Mostrando entradas con la etiqueta Xose_Paz. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Xose_Paz. Mostrar todas las entradas

viernes, 23 de septiembre de 2016

As bibliotecas de Xosé Paz




-sobre Rabindranath Tagore: Atópase dende maio de 2014 na Casa da India de Valladolid (C/ Puente Colgante, 13), en réxime de “cesión permanente”. Considerada a mellor biblioteca privada do mundo sobre Tagore consta duns 35.000 volúmenes con libros seus, sobre a súa figura, dos seus colaboradores, traductores e admiradores, en  múltiples linguas, incluído o esperanto. Inclúe películas, documentos, insignias do país, fotografías, pinturas e música tradicional, entre a que destacan múltiples cd´s de Robindro Songuit, a máis importante intérprete das cantigas de Tagore, algúns deles asinados.
Entre as xoias  bibliográficas destacan unha primera edición inglesa do 'Gitanjali' (London: India Society, 1912) , un exemplar del 'Chitralipi', que recolle pinturas de Tagore, e co 'Libro de Oro', unha edición limitada e numerada con tan so 500 exemplares, ademais de numerosas primeiras edicións en bengalí e nas principais linguas europeas.  Iníciaa no ano 1964: a súa moza Ana, quen logo se converterá na súa muller, regálalle os seus primeiros libros de Tagore: “Gora” e despois “O naufraxio”.


A maior parte dos libros comproullos ao Clemente, que tiña unha libraría na Rúa do Progreso. Nos últimos anos internet é a súa fonte principal de adquisición. Ten moitas primeiras edicións e conta con libros en todos os idiomas. 


A biblioteca almacenouse durante anos en varios baixos comerciais das Galerías Roma, no centro de Ourense, alugados por Paz. A maioría dos libros permanecían metidos en caixas, existindo dous locais nos que estaban ben colocados e podíanse consultar.

Entrado o século XXI o goberno galego fixolle unha oferta por 35 millóns de pesetas,  para levala á Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, pero el quería que ficase en Ourense. No ano 2010 negocia novamente coa Xunta para que vaia para a Cidade da Cultura en Compostela: cedíaa gratuitamente cunha serie de condicións que incluían o fomento de estudos da obra tagoreana, pretendendo que fose unha biblioteca activa e non se convertese nun simple almacén de libros. Non se concretou o acordo.


Como diciamos o seu desexo foi sempre que permanecese en Ourense, habilitando un edificio en condicións onde podería compartir espazo coas bibliotecas persoais de Eduardo Blanco Amor, Ben-Cho-Shei e outras personalidades destacadas da cultura ourensá. Tamén propuña a creación dunha Casa de Bengala, cun Centro Tagore, que permitise ser a Ourense un punto de referencia no estudo da cultura india en España e en toda Europa.

No ano 2008 estivo a piques de trasladarse á Universidade Visva Bharati, fundada por Tagore en Santiniketon, pero finalmente non se concretou.

O 3 de maio de 2014 José Paz  cede definitivamente a súa Biblioteca sobre  Tagore á Casa da India de Valladolid, unha cesión permanente que en caso de que desaparecese esta institución serían trasladados á India.


Quedará na historia desta cidade como unha das grandes perdas culturais, que terían enlazado a cultura galega e a obra do bengalí Rabindranath Tagore, nunha cidade que sempre xogou un papel destacado na difusión da obra do máis importante poeta indio.



-sobre cinema, probablemente a máis completas de Galicia, con coleccións enteiras de libros e revistas galegas, españolas e de outros idiomas. Tamén numerosos vídeos de dvd´s de cine clásico de infinidade de directores.


-sobre cultura galega e lusófona: con coleccións completas, por exemplo, de Revistas como “Nós” ou “A Nosa Terra” e outras facsimilares.


-sobe pedagoxía e educación: a súa especialidade e profesión, incluíndo verdaderas xoais como as coleccións completas da editorial arxentina Kapelusz.



