Mostrando entradas con la etiqueta cemiterio. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cemiterio. Mostrar todas las entradas

martes, 16 de noviembre de 2021

Melancolía infinita

"Más por prodigar los encuentros con Araújo que por testimoniar su pésame, asistió al entierro; era una tarde de calor seco y mientras remontaban la carretera que conducía al cementerio de San Francisco, rememoró otras muertes que él había maquinado y que habían culminado por cauces imprevistos. Araújo caminaba cogido de los brazos de dos desconocidos; adivinó sus ojos empapados, no de lágrimas sino de una melancolía infinita, como un pájaro que regresa de un largo periplo y encuentra su nido destrozado."

José María Pérez Álvarez, Las estaciones de la muerte. Duen de Bux, Ourense, 2008. Pág.126.

sábado, 31 de julio de 2021

Ese enemigo de mierda

 "dudó si ése sería el día oportuno para el primer paso o convendría dejar para más adelante sus proyectos, tal vez con la secreta esperanza de que el tiempo, de nuevo el tiempo, ese enemgio de mierda que en ocasiones se nos muestra como un leal aliado, se encargara de poner en su sitio a Cisneros, con una lápida escueta encima de su posición horizontal, en el montículo del cementerio de San Francisco, con una panorámica interesante de la ciudad."

José María Pérez Álvarez, Las estaciones de la muerte. Duen de Bux, Ourense, 2008. Pág.27.

martes, 8 de mayo de 2018

Buracos por onde medraban herbas

"Entón ela apurou o paso, torceu á dereita e meteuse pola rúa Arcediagos.

  Aquela noite, coa calor convertida nun bochorno que penetraba nos pulmóns coma unha bóla de lume, ela non puido durrmir. Imaxinaba a Antonio Salgado París metido nun cuarto despintado no cuartel de San Francisco, coas táboas do piso rotas en varios sitios e con buracos por onde medraban herbas, o mesmo cuarto no que ela xogara tantas veces de nena coa filla do capitán Basalo, que lle contaba que naquel lugar tiveran preso ó Chino Xaponés a noite antes de que o fusilasen contra a parede branca que separaba o patio traseiro do cuartel do cimeterio que estaba ó lado."

Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul. Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 265-266.

sábado, 25 de noviembre de 2017

Pola traseira do camposanto

"Do protagonismo do comandante Eloi foron testemuñas moitos dos curiosos que se xuntaron nos arredores cando se escoitaron os disparos e a xente empezou a correr cara ás proximidades do cuartel. Aínda que máis de cen soldados estaban situados na rúa que desemboca por detrás do depósito da auga e no camiño que pasa por diante do cemiterio, para impedir que ninguén se achegase ó escenario dos sucesos, houbo persoas que foron dar a volta pola estrada de Trives e apareceron pola traseira do camposanto, subidas no alto do muro de pedra que o rodea."

Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul. Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 16.

martes, 10 de mayo de 2016

Os barrullantes do mostrador

"Dicíase polo barrio que sacaba un sobresoldo coas tenaces, despois dos enterros, cando o cemiterio ficaba solitario e os mortos indefensos.

  Á volta, pasando por diante da tasca do Raposo, entroume a curiosidade acerca do raio dos licores. Parei e uninme ós barrullantes do mostrador.

  -Posme unha copiña de herbas. ¿Non terás unha botella do Cachafeiro? Disque a facía moi ben. (...)

  Algúns veciños encontrábano presumido, anque todos ponderaron o seu licor café e a súa augardente. Pedinlle tres botellas de cada, que me envolveu nun exemplar vello de A Zarpa, e deixei a discusión nese punto."

Bieito Iglesias, "Miss Ourense" en  miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.46

lunes, 9 de mayo de 2016

Pero se veñen remexidas...

" -Non se pode comer o mundo. O meu rapaz pensou que podía. Eu traballei toda a vida, sachando nesas viñas que ves aí, que chegan endeica o campo de Santiago -sinalou co dedo máis alá das tapias do camposanto, cara a ribeira do Miño-. E non lle debo un peso a ninguén. (...)
 
