Mostrando entradas con la etiqueta cristal-piñor. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cristal-piñor. Mostrar todas las entradas

martes, 11 de agosto de 2020

Puta que os fixo

 "-Puta que os fixo.

-¿Que pasou? -preguntei.

-Un pallaso do GIA acaba de matar un garda militar de vinte anos na Praza do Ferro. Catro tiros polas costas. A nai está no Cristal-Piñor cun ataque de pánico. ¿Onde carallo puxen as chaves do coche."

Diego Ameixeira, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 54. 

jueves, 17 de marzo de 2016

Estes vellos lugares

"O socorrista dirixiuse a dona Luísa logo de descender cun arnés á fosa na que caera o desprevido raparigo quen, medio inconsciente, deliraba mentres tremía de frío.

  -Temos que levalo ao hospital Cristal Piñor para que o teñan en observación. Posiblemente teña unha conmoción. (...)

  "Bah, non será nada! -pensou para ela mentres acariñaba a curvatura do torque- á fin de contas, estes vellos lugares están repletos de seres fantásticos e lendas"..."

Miguel Mosquera Paans. Viaxe a Lánsbrica. Colección Alcaian. Ed. Urco, Compostela, 2012, páx.201-202

sábado, 26 de diciembre de 2015

O aguillón cravado

"Pepe Pallozas volvía ás andadas co seu estilo expeditivo e prometía unha nova tanda de vitorias. En titulares destacaba a súa solidariedade co Tigre Cameselle, que levaba varios días gardando cama no Cristal-Piñor logo de recibir unha tunda do Depredador no Barbarela, onde o convalecente acudira moi borracho para lembrar diante das amizades a suposta condición homosexual de Penide.

 Erguín a vista e posteriormente acendín un pito. Tiña ante min os ollos seculares, coa súa inmensa porción de universo azul. Miraban sen matar de todo, coma se fose a última vez que concentraran feixes de luz para min. Tiña o aguillón cravado onde non existen receitas para calmar as recaídas. Helena continuaba fulminándome a pupilazos. (...)

-Claro que podes, muller. Non esperaba verte -dixen pechando o xornal

-Xa. Por iso vés xustamente ao bar que está máis preto da miña casa-tiña certa sorna primeiriza o asunto. "

Diego Ameixeiras, Baixo mínimos, ed. Xerais, xuño, 2004, páx.167-168