-sobre temas ourensanos: sobre múltiples aspectos: artísticos, históricos, naturais, etnográficos, monumentais e humanos, con moitos libros sobre os autores máis importantes da cidade.
 
 Vídeo: -Banerjee, Nilanjan. The library of Jose Paz.  5m 30sg. 2014. Publicado en Youtube o 21 de outubro de 2014.      

jueves, 22 de septiembre de 2016

“Xosé Paz: outro tagoreano en Auria”



(Apuntamentos para unha biografía)

Rabindranath Tagore (Calcuta, 7 de maio de 1861 – Calcuta, 7 de agosto de 1941), poeta, artista, dramaturgo, músico, novelista e autor de cancións foi o primeiro escritor non europeo en acadar ol Premio Nobel de Literatura, en 1913. Vicente Risco, xa en 1914 sentirá unha profunda atracción pola súa obra e a súa personalidade, sendo o primeiro en falar en público sobre o poeta bengalí en España. Poucos anos despois da morte de Tagore nacerá nas terras de Ourense José Paz Rodríguez, quen se converterá nun auténtico fanático da súa obra e das distintas facetas que o escritor indio desenvolveu, o que o levará a formar durante xa máis de cincuenta anos a biblioteca particular máis importante do mundo sobre el, a divulgar constantemente a súa figura con múltiples actividades e publicacións tanto en Ourense como por medio mundo e a residir dende 2001 varios meses ao ano en Santiniketon, lugar da India onde Tagore residiu e onde constituíu unha das escolas máis renovadoras da época.

BIOGRAFÍA
1948: o día 12 de abril, ás 4 da madrugada, nace na Casa de Borras, na aldea de Corna (Piñor de Cea). Na mesma casa onde estaba a escola. Fillo de Rosa, costureira, da que escoitou dende cativo múltiples historias populares narradas en galego, herdadas da súa avoa Pura, que o fixeron amar o galego materno dende cativo. De seu pai Juan procede tamén o amor pola nosa lingua,  nesta caso en forma de cantares, principalmente. Notario daquela comarca regaláballe libros frecuentemente que mercaba nas feiras da zona, todos eles en castelán, xa que daquela era moi difícil conseguilos en galego. O primeiro libro que leu en galego foi “Cantares Gallegos”, de Rosalía de Castro, e que o impresionou profundamente, ao ver escrita a lingua que lle falaban seus pais.

1951: con tres anos, na súa aldea, unha mestra alegre e cariñosa, fomenta prematuramente a vocación pola escola e o ensino, e polos libros, a lectura e a escrita.

1958-63: por decisión do seu pai estuda no Instituto Laboral (instituto Ramón Mª Aller) de Lalín os cinco anos de estudos secundarios: o Bacharelato elemental. As fins de semana voltaba no Castromil a súa aldea. Nestes institutos Laborais, que foron eliminados a principios dos setenta, combinábanse materias culturais, científicas e lingüísticas, con outras clases máis prácticas que aportaban coñecementos de electricidade, carpintería e metal, ademais do visionado de documentais e películas (aquí comeza o seu amor pola sétima arte) realizaban múltiples actividades culturais, viaxes por Galicia, e aínda prácticas agrícolas. Unha formación moi completa.

martes, 20 de septiembre de 2016

Indronath, livreiro bengalí



Bengala é o estado indiano com maior nível cultural, e a sua capital Kolkata a mais culta da Índia. O apreço polas artes e polos livros neste estado é muito elevado. Tanto que, na feira do livro da capital, hai filas nas casetas para comprar livros e os jornais esgotam-se sempre já a meio-dia. Bengala é também o território que deu à Índia os vultos mais importantes: Rammohon Ray, Vidyasagor, Bonkim Chondro Chottopadhyay, Sukumar Ray, Sotyoyit Ray e, especialmente, o grande Robindronath Tagore. Em Kolkata é um verdadeiro prazer percorrer a rua College Street, arredor da Universidade, cheia de gentes, livros e livrarias. Por isso, nom nos surpreende que a renascença cultural na Índia tivesse início aquí, em Bengala, antes da injusta partiçom feita polos ingleses em 1905, utilizando a antiga tese romana de ’divide e vencerás’, que tanto padecemos os galegos também. Porque aqui estivo a vanguarda que luitou pola independência da Índia do Império britanico.
  