  -¿Sabe a quen lle compraba as bebidas?
 
  -A augardente traíaa das aldeas e logo compúñaa no almacén. Outra loucura. As cousas naturais non fan dano, pero se veñen remexidas..."
 
Bieito Iglesias, "Miss Ourense" en  miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.46

domingo, 8 de mayo de 2016

Papeis que gobernar...

"-En canto lle dea o pésame a alguén da familia, saio para o almacén do Vinteún. Quizais queira acompañarme a probar os licores e a augardente de herbas.
 
 
  -O meu sitio está aquí, xa sabe como son estas cousas. Papeis que gobernar, tratos coa funeraria... Pero se quere ver a alguén da familia, pode achegarse ó cemiterio. A muller e a filla están descansando e non convén molestalas neste momento. No cemiterio encontrará ó pai de Aquilino, arranxando co enterrador algo referente ó nicho.
 
  Continuei ata o cemiterio das Caldas, pola parte de arriba da fábrica de gaseosas, e estacionei ó pe do muro, á altura dos cipreses."
 
Bieito Iglesias, "Miss Ourense" en  miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.45

miércoles, 16 de diciembre de 2015

Fame atrasada

"Non fun ao enterro de Noriega. O lobo tiña fame atrasada e visitaba o cemiterio de San Francisco para saír na foto. "O termo da vida aquí o vedes, o destino da alma segundo obredes." As forzas vivas da cidade, así como unha nutrida representación institucional encabezada polo conselleiro Carlos Luís Pereira, rendéranlle unha pomposa homenaxe cun discurso breve e emocionado -todos eran así- no cal se gababa a súa impecable folla de sevizos, "todo un exemplo para os cidadáns de ben, comprometidos coa democracia e o respecto ás liberdades"."

Diego Ameixeiras, Baixo mínimos, ed. Xerais, xuño, 2004, páx.145

domingo, 1 de noviembre de 2015

Visita ao cemiterio de S. Francisco



Era a finais de xaneiro cando a granítica Auria diluíuse nun líquido pluvial que viaxou ao fondo estixio dunha antiquísima cidade dominada por verbas do pasado,  por rostros rexuvenecidos, por amores que contribuían a derreter aínda máis a pétrea cidade: ese día viaxei á cidade dos mortos, a ese lugar silencioso que parece estar no alto dun monte alegre pero que nembargante está debaixo de cada paso que dou mentres recorro a túa cidade. Todos os habitantes de Auria de todos os tempos  míranme, obsérvanme e pregúntanse quen é este individuo que prefire pasar unha tarde de sábado con eles, cadavéricos aurienses, antes que coas fermosas pero efémeras rosas que se ocultan tras o río do inverno. Recorro sendeiros, observo tumbas, imaxino rostros,  gozo de belezas cadavéricas pero non atopo a quen busco: Blanco-Amor, Valente; tan só Pedraio me saúda. Ninguén sabe deles... estarán a escribir afogados nas estixias augas. Blanco-Amor e Valente  decidiron viaxar unha vez máis a mundos ignotos aos que só se pode acceder mediante  ríos de tinta que brotan das Burgas cando o frío da noite nubra a mirada dos elixidos.

                                                                             Plubia

  ( Media noite do sábado 25 de xaneiro de 2014, no Tragaluz, rúa Tendas,11, despois de ter visitado o cemiterio de San Francisco, en Auria)


viernes, 9 de octubre de 2015

Viños e tapas a eito

"Aparquei fronte ao cemiterio de San Francisco e dende alí baixamos ata a Praza do Ferro. Nas tascas, todo quisque daba conta de viños e tapas a eito, quizais coa escusa de agardar unha tregua da choiva. Apuramos o paso e baixamos pola Rúa San Miguel ata chegar ao lugar de reunión dos nosos comensais."
Diego Ameixeiras, Baixo mínimos, ed. Xerais, xuño, 2004, páx. 32

viernes, 16 de enero de 2015

Polo si ou polo non

"Polo si ou polo non, demos unha volta polos arredores, por fóra do auditorio, e mesmo por diante de cemiterio, sen resultado ningún.

