Mostrando entradas con la etiqueta centro_comercial_milenio. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta centro_comercial_milenio. Mostrar todas las entradas

sábado, 5 de diciembre de 2020

A muller da miña vida

 "-É probable que agora mesmo estea botando un subhastado no cuartel da Garda Militar. ¿A min que carallo me contas? Teño pasta, estou no Centro Comercial, as tendas todas están de rebaixas e nos bares fanche dous por un á segunda cervexa. Chámame noutro momento. Quero emborracharme e buscar a muller da miña vida entre os poboadores."

Diego Ameixeiras, O cidadán do mes.  Ed. Xerais, 2006. Páx. 209.

viernes, 4 de diciembre de 2020

A inauguración

"A concentración reunira unha chea de xente só comparable á que xuntaba o Foro pola Democracia ou a xornada ligueira no Campo do Couto. Entre os manifestantes eran maioría as nais que sostiñan carteis coas fotografías dos fillos encarcerados por pertencer ao GIA. O mesmo ritual: camiñaban en fila, dando voltas en círculos concéntricos ao redor da praza. Ao rematar a concentración, algúns encarapuchados prendéronlle lume a uns colectores e cortaron o tráfico que entraba no Progreso.

 Puiden coller por Sáenz Díaz sen que me caese unha pedra enriba e planteime diante do flamante Centro Comercial Milenio. A inauguración, con bendición do aparato catedralicio incluída, convocara unha chea de consumidores vehementes que bufaban con cada rebaixa perdida."

Diego Ameixeiras, O cidadán do mes.  Ed. Xerais, 2006. Páx. 208-209.

sábado, 28 de noviembre de 2020

Zona verde

"-Non. Só quero que recoñezas que nesas gravacións hai algo máis interesante que a banda sonora dun casquete. Os terreos onde o teu amiguiño levantou o Centro Comercial foron recualificados da noite para a mañá e estaban considerados como zona verde. (...) Os grupos da oposición entenderon as protestas dos veciños e reclamaron que se dese marcha atrás polo ben da cidade. (...) Empeza a construírse o Centro Comercial e todos calan coma putas. (...)

Miss Chispatown tentou conter as bágoas."

Diego Ameixeiras, O cidadán do mes.  Ed. Xerais, 2006. Páx. 201-202.

sábado, 24 de octubre de 2020

O papo dun anfibio con bocio

 "-E agora dime, Alberte. ¿Quen era o tipo que acaban de apiolar?

-Un vixilante nocturno do Centro Comercial. Gonzalo Casasnovas. Un ninguén, non coma vostede -inflou o peito coma o papo dun anfibio con bocio-. ¿É verdade que conseguiu zafarse dun zulo do GIA cando traballaba para a Consellería?-preguntoume."

Diego Ameixeiras, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 169.  

martes, 13 de octubre de 2020

Criterio estético

 "Bebín dunha tacada o licor que me quedaba. Tiña a gorxa seca. Collín un tríptico dos que anunciaban a inauguración do Centro Comercial.

-Non está nada mal o sitio -dixen-. Aínda que creo que non compartimos o mesmo criterio estético. -Ricardo abriu a porta."

Diego Ameixeira, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 147.

viernes, 9 de octubre de 2020

Un ritmo bastante bo

 "As obras do Centro Comercial seguían avanzando a un ritmo bastante bo. Xa acondicionaran a rampla de acceso á entrada principal e os aspecto exterior do complexo daba a sensación de precisar só algúns acabados. De feito, polas rúas falábase continuamente de inminente inauguración. (...) Un camión cheo de ferralla estacionou á dereita do edificio, nunha especie de balconada, e dous obreiros saíronlle ao encontro. Un deles ía sen camiseta, aireando os guedellos do peito. A calor abafaba e volvía apertar tanto ou máis que en días anteriores."

Diego Ameixeira, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 138.

lunes, 21 de septiembre de 2020

A man dereita

 "-Terei que volver falar con Ricardo Pazos -pensei en voz alta-. Xa lle dixen que agora traballa de garda de seguridade no Centro Comercial.

-Non o faga. Ricardo é perigoso. Un tipo frío e calculador, a man dereita de Sousa. Non conseguirá nada con el, advírtollo. Se cadra con Antón Regueira ten máis sorte."

Diego Ameixeira, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 114.

jueves, 17 de septiembre de 2020

Aparentemente de fiar

 "-(...) Alguén aparentemente de fiar dime que vostede traballou con el, por iso estou aquí. ¿Seguro que non coñece a Gonzalo? Traballaba de vixilante nocturno con Ricardo nas obras do Centro Comercial Milenio.

Basuco colleu aire.

-Non o coñezo, mais sentín falar del. Unha boa peza. É vostede un tipo afortunado. ¿Quere que lle conte unha boa historia?"

Diego Ameixeira, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 112.

martes, 8 de septiembre de 2020

Vía libre

 "-Os terreos onde se está construíndo o Centro Comercial Milenio foron recualificados polo Concello -dixo-. Estaba considerado zona verde, mais o Partido Estatutario modificou o Plan Xeral de Ordenación Urbana e deulle vía libre a Sousa. (...)