Entre os livreiros mais importantes de Bengala está Indronath Moiumdar. Por sorte para nós, contamos desde o 2001 com a sua amizade e com a do seu irmao Bimol. Os seus conhecimentos bibliograficos som impressionantes. Especialmente sobre o publicado em bangla e inglês, neste estado e na Bengala Oriental. Sobre bibliografia tagoreana sabe tanto, que todos acodem a ele para se informarem. Professores, estudantes, crianças, amantes da leitura... E nós mesmos para procurar livros de Tagore e sobre Tagore. Ele é quem nos fornece de livros para a nossa excepcional biblioteca de Ourense dedicada ao bate Bengali.

lunes, 19 de septiembre de 2016

Nós amamos os livros e a leitura



Quando o 23 de abril se comemora no nosso país o Dia do Livro, e em essa comunidade modélica que é Catalunha é uma jornada muito importante, sempre nos lembramos de porque desde crianças colhimos tanta paixom polos livros e a sua leitura. Que levou a que fóssemos configurando durante muitos anos da nossa vida uma grande biblioteca particular, que nos gostaria muito ver algum dia colocada na nossa cidade para disfrute dos cidadaos de Ourense. O que nom deixa de ser uma falsa ilusom, vista a nula resposta dos que podiam ajudar neste tema. Cinco som os ámbitos nos que destaca especialmente a nossa biblioteca. Em primeiro lugar as publicaçoes sobre a nossa cidade e sobre os seus muitos aspectos, artísticos, históricos, naturais, etnográficos, monumentais e humanos, com muitos livros sobre os nossos vultos mais importantes. Em segundo lugar, livros sobre educaçom e pedagogia, que é a nossa especialidade e profissom, durante os últimos quarenta anos. Neste campo temos verdadeiras jóias, como as colecçoes completas da editorial argentina Kapelusz, que nem tem na sua totalidade a biblioteca nacional de Bos Ares. Em terceiro lugar, as publicaçoes de cultura lusófona, galega, portuguesa e brasileira e mesmo de Goa, com colecçoes completas de revistas como ‘Nós’ e ‘A Nosa Terra’ e outras facsimilares. Em quarto lugar, a secçom de cinema. Sem temor a equivocar-nos, a nossa biblioteca cinematográfica pode considerar-se como a melhor que existe na Galiza. Na mesma figuram colecçoes completas de livros e revistas galegas, espanholas, catalanas, francesas, italianas, alemanas, inglesas, cubanas e doutras nacionalidades. Tambem numerosos vídeos e DVDs de cinema clássico e de todos os directores e países. Por último, e em quinto lugar, está a nossa extraordinária biblioteca dedicada a Tagore, com livros de ele e sobre ele em todos os idiomas do mundo, incluído o esperanto. Se ninguêm lhe pom remédio, e parece que esse é o seu destino final, esta biblioteca, dentro dos dous próximos anos, terminará por ir-se para o complexo educativo tagoreano de Santiniketon na Bengala indiana. Embora quem suscreve gostaria mais de que ficasse na nossa cidade. Junto com as de Blanco Amor, Vilanova e Ben-Cho-Shey, num edifício digno de Ourense.