(...) Cando chegamos á fonte do parque de San Lázaro, onde quedaramos, xa estaba o Capitán Aspanitas alí, asinando autógrafos a un grupo de rapaces. En canto puido, escoitou, con moita atención, o relato do que nos pasara en San Francisco.

Ramón Caride, O Capitán Aspanitas e o misterio das Burgas, ed. Xerais, xaneiro 2013, páx.33-34

martes, 2 de diciembre de 2014

O ataúde agardaba

"Blanco Amor tamén fora para alí. Morrera en Vigo na madrugada do día 1 de decembro e o seu cadáver foi trasladado doce horas despois ao Hospital Provincial de Ourense. Pasou o día e a noite seguintes  nun corredor do depósito. Ás oito da mañá do día 2 foi trasladado a un dos negociados (do Concello) e, durante dúas horas, velouno unha improvisada garda de honra.

 Aquel negociado non era un bo sitio a pesar de prumaxes e galas. Houbo presións para levar o cadáver ao Salón de Honra (do Concello) e corrixir o desaire da noite pasada. "Nin siquera Risco ou Otero estiveron alí"- berraron algúns-. "Tampouco estiveron debaixo dun calendario agrario ou dun anuncio de Nitrato de Chile, nin tiveron a bendición  do capuchino dos pronósticos", ironizaron os máis cínicos.(...)

 "...ollábamos os movemento cada vez máis nerviosos na porta do Concello. A xente apiñábase e o ataúde ía saír dentro de moi pouco. (...) A caixa, ao lombo de voluntarios, viña envolta na bandeira galega e nas radicacións de rezos. O crego, o hisopo nunha man e os libros dos rezos na outra, tiraba do cortexo.

martes, 16 de septiembre de 2014

Preboste do Tangaraño

"Ben-Cho-Shey", seudónimo que lle deu fama a Xosé Ramón Fernández-Oxea (Ourense 1896-Madrid 1988), e que adoptou para as crónicas da guerra de Marrocos en 1921 que enviaba ao diario ourensán "La zarpa". Escritor, mestre e investigador galego que deixou o seguinte epitafio na súa tumba do cemiterio de San Francisco de Ourense:
"O señor D. Xosé Ramón Fernández Oxea (Ben-Cho-Shey). Gran cruz de Montealegre, colector de Barallete, Preboste do Tangaraño. Ten o gusto de lles ofrecer aos seus amigos o seu novo domicilio no cumio do cimiterio de Ourense, onde os agardará ata que o boten de alí os ediles de turno. A súa dona e a súa filla préganlle encomenden a Deus a súa ánima. NOTA.- Quedan suprimidas tódalas homenaxes postmortem porque as cousas ou se fan ao seu tempo ou non se fan."
 Foto:Miguel Villar, vía La voz de Galicia
Ficha do autor na Biblioteca Virtual Galega


martes, 24 de junio de 2014

Dálle que dálle

"Logo subiron a San Francisco, entraron no camposanto. Eu xa non aturaba o calor. Baixaron de novo, metéronse pola Travesía, mercáronlle figos á tía Delfina, no remate da rúa de Alba, colleron pola carretera do Progreso. Dálle que dálle; eu abafado, eles tan campantes...

  Eduardo Blanco-Amor, Os Biosbardos, ed. Galaxia, 1962, 12ª edición, "O estreno", páx.83

domingo, 6 de abril de 2014

Leopoldo María Panero nunca estivo en Auria

Leopoldo maría panero
nunca viviu
no psiquiátrico de toén
nunca
A súa cordura non compartiu
pensamentos
cos tolos máis tolos de auria
Leopoldo
nunca fornicou na burga
nunca
María nunca foi sodomizado
polo milhomes
Nunca panero
exaculou no cemiterio
de san francisco
porque el prefire ser cinza
que penetra os mundos irracionais
os mundos subterráneos dos soñadores
auga quente na mente
Nunca
Sempre
auria segue a esperar por ti
Acto poético

Plubia, inédito

Leopoldo María Panero (Madrid, 16 de xuño de 1948 - As Palmas de Gran Canaria, 5 de marzo de 2014)