-(...) Os activistas do Comando Peares din que ten algúns homes que andaron a tiros cos nosos na Ribeira Sacra."

Diego Ameixeira, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 93.

lunes, 7 de septiembre de 2020

Imposto revolucionario

 "-Un inimigo do pobo -empreguei a súa termioloxía-. Empresario, triunfador, íntimo do alcalde e membro do Foro pola Democracia. Preside Construcións Sousa e está enchendo os petos levantando o Centro Comerecial Milenio, un verdadeiro atentado urbanístico e ecolóxico no corazón da cidade, ¿non si? (...)

-Déixate de lerias, Paulo. Non me negarás que Sousa está ameazado polo GIA. Só fai falta dar unha volta polo Centro Comercial e ler algunhas pintadas. ¿Paga o imposto revolucionario?"

Diego Ameixeira, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 91.

viernes, 7 de agosto de 2020

Nin unha alma

 "Achegueime ao Centro Comercial e pregunteilles a uns obreiros polos horarios de traballo de Xaquín. Tiven sorte e non me crucei con Ricardo Pazos."

"Chegadas as tres da madrugada detiven o coche fronte á entrada do Centro Comercial. Non había nin unha alma."

Diego Ameixeira, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 43/45. 

miércoles, 29 de julio de 2020

Medo a escangallarse

"O que supuxen debía ser a entrada do complexo situábase na desembocadura dunha pequena rampla de cemento recuberta con plásticos. O desnivel rendíase nunha explanada de terra bastante ampla onde campaba un cartel no que puiden ler con certa dificultade:

Centro Comercial Milenio
Construción Autorizada con licenza Nº 1976/61F
Constrúe: Rafael Sousa Rodríguez

Aquilo comezaba a poñerse demasiado escuro e non había xeito de se orientar sen medo a escangallarse."

Diego Ameixeira, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 33.

lunes, 27 de julio de 2020

Un fresco inexistente

"Aínda estiven un bo cacho intentando tomar un fresco inexistente. Xa con noite pecha -sabéndome sospeitoso de ser considerado un dos moitos miróns que perseguen as parellas que buscan agocho nas beiras do río para botar un canivete- alanquei por unhas rochas arriba e cheguei á Rúa do Mercado. Parei nun par de tascas onde lle tomei uns bocados de tortilla que moito ben me fixeron, e logo dirxinme cara ás obras do Centro Comercial. Dei un pequeno rodeo e atravesei a Ponte Nova ata Sáenz Díez. Xa era case media noite."

Diego Ameixeira, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 32.

domingo, 26 de julio de 2020

Notas discordanes

"Pero había notas discordantes. A veciñanza máis cabreada dicía que o Milenio era un horrible mamotreto de cinco plantas edificado nunha antiga zona verde que xa nunca sería un gran parque onde tomar o fresco e enredar co teu sobriño. O solo comercial estaba case todo vendido, e non precisamente a empresas locais. O concello recualificaba os terreos para "favorecer a creación de postos de traballo" e ..."

Diego Ameixeira, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 32.

sábado, 25 de julio de 2020

Outras virgalladas

"Na outra beira do río, lindando co Parque Miño e co recinto salesiano, elevábase a enorme mole de cemento e formigón que tiña previsto converterse no Centro Comercial Milenio. Segundo contaban os xornais e anunciaba diariamente o Partido Estatuario, tratábase dunha construción de máis de corenta mil metros cadrados que ía albergar unha chea de comercios, tendas de roupa, bares, hamburgueserías, establecementos de lecer para os rapazolos, multicines e outras virgalladas."

Diego Ameixeira, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 31.

viernes, 24 de julio de 2020

É todo mentira...

"-Ou sexa, que a vostede tampouco lle gusta o Centro Comercial, ¿non si?

-Non me foda. A ver que carallo van meter aí dentro - rebelouse.

-Pois tendas de roupa, bares...

-Merda, merda e máis merda -interrompeu moi alporizado.

-Élle o progreso, compañeiro. O século XXI. Seica van facer unhas salas de cine caralludas. ¿A vostede non lle gusta o cine?

-Non. É todo mentira, unha montaxe. Xa me dirá vostede que graza lle atopa a meterse nunha sala escura e que lle conten mentiras que custan cartos.

-A min gústame. (...)

-Mire, déixeme tranquilo -dixo por fin-. A vostede gústalle o cine e a min non, así que cada can lamba a súa caralla, ¿de acordo?"

Diego Ameixeira, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 30/31.

viernes, 17 de julio de 2020

Vixilante nocturno

"-¿Como se chama o seu home?

-Gonzalo Casasnovas.

-¿Traballa?

-É vixilante nocturno nas obras do Centro Comercial Milenio, o que están a contruír a carón do Parque Miño. Pode levar a foto con vostede, se lle resulta útil."

Diego Ameixeira, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 17.