domingo, 18 de septiembre de 2016

Bibliotecas de ourensanos



Odia do livro e da leitura faz-nos reflectir nas importantes bibliotecas que temos em Ourense. Umas, por sorte, recuperadas, a última a de Manuel Albendea, a quem lhe devemos uma póstuma homenagem. Outras muitas por recuperar e por colocar em lugar digno da nossa cidade. Junto com as de Ben-Cho-Shey, Blanco Amor, Alberto Vilanova e outros, hoje no faiado do Simeón, que nom é um lugar digno, embora se encontrem bem organizadas polo pessoal que as atende. Um lugar idóneo para colocar todas as bibliotecas de ourensanos seria o Banco de Espanha. Mas, pola cortedade de miras dos actuais governantes municipais, imos ser a única cidade que nom conseguemos para a cidadania este edifício tam singular na sua íntegra. É o sino histórico e triste da nossa urbe. Com este meu artigo de hoje, quero fazer de novo uma chamada de atençom a quem corresponda, para que Ourense nom perda as bibliotecas que aínda ficam por recuperar e se coloquem todas com as que já temos num espaço que possa ser visitado polos ourensanos que gostamos da leitura e da cultura. Em algum caso para que tenham que vir a Ourense ( o que lhe daria grande vida) investigadores e estudosos de outras latitudes.

Seria um crime nom salvar a excelente e primorosa biblioteca do prestigioso psiquíatra Vicente Rodríguez Gracia. Que leva muito tempo oferecendo à esta sua cidade de adopçom. Eu sei perfeitamente que em Espanha, sobre flora, que é a sua paixom, nom existe uma biblioteca especializada no tema tam grande e tam completa. Por isso querem levar-lha para outros lugares e mesmo universidades do país e de fora. Ele nom quere que lhe passe como o que lhe aconteceu às de Valente e Rei Soto, que, pola típica desídia dos governantes ourensanos, se foram, respeitivamente para Compostela e Poio. Num edifício da rua do Progresso, frente à Deputaçom, consérva-se a biblioteca do advogado Amadeu Varela. Tal biblioteca que conhecemos, é estupenda em dous temas como o agrarismo e o marxismo e tambem importante em galeguismo. Amadeu Varela, apaixonado pola leitura, fora o representante clandestino para Galiza da revista Vieiros, que em México coordenavam Carlos Velo e Luís Soto. Ademais de ser o defensor dos afectados pola barragem de Castrelo de Minho. O outro dia falando com o meu amigo Juan Luis Saco, me comentava que ele tambem estava disposto a oferecer a sua, tambem muito boa, para a cidade, colocandoa com todas as demais.

sábado, 17 de septiembre de 2016

Casa de Bengala e Centro Tagore en Ourense



NO DIA 7 DE MAIO DO ANO 1861 NASCIA EM CALCUTÁ ROBINDRONATH TAGORE, O ÚLTIMO DE CATORZE IRMAOS, TODOS ELES GRANDES FILÓSOFOS, MÚSICOS, EDUCADORES, LITERATOS E INTELECTUAIS

Igual que fazia Risco, eu quero lembrar, o mesmo que em anteriores anos, o mais importante vulto, juntamente com Gandhi, que nos deu a todo o mundo a Índia.

Fazendo uma importante proposta à minha cidade de Ourense, aos seus cidadaos e às diferentes autoridades políticas, académicas e culturais. O que nom deixa de ser uma autêntica utopia, depois da degradaçom de todo tipo que está a sofrer a minha cidade nos últimos tempos. Deixando cair monumentos, associações, mosteiros, edifícios nobres e um longo etcétera. Nom recuperando na sua íntegra o edifício do Banco de Espanha e deixando que as casas de Risco e Otero na rua ourensana da Paz, as compre um catalám. Por isto nom tenho a mais mínima esperança de que o projecto que apresento vaia poder ser no futuro realidade. E bem que gostaria de que o fosse!

Em Barcelona foi criada há vários anos Casa Ásia, hoje também com um espaço em Madrid. Esta entidade, que depende do Ministério dos Assuntos Exteriores, e conta com ajudas dos Concelhos e das comunidades autonómicas onde está instalada, leva para a frente o relacionamento cultural, económico, comercial e educativo com todos os países da Ásia e do Pacífico. Em outubro de 2006 foi inaugurada em Valhadolid a Casa da Índia. Eu pronunciei precisamente uma conferência sobre Tagore com motivo da sua abertura. Esta entidade, responsável das relações culturais e económicas entre a Índia e Espanha, depende da Embaixada da Índia e conta com o apoio do Concelho e da universidade da capital castelhana, que banha o rio Pisuerga. Ao longo do ano desenvolve um importante programa de actos relacionados com o grande país asiático, que dá enorme vida à cidade. E, se Barcelona-Madrid têm Casa Ásia, e Valhadolid Casa da Índia, nom poderia ter Ourense Casa de Bengala?

