs. 1-3 (10/10/1886). Recuperado, posteriormente, no ano 1998 en Obra narrativa en galego de Heraclio Pérez Placer, edición de Mª Isabel Soto López, Colección Narrativa Recuperada, editada polo Centro Ramón Piñeiro da Xunta de Galicia, páxs. 527-534

jueves, 5 de marzo de 2015

Ledos vivas polo áer aceso de maio

"Os primeiros movimientos dos gremios locais nise día eran pra agardar, frente ao Xardín do Posío, aos que chegaban de Celanova, Xinzo, Verín... e despois no comenzo da Ponte Vella, aos que viñan dos Ribeiros ou baixaban dos planaltos e chans montesíos das bisbarras de Amoeiro, Trasalba, Gustei...

 Nos alcontros duns cos outros (moitos diles non se tiñan visto en todo o ano), dábanse grandes apertas e ceibaban ledos vivas polo áer aceso de maio. "¡Viva a unión do proletariado mundial!". "¡Vivan os traballadores de Cudeiro". "¡Vivan os mártires de Chicago"."

Eduardo Blanco Amor, Xente ao lonxe , páx. 296-297, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA)

viernes, 9 de mayo de 2014

Sin xiquer sentir a cacholada




"Non sabía como era quen pra correr e brincar de tal xeito, sin xiquer sentir a cacholada. Nun intre de nada, xa me vin beira do río, frente ó cachón da aceia vella, cos berros do home moi perto, coasi enriba de min. (...) Seguín a traveso dos castiñeiros de Peliquín, avantei por enriba de Oira, ó lonxe víase Cudeiro, que non sei como o podía ver na noite pecha... Xa non se ouvían os homes nin os cas, que ben se estaba... Somelloume estar deitado. Caíame o suor polas fazulas e pingábame do narís; un suor quente e mesto que se metía nos beizos e seguía correndo...”


Eduardo Blanco-Amor, Os Biosbardos, ed. Galaxia, 1962, 12ª edición, "A arrasadeira", páx. 23

domingo, 8 de diciembre de 2013

Cudeiro, Gustey, Lonia...

"Vivía, la más del año, en su casona patrimonial, en el planalto de Gustey, abarraganado con una criada que contaba con heredarlo, pues tenía edad para ser hija suya."  páx. 32

"Un día que me llevaba mi padre de paseo por la carretera de la Lonia..."   páx. 32

"Cuando los jamelgos iniciaron, con unos resoplidos insospechables en tan escueta anatomía, la ascensión de la cuesta de Cudeiro, mi curiosidad comenzó a estorbarme físicamente."  páx. 35

"En el comienzo del altiplano de Gustey, Barrigas pidió licencia y se fue a echar un vaso del tinto al mesón de la Társila..."  páx. 36

"Tenía mamá veinticuatro años y él poco más cuando se casaron calladamente, casi sin noviazgo visible, en la capilla del pazo familiar de los Torralba, en el planalto de Gustey." páx. 56

Eduardo Blanco-Amor, La catedral y el niño, ed. Galaxia, Vigo 1997