Mostrando entradas con la etiqueta Andradas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Andradas. Mostrar todas las entradas

martes, 7 de julio de 2015

As burgueiras arrecolléranse

"Ourense dorme, tocaron a queda e todo está en silenzo. O barrio da xudería correu xa as cadeas, pechouse a sinagoga e todo está adormentado, silenzoso, soilo o Barbaña ó pasar rozando coas súas míseras casas parés se queixa xordamente.

  As burgueiras arrecolléranse, os graxos da Burga agazapados nos seus buracos seica medo lle tiñan ó frío, que nin por xuncras botaban o fuciño fóra.

  Nunha rúa sucia, lóbrega, estreita como tódalas da xudería, inda debe de haber alguén que vele, pois inda nunha das súas casas hai luz."

Heraclio Pérez Placer,("A virxen do Carme da Burga") Contos, leendas e tradiciós, 1891, Imprenta de El Eco de Ourense (Obra narrativa en galego, 1998, Centro Ramón Piñeiro, páx.261)

"Os xudeos da cidade, non moi numerosos (...) residían espallados polas diversas rúas nunha convivencia xeralmente pacífica, por iso non podemos falar propiamente de xudería. Non sabemos cando viñeron morar

viernes, 15 de noviembre de 2013

A casa dos Andradas

“Conque saímos de embaixo da ponte e dempois de cruzar á carreira un descampado que alí hai, metímonos polo calexón que forma por un dos costados o muro do xardín dos Andradas. Fitei pra o alto e vin que por alí non podería agatuñar nin un mico....

Arrodeamos o paredón, que dá alí unha volta, e a pouco andar vimos, coasi tapado por unha morea de terra de obra, un grande furado, arrente ó chao, que se metía polos alicerces do muro, coma si estivesen facendo unha mina.”  páx.33


“Conque, foi eí onde o Bocas voltouse a acirrar naquela vertola de que tiñamos que ire de novo a vere á belida dona misteriosa do señor de Andrada...” páx.75

“E coa mesma, chegamos ó romate da galeiría onde nos atopamos cunha escadeira que daba ó hortal, pola que baixamos coasimentes dun brinco. Atravesamos o xardín cando xa se vía senté con luces que entraba na galeiría. Baixamos coma poidemos polo cabouco e puxémonos a alandillar sen coller folgos até chegar perto da Estación...” páx.90
 
Eduardo Blanco Amor, A esmorga. Ed. Galaxia, 14ª edición, xaneiro 1995, Vigo