viernes, 16 de septiembre de 2016

Casa de Bengala e Centro Tagore




O dia 7 de maio do ano 1861 nascia em Calcutá Robindronath Tagore, o último de catorze irmaos, todos eles grandes filósofos, músicos, educadores, literatos e intelectuais. Igual que fazia Risco, eu quero lembrar em tam sinalada data, o mesmo que em anteriores anos, à mais importante figura, junto com Gandhi, que nos deu a todo o mundo a Índia. E o fago fazendo uma importante proposta à minha cidade de Ourense, aos seus cidadaos e às diferentes autoridades políticas, académicas e culturais.. O que nom deixa de ser uma autêntica utopia, depois da degradaçom de todo tipo que está a sofrer a nossa cidade nos últimos tempos. Deixando cair monumentos, associaçoes, mosteiros, edifícios nobres e um largo etcétera. Nom recuperando na sua íntegra o edifício do Banco de Espanha e deixando que as casas de Risco e Otero na rua da Paz, as compre um catalam. Por isto nom tenho a mais mínima esperança de que o projecto que apresento vaia poder ser no futuro realidade. E bem que me gostaria que o fosse! Em Barcelona foi criada há vários anos Casa Ásia, hoje tambem com um espaço em Madrid. Esta entidade, que depende do Minstério de Asuntos Exteriores, e conta com ajudas dos concelhos e das comunidades autonómicas onde está instalada, leva para a frente o relacionamento cultural, económico, comercial e educativo com todos os países de Ásia e do Pacífico. Em outubro de 2006 foi inaugurada em Valhadolid a Casa da Índia. Eu pronunciei precisamente uma conferência sobre Tagore com motivo da sua abertura. Esta entidade, responsável das relaçoes culturais e económicas entre Índia e Espanha, depende da Embaixada da Índia e conta com o apoio do concelho e da universidade da capital castelhana, que banha o rio Pisuerga. Ao largo do ano desenvolve um importante programa de actos relacionados com o grande país asiático, que lhe da enorme vida à cidade. E, se Barcelona-Madrid têm Casa Ásia, e Valhadolid Casa da Índia, nom poderia ter Ourense Casa de Bengala?

jueves, 15 de septiembre de 2016

Tagore o cinema


Eu, que levo desde o ano 1964 lendo sem parar a Tagore, e tambem pescudando sobre a sua vida, obra e pensamento, estou muito surpreendido polo que estou a descobrir sobre a sua faceta cinematográfica, mais importante do que imaginava. Mesmo venho de inteirar-me, para redactar este artigo, que chegou a dirigir algum filme, baseado, naturalmente, em obras literárias e musicais suas. Durante mais de 46 anos da minha vida configurei a que pode ser considerada melhor biblioteca do mundo dedicada à sua figura, com livros de ele e sobre ele, dos seus colaboradores, traductores e admiradores, em todas as línguas do planeta, incluído o esperanto. Acho que, com grande acerto, os gestores do Festival de Cinema de Ourense, na sua ediçom décimo quinta do presente ano de 2010, vam dedicar um importante apartado como homenagem à grande figura mundial de Tagore. Do que o próximo 2011 será o 'Ano Tagore', ao cumprir-se o 7 de maio os 150 anos do seu nascimento, e o 7 de agosto os 70 anos da sua morte física. Tagore, ao que os tagoreanos consideramos como o 'Leonardo da Vinci' do passado século, foi uma figura multifacética e completíssima, embora em Ocidente, por ter levado o Nóbel de Literatura, em 1913, seja muito mais conhecido como literato. Que aínda hoje, de tanto que escreveu, e em todos os géneros, nom está publicada a sua obra literária completa, nem no seu idioma materno bengalí, denominado Bangla.

miércoles, 14 de septiembre de 2016

Tagore, Leonardo da Vinci del siglo XXI


Todos los tagoreanos que existimos en el mundo consideramos a Robindronath Tagore como el Leonardo da Vinci del siglo veinte. Tal día como hoy de 1941 fallecía en Santiniketon y era trasladado a Calcuta, ciudad donde había nacido, para ser inhumado junto al río Hoogly, afluente del Ganges. El próximo año de 2011 va a ser el 'Año Tagore', pues se cumplirán los 70 años de su muerte y los 150 de su nacimiento. Ocurrida el 7 de mayo de 1861 en el palacio calcuteño de Takurbari, del barrio antiguo de Jorasanko, que hoy alberga un hermoso museo y la sede del rectorado de la universidad Rabindra-Bharati. Que yo visito todos los años en mi viaje a la Bengala indiana. Sobre la extraordinaria figura de Tagore existen bastantes errores y desconocimientos fuera de Bengala y Bangladesh. Yo mismo, antes de viajar por primera vez a India en el 2001, tenía sobre Tagore algunas apreciaciones erradas, pese a leerlo desde 1966. El primer error es considerar a Tagore hindú, como aparece en muchos libros, periódicos y enciclopedias destacadas. Porque además, cuando se habla de un ciudadano de India, nunca se le puede aplicar el adjetivo de hindú, pues puede no profesar la religión hinduísta. La familia Tagore pertenecía a la socio-religión del Brahmo-Samaj, creada por Raja Ram Mohun Roy, como una síntesis de los principios positivos de todas las religiones, a los que se les sumaron los de igualdad, libertad y fraternidad de la revolución francesa. Para los Brahmo, que defienden la igualdad del hombre y la mujer, y la educación de esta, la figura de Dios está por encima de todas las divisiones y la identifican con la vida. Para ellos, y yo opino lo mismo, Dios es la vida, por lo que quien atenta contra la vida atenta contra Dios. Hoy quisiera yo destacar entre las múltiples facetas de la fructífera vida de Tagore, las siete más importantes, haciéndolo de forma didáctica, para mejor conocimiento de mis preciados lectores :

martes, 13 de septiembre de 2016

Robindronath Tagore e Galiza



Todos os anos por estas datas, lembrámo-nos do nosso admirado Tagore. Igual que fazia Risco em La Región dedicándo-lhe algum artigo ao vate bengalí. Que faleceu precisamente o 7 de agosto de 1941, faz agora 67 anos. Já todos sabemos que o introductor de Tagore em Espanha fora Don Vicente. O que em novembro de 1913 pronunciara uma muito completa conferência no Ateneo de Madrid dedicada ao escritor de Bengala. Que vinha de obter o Prémio Nóbel de Literatura aquele ano. Risco traduziu vários poemas tagoreanos para as revistas ‘La Centuria’, ‘A Nosa Terra’ e ‘Nós’. Mas, ademais de Risco, outros galegos e galegas admiraram também a Tagore, e algúns mesmo receveram nom poucas influências literárias das suas obras. Em primeiro lugar temos a Joám Vicente Biqueira (1886-1924), que fora professor no Instituto da Corunha, a onde ia dar aulas desde Betanços. Aínda hoje se conserva o seu paço de S. Fiz de Vijoi no concelho de Bergondo, e no seu quarto o seu piano. Biqueira comparava a Tagore com Castelao, sem faltar-lhe razóm ao professor, membro da Instituiçóm Livre do Ensino de Giner e Cossío. Por isso em A Nosa Terra do 10 de abril de 1920, entre outras cousas, diz:(...) ‘Tagore, o poeta mais universal dos nossos dias, o admirado no mundo inteiro, o grande entre os grandes, quém é? Um bengalí e que escreve em bengalí, uma nobre língua da Índia que quase ninguêm entende em Europa’. Mais adiante compara a Tagore com o nosso Castelao. Porque antes de ser artigo este foi uma conferência pronunciada por Biqueira no ano 1920 na Corunha, com motivo da abertura duma exposiçóm de obras do rianjeiro. Logo no 1974, ao dedicar-se-lhe as Letras Galegas de esse ano, este texto foi publicado no seu estupendo livro que é ‘Ensaios e Poesias’.

