Mostrando entradas con la etiqueta piscina. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta piscina. Mostrar todas las entradas

domingo, 14 de mayo de 2017

Na moto

"Saen correndo na moto, enfilan a carretera da Ponte Nova e torcen á dereita pra coller por Oira, segunda, cambio, xa en directa, qué gusto iste airiño fresco que dá na cara. A xente regresa da piscina pública, en coche, a pé, nos autobuses urbanos, a pé,  hala, bestia, hala, corre que...
           e non se oien as últimas palabras que deberon ser...

           que xa pararás. O aire infla a camisa, a camisa sóltase do pantalón e queda flotando ó vento. -Oie. -Qué? -Si non houbera xente íbamos á piscina. -¿Cómo? -Que ibamos á piscina. -Non, home, a estas horas está chea de xente.

  Tiran adiante, deixan atrás o desvío que leva á piscina e siguen despaciño porque empezan a mirar qué sitio será millor."

Carlos Casares, Cambio en tres, ed. Galaxia, colección "Illa Nova", Vigo, 1969, 1ª edición, páxs. 73-74

jueves, 4 de mayo de 2017

Un partido de singles

"A esa hora non había ninguén alí, estábamos nós os dous soilos, xogando un partido de singles e no Club non quedaba xa ninguén. O encargado foise ás sete e media e díunos as chaves, non se preocupen, logo poden deixalas no bar da esquiña que xa as recollo eu mañá pola mañá, non se preoucpen.

  Víu sair ó encargado i escondeuse detrás dun camión vello que está abandoado dende hai tempo á beira do muro principal do Club. Meteuse debaixo i agardóu que se fose. (...) casi sin esforzos, pegando un salto pequeniño, encaramóuse no arbre dos espías, a ver, a ver, aclara eso Cachorro, sí señor, é que polo vrau moitas veces subíamos a espiar as rapazas que se bañaban na piscina."

Carlos Casares, Cambio en tres, ed. Galaxia, colección "Illa Nova", Vigo, 1969, 1ª edición, páx. 48