lunes, 12 de septiembre de 2016

Risco, descobridor de Tagore


Em outubro de 1963 vinhemos a viver à cidade de Ourense desde a nossa aldeia de Corna para estudar magistério. Fazia uns meses que Vicente Risco falecera. Por isto, infelizmente, nom pudemos conhece-lo de maneira pessoal. E quánto nos gostaria te-lo conhecido! O pintor Pepe Conde Corbal, quando os do grupo ‘Adepende’ organizamos a exposiçóm para salvar o Principal, foi o que mais nos ilustrou sobre a vida e obra risquiana. Logo também a estupenda biografia escrita por Carlos Casares.
Aproveitando que tal dia como hoje de 1861 nascia na cidade de Calcutá, no paço Thakurbari familiar, o nosso admirado Robindronath, queremos falar da importante relaçóm entre Risco e Tagore. Possívelmente o único galego que pudo olhar ao bengalí em vivo e em directo. Risco, que sabia inglês, e parece que também sánscrito, leu de forma casual, em 1912, o livro de Evelyn Underhill O Caminho Místico, onde se fala muito e bem de Tagore. Comentando este livro, Risco chegou a dizer: ‘Pois um desses seres extraordinários é Rabindranath Tagore. Num livro inglés publicado o ano passado, e que teve um grande sucesso, The Mystic Way de Miss Underhill, sinala-se a Tagore como um grande poeta cuja arte exquisita e serea visóm do eterno, a través do temporal, fai-no aparecer como um génio extraordinário, uma estrela de primeira ordem no céu da arte’. Pouco mais tarde Risco lê a primeira ediçóm da Oferenda lírica, A lua nova, O jardineiro e Sadhana. Estes quatro livros tagoreanos entusiasmaram a Risco. Tanto que Risco falava com os seus amigos de forma continuada e entusiasta

domingo, 11 de septiembre de 2016

Lembrando a Vicente Risco



O dia 30 de abril de 1963 falecia Vicente Risco, um dos maiores vultos que tuvemos os galegos, de verdadeira categoria intelectual. Cúmprem-se por tanto os 47 anos da sua perda física, que nom espiritual. Cinco meses depois eu vim estudar magistério a Ourense. Por isso, infelizmente, nom o pudem conhecer pessoalmente. E quánto me gostaria te-lo conhecido! Risco foi, desde o meu ponto de vista, fundamental para a cultura galega. A ele devemos-lhe a publicaçom das revistas neosófica A Centúria e a Nós, aínda nom superada hoje. Ele escreveu no ano 1920 o livro Teoria do nazonalismo galego. E posteriormente variados e interessantes livros, estudos e romances. Foi enormemente prolífico como articulista em infinidade de jornais e revistas. Muitos dos seus artigos som verdadeiramente sublimes. Eu destaco especialmente os recolhidos no seus livros Léria e As horas. Assim como o seu excelente diário Mitteleuropa, que recolhe as lembranças das suas viagens por Europa e, em concreto, por Alemanha. Neste livro, tambem publicado em capítulos na revista Nós, fala de Robindronath Tagore, ao que admirava já desde 1912, quando o escoitou na universidade de Berlím dando uma conferência em 1930. E, em quanto o escoitava, realizou do seu rosto uma caricatura. Risco pudo ser, estou seguro, o único galego que viu em pessoa a Tagore. Tambem foi o primeiro em Espanha que falou do vate bengalí, pronunciando uma interessante charla no Ateneo de Madrid em 1913, após a concessom do Nóbel de literatura ao escritor indiano. No nosso La Región publicou periodicamente artigos sobre a figura de Tagore, que muitos consideramos o “Leonardo da Vinci” do século vinte. Em A Nossa Terra histórica publicou traducçoes de poemas e contos tagoreanos. Admirava tanto ao indiano que os amigos chegaram a pôr-lhe a Risco o apodo de Tagore, nos tempos dos seus estudos em Madrid.

viernes, 1 de julio de 2016

"Parrafeo" nº 1.000: Rabindranath Tagore en Auria




O premio Nóbel Rabindranath Tagore nunca visitou España, nin por suposto Ourense, máis Auria visitou a Tagore con certa frecuencia, e  até hai ben pouco na nosa cidade atopábase a maior biblioteca do mundo sobre o escritor indio.


Tagore dibuxado por Risco
7 de maio de 1861: nace Rabindranath Tagore, no número 6 da rúa Dwarkanath Tagore, en Jorasanko, Calcuta (India).

30 de setembro de 1884: nace Vicente Risco en Ourense, no piso 1º da rúa da Paz, antiga rúa dos Zapateiros.

10 de decembro de 1913: Rabindranath Tagore recolle o Premio Nóbel de Literatura. Era o primeiro escritor non europeo en recibilo.

7 de marzo de 1914:  Vicente Risco nunha charla no Ateneo de Madrid será o primeiro en falar de Tagore en público (só unhas pequenas referencias apareceran con anterioridade na prensa) e de verter ao castelán, tamén por vez primeira, algúns poemas das súas traducións inglesas do “Gitánjali” e de “”The gardener”.

Risco dibuxado por Díaz Pardo

Outubro de 1917: Vicente Risco publica na revista ourensá La Centuria (nº5) un texto sobre Rabindranath Tagore e traduce ao castelán tres novos poemas do libro Gitánjali .

10 de maio de 1918: Aparece por vez primeira, na revista “A Nosa Terra”, un poema de Tagore, pertencente ao libro “Fruit Gathering”,  traducido ao galego por Vicente Risco. Ao longo dos seguintes sete anos irán aparecendo novas traducións galegas dos textos tagoreanos.

Xuño de 1930: en Berlín, no Kronprinzenpalais, Vicente Risco asistirá a unha charla de Tagore. Fará un retrato de el. As impresións daquel encontro publicaranse na Revista "Nós" (1932) e logo no seu libro Mitteleuropa (1934).

1948: nace Xosé Paz Rodríguez no pobo de Corna, Piñor de Cea.

1964: comeza Xosé Paz a formar a súa biblioteca sobre Rabindranath Tagore. “Gora” e “O naufraxio” son os dous primeiros libros, regalos da súa dona. A maioría, nos primeiros anos, compraraos na librería do Clemente, na rúa do Progreso.


2001: Xosé Paz viaxa por vez primeira a Shantiniketan, a escola de Tagore na India, e comezan as súas viaxes con regularidade ao país de Tagore. Alí fundará a Casa Galega da India.

Do 1 ao 9 de outubro de 2010: O Festival de cine independente de Ourense (OUFF) rinde homenaxe a figura de Rabindranath Tagore, coincidindo cos 150 anos do seu nacemento. Prántase unha árbore na súa honra nas inmediacións do centro comercial Ponte Vella.


7 de maio de 2011: presentouse oficialmente, coincidindo co 150 aniversario do nacemento de Tagore, na Sociedade Filatélica Miño, a petición do pedagogo tagoreano José Paz, un sello e matasellos. 


14 de novembro 2013: data na que 100 antes se anunciaba a concesión do premio Nobel a Tagore, a Sociedade Filatélica Numismática e Vitofílica Miño da cidade de Ourense, presentaba un sello sobre Tagore.

3 de maio de 2014: Xosé Paz cede, definitivamente, a súa biblioteca de máis de 30.000 volúmenes, a máis importante do mundo sobre Tagore, á Casa da India de Valladolid. Unha perda imperdonable e irreparable para a cidade de Auria. Levaba anos ocupando varios baixos das Galerías Roma, na rúa do Progreso.

1 de xullo de 2016: coincidindo co "parrafeo" 1000, o blog de “Auria, cidade literaria” inicia a publicación dunha serie de "parrafeos" especiais sobre a relación do Premio Nobel Rabindranath Tagore e a cidade de